30/10/2026
📢 ‼️ ¡Queridos veciños e veciñas! Hoxe queremos convidarvos á primeira 𝐚𝐬𝐞𝐦𝐛𝐥𝐞𝐚 𝐢𝐧𝐟𝐨𝐫𝐦𝐚𝐭𝐢𝐯𝐚 𝐝𝐚 𝐀𝐬𝐨𝐜𝐢𝐚𝐜𝐢ó𝐧 𝐃𝐞𝐟𝐞𝐧𝐬𝐚 𝐝𝐚 𝐔𝐥𝐥𝐚 𝐕𝐞𝐫𝐝𝐞.
Queremos explicarvos en persoa o que estivemos a facer durante este tempo.
Tamén queremos pedirvos ideas para saír do punto morto en que estamos en relación á ordenanza municipal que presentamos ao concello hai máis dun ano para regular a explotación do cultivo do viñedo industrial.
Ademáis de facer a redacción da ordenanza, reunímonos co concello en numerosas ocasións para negociar aspectos concretos do texto. Aseguráronnos que iría a pleno hai meses, pero non parece que haxa vontade de cumprir o prometido.
Nestes tempos en que proliferan numerosos proxectos para explotar a nosa natureza sen importar o medio ambiente nen a saúde da poboación, faise moi necesaria a unión.
Contamos con vós o día 12 de novembro ás 20:00h no local social de San Pedro de Sarandón.