AMABUL, asociación medioambiental

Cómo llegar Página web

AMABUL, asociación medioambiental Amabul presenta a súa páxina como plataforma de difusión da súa actividade ambiental.

AMABUL é unha organización sen ánimo de lucro que loita por pór en valor o acervo ambiental galego e da comarca natural do Ulla. Procura unha ética ecolóxica entre as súas xentes, tentando ser referente na educación ambiental das mesmas.

☃️☃️ Xa está aquí a Escola Ambiental de Nadal, este ano con opción concilia.🎁🎄 Máis info e inscricións en www.amabul.org...
10/11/2026

☃️☃️ Xa está aquí a Escola Ambiental de Nadal, este ano con opción concilia.

🎁🎄 Máis info e inscricións en www.amabul.org/ean26

🌿 𝗘𝗥𝗥𝗔𝗗𝗜𝗖𝗔𝗗𝗘𝗦𝗖𝗔𝗡𝗧𝗜𝗔 𝗰𝗵𝗲𝗴𝗮 𝗮 𝗖𝗼𝘂𝘀𝗼! 🌿Continuamos avanzando no programa de voluntariado ambiental 𝗘𝗥𝗥𝗔𝗗𝗜𝗖𝗔𝗗𝗘𝗦𝗖𝗔𝗡𝗧𝗜𝗔 cunha ...
06/11/2026

🌿 𝗘𝗥𝗥𝗔𝗗𝗜𝗖𝗔𝗗𝗘𝗦𝗖𝗔𝗡𝗧𝗜𝗔 𝗰𝗵𝗲𝗴𝗮 𝗮 𝗖𝗼𝘂𝘀𝗼! 🌿

Continuamos avanzando no programa de voluntariado ambiental 𝗘𝗥𝗥𝗔𝗗𝗜𝗖𝗔𝗗𝗘𝗦𝗖𝗔𝗡𝗧𝗜𝗔 cunha nova xornada de formación e sensibilización sobor as especies exóticas invasoras e o papel da cidadanía na conservación da biodiversidade.

📅 𝟮𝟴 𝗱𝗲 𝗻𝗼𝘃𝗲𝗺𝗯𝗿𝗼 𝗱𝗲 𝟮𝟬𝟮𝟲
🕛 𝟭𝟮:𝟬𝟬 𝗵𝗼𝗿𝗮𝘀
📍 𝗖𝗮𝘀𝗮 𝗱𝗮 𝗘𝘀𝗰𝗼𝗹𝗮 𝗱𝗲 𝗖𝗼𝘂𝘀𝗼 (𝗔 𝗘𝘀𝘁𝗿𝗮𝗱𝗮)

🤝 Actividade organizada coa colaboración da Asociación A Xesteira

✅ 𝗔𝗰𝘁𝗶𝘃𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲 𝗴𝗿𝗮𝘁𝘂í𝘁𝗮 𝗲 𝗮𝗯𝗲𝗿𝘁𝗮 𝗮 𝘁𝗼𝗱𝗮𝘀 𝗮𝘀 𝗽𝗲𝗿𝘀𝗼𝗮𝘀 𝗶𝗻𝘁𝗲𝗿𝗲𝘀𝗮𝗱𝗮𝘀.

💚 𝗔𝗽𝗿𝗲𝗻𝗱𝗲, 𝗽𝗮𝗿𝘁𝗶𝗰𝗶𝗽𝗮 𝗲 𝗳𝗼𝗿𝗺𝗮 𝗽𝗮𝗿𝘁𝗲 𝗱𝗼 𝗰𝗮𝗺𝗯𝗶𝗼 𝗮𝗺𝗯𝗶𝗲𝗻𝘁𝗮𝗹.

Trátase dun proxecto que conta coa financiación da Xunta de Galicia

Esta semana inauguramos na Aula Ambiental AMABUL a exposición IMAGINE-SOIL "O solo do Ulla". Podes seguir as novas deste...
06/11/2026

Esta semana inauguramos na Aula Ambiental AMABUL a exposición IMAGINE-SOIL "O solo do Ulla".

Podes seguir as novas deste proxecto en Imagine Soil Project
e na web imaginesoil.eu

Este subproxecto recibiu financiamento do proxecto SOILSCAPE (Acordo de Subvención n.º 101156511) a través da súa Convocatoria Aberta, financiada polo programa de investigación e innovación Horizonte Europa da Unión Europea.

Financiado pola Unión Europea. As opinións e puntos de vista expresados son exclusivamente dos seus autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea nin os da Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a autoridade concedente da subvención poden ser consideradas responsables deles.

🪁 Presentamos actividade EA OBRA da nosa 𝗘𝗦𝗖𝗢𝗟𝗔 𝗔𝗠𝗕𝗜𝗘𝗡𝗧𝗔𝗟 para este mes.👉 Inscricións até o día 24 en www.amabul.orgEste...
05/11/2026

🪁 Presentamos actividade EA OBRA da nosa 𝗘𝗦𝗖𝗢𝗟𝗔 𝗔𝗠𝗕𝗜𝗘𝗡𝗧𝗔𝗟 para este mes.

👉 Inscricións até o día 24 en www.amabul.org

Este proxecto conta coa financiación da Xunta de Galicia

🧼 Faladoiros en Vedra ​Recuperamos a memoria, o oficio das lavandeiras e a riqueza ambiental dos nosos lavadoiros cun ci...
01/11/2026

🧼 Faladoiros en Vedra

​Recuperamos a memoria, o oficio das lavandeiras e a riqueza ambiental dos nosos lavadoiros cun ciclo de charlas e obradoiros durante o mes de novembro.

​🗓️ Calendario de citas para este mes:

​Venres 6 (19:00): A importancia de xénero dos lavadoiros (Centro social).

​Venres 13 (19:00): Xénero e historia local (Centro social).

​Venres 20 (19:00): O oficio das lavandeiras (Centro social).

​Sábado 21 (10:30): Obradoiro de xabón artesanal (Centro social).

​Venres 27 (19:00): A importancia ambiental (Centro social).

​Sábado 28 (10:30): Mellora ambiental práctica (Lavadoiro de Fontao).

​ℹ️ Máis info e inscricións: www.amabul.org

​

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña

📣 FALADOIROS 2026 está de volta! As historias das mulleres contan!!!Lembramos que durante os próximos meses continuaremo...
31/10/2026

📣 FALADOIROS 2026 está de volta! As historias das mulleres contan!!!

Lembramos que durante os próximos meses continuaremos recuperando a memoria das lavandeiras e dos lavadoiros ulláns a través de faladoiros, actividades formativas, obradoiros prácticos e accións de conservación ambiental.

🗓️ Próximas actividades:

• Faladoiros da memoria local | 9, 16, 23 e 30 de outubro
• A importancia de xénero dos lavadoiros | 6 e 13 de novembro
• O oficio das lavandeiras | 20 e 21 de novembro
• A importancia ambiental dos lavadoiros | 27 de novembro e 4 de decembro
• A mellora ambiental dos lavadoiros | 28 de novembro e 12 de decembro
• Faladoiros da memoria participativa | 11 de decembro
• Faladoiros da memoria colaborativa | 16 e 30 de decembro

💬 Un espazo para compartir recordos, experiencias e saberes arredor das mulleres e dos lavadoiros da nosa comarca.

✅ Participación gratuíta.

👉 Máis información e inscricións en www.amabul.org

FALADOIROS 2026 é un proxecto promovido por AMABUL e financiado pola Deputación da Coruña

Vedra PatrimonioCultural MemoriaDasMulleres DeputaciónDaCoruña ComarcaDoUlla Galicia ParticipaciónComunitaria

🌿 Lembramos as actividades de voluntariado e formación ambiental destes sábado!Estas actividades forman parte do Proxect...
27/10/2026

🌿 Lembramos as actividades de voluntariado e formación ambiental destes sábado!

Estas actividades forman parte do Proxecto Erradicadescantia, podes participar inscríndote en: amabul.org/errout26

🍄 𝗖𝗢𝗚𝗢𝗠𝗘𝗟𝗔𝗥 | 𝗘𝗫𝗣𝗟𝗢𝗥𝗔𝗖𝗜Ó𝗡, 𝗜𝗡𝗩𝗘𝗦𝗧𝗜𝗚𝗔𝗖𝗜Ó𝗡 𝗘 𝗖𝗢𝗡𝗦𝗘𝗥𝗩𝗔𝗖𝗜Ó𝗡 𝟮𝟬𝟮𝟲A través de Cogomelar SMG tivemos tamén a oportunidade de ac...
24/10/2026

🍄 𝗖𝗢𝗚𝗢𝗠𝗘𝗟𝗔𝗥 | 𝗘𝗫𝗣𝗟𝗢𝗥𝗔𝗖𝗜Ó𝗡, 𝗜𝗡𝗩𝗘𝗦𝗧𝗜𝗚𝗔𝗖𝗜Ó𝗡 𝗘 𝗖𝗢𝗡𝗦𝗘𝗥𝗩𝗔𝗖𝗜Ó𝗡 𝟮𝟬𝟮𝟲

A través de Cogomelar SMG tivemos tamén a oportunidade de achegarnos directamente aos bosques da comarca da Ulla para descubrir, estudar e documentar a súa extraordinaria diversidade fúnxica.

Ao longo desta edición desenvolvemos tres saídas micolóxicas á ZEC Sistema Fluvial Ulla-Deza e o estudo científico “A micobiota ullá”, unha actuación que permitiu ampliar o coñecemento sobre os fungos presentes no territorio e realizar achegas de interese para a micoloxía galega e estatal.

A conservación dos nosos bosques comeza polo seu coñecemento. Por iso, iniciativas como Cogomelar procuran combinar divulgación, investigación e participación para seguir poñendo en valor un patrimonio natural tan descoñecido como fascinante.

🍄 Cogomelar forma parte do programa 𝗔𝘂𝗹𝗮 𝗔𝗺𝗯𝗶𝗲𝗻𝘁𝗮𝗹 𝗨𝗹𝗹𝗮+𝟮𝟲, desenvolvido por AMABUL co financiamento da Deputación da Coruña

🍄 𝗖𝗢𝗚𝗢𝗠𝗘𝗟𝗔𝗥 | 𝗦𝗘𝗠𝗔𝗡𝗔 𝗠𝗜𝗖𝗢𝗟Ó𝗫𝗜𝗖𝗔 𝗚𝗔𝗟𝗘𝗚𝗔 𝟮𝟬𝟮𝟲Durante o mes de outubro desenvolvemos unha nova edición de 𝗖𝗼𝗴𝗼𝗺𝗲𝗹𝗮𝗿, a prop...
24/10/2026

🍄 𝗖𝗢𝗚𝗢𝗠𝗘𝗟𝗔𝗥 | 𝗦𝗘𝗠𝗔𝗡𝗔 𝗠𝗜𝗖𝗢𝗟Ó𝗫𝗜𝗖𝗔 𝗚𝗔𝗟𝗘𝗚𝗔 𝟮𝟬𝟮𝟲

Durante o mes de outubro desenvolvemos unha nova edición de 𝗖𝗼𝗴𝗼𝗺𝗲𝗹𝗮𝗿, a proposta micolóxica a través da que procuramos achegar á cidadanía o coñecemento, a divulgación e a conservación da diversidade fúnxica dos nosos bosques.

Ao longo da programación realizamos 5 charlas micolóxicas especializadas, 3 obradoiros prácticos e un curso de ilustración micolóxica, creando un espazo de formación, encontro e intercambio arredor da micoloxía galega e dos seus valores ambientais, culturais e científicos.

Grazas a todas as persoas asistentes, relatoras e colaboradoras por facer posible unha nova edición deste proxecto, que continúa medrando como unha referencia da divulgación micolóxica en Galicia.

🍄 A programación completouse ademais con saídas micolóxicas, actividades de campo e accións de investigación e conservación que contribuiron á posta en valor do patrimonio fúnxico galego.

🍄 𝗖𝗼𝗴𝗼𝗺𝗲𝗹𝗮𝗿 forma parte do programa 𝗔𝘂𝗹𝗮 𝗔𝗺𝗯𝗶𝗲𝗻𝘁𝗮𝗹 𝗨𝗹𝗹𝗮+𝟮𝟲, desenvolvido por AMABUL co financiamento da Deputación da Coruña

🍄 Mañá na Aula Ambiental Amabul presentaranse os resultados do estudo da micobiota ullá, desenvolvido no Val do Ulla por...
22/10/2026

🍄 Mañá na Aula Ambiental Amabul presentaranse os resultados do estudo da micobiota ullá, desenvolvido no Val do Ulla por especialistas de referencia estatal.
Unha oportunidade única para coñecer de primeira man a extraordinaria diversidade de fungos que nos rodea.

Ás 20:00h. Agardámoste!

Dirección

Aula Ambiental Amabul/Picón, 2 – San Pedro De Vilanova
Vedra
15885

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando AMABUL, asociación medioambiental publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos


Otros organizaciones sin fines de lucro en Vedra

Ver Todo