GDR Terras de Compostela

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

GDR Terras de Compostela A Asociación Terras de Compostela está constituída por entidades do ámbito agrogandeiro/forestal, social, cultural, veciñal, e económico/profesional, Asoc.

GDR Terras de Compostela é unha asociación sen ánimo de lucro, modelo de partenariado público e privado, que implica a todos os actores locais, tanto as institucións, como o tecido asociativo así como a
sociedade en xeral do seu ámbito territorial O Grupo de Desenvolvemento Rural Asociación Terras de Compostela, nace no ano 2008 como asociación sen ánimo de lucro e en prol do desenvolvemento económico e social da súa zona de actuación que abrangue 10 concellos: Ames, Boqueixón, Brión, Santiago, Teo, Val do Dubra, Vedra, A Baña, Negreira e Santa Comba. mulleres e xóvenes do territorio así como polos concellos e actúa como colaboradora de AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) na tramitación de axudas e como dinamizador e asesor dos promotores do territorio para o programa LEADER GALICIA 2007- 2013

🗺️ Via Mariana: descubrindo o territorio, conectando camiños 🌿No marco do proxecto de cooperación Via Mariana Luso Galai...
08/10/2026

🗺️ Via Mariana: descubrindo o territorio, conectando camiños 🌿

No marco do proxecto de cooperación Via Mariana Luso Galaica, celebramos un encontro territorial na Antiga Escola de Bastavales no Concello de Brión, no que presentamos os traballos realizados para a promoción dos recursos do territorio.

💻 Demos a coñecer a estrutura da web e realizamos unha demostración global do visor, unha ferramenta para descubrir e visualizar os recursos e atractivos do territorio.

🤝 Novas ferramentas para seguir poñendo en valor o territorio e todo o que ofrece.

🌿🧩 Unha aventura en familia para descubrir Teo cos cinco sentidos!O vindeiro sábado 17 de outubro, ás 11.00 h, espéranos...
08/10/2026

🌿🧩 Unha aventura en familia para descubrir Teo cos cinco sentidos!

O vindeiro sábado 17 de outubro, ás 11.00 h, espéranos unha mañá de xogos, natureza e descubrimentos en Francos, no Concello de Teo 🌳✨

🔎 Atoparemos pezas agochadas por diferentes lugares
🧘 Experimentaremos con movemento, respiración e benestar
🌱 Exploraremos a natureza cos cinco sentidos
🎨 Crearemos con elementos naturais
🪄 E as crianzas poderán facer a súa propia bolsa máxica para gardar os tesouros atopados!

👨👩👧👦 Unha experiencia para compartir en familia, recomendada a partir dos 6 anos.

📅 17 de outubro | 11.00 h
📍 Francos (https://maps.app.goo.gl/fZ7LQvSQoXPSQkdp8).

☔ Se chove, a actividade trasladarase ao interior da Casa Común de Francos.

🥾 Trae calzado pechado e roupa que se poida manchar!

📝 Inscricións: teo.gal/gl/actividades

💚 Xogar, explorar, crear e descubrir Teo en familia. Anímaste?

Actividade cofinaciada pola Axencia de Turismo de Galicia.

🍄 Terras de Compostela, presente no Foro Galego de Micófilos e Especialistas en MicoloxíaO pasado 3 de outubro, a Cidade...
06/10/2026

🍄 Terras de Compostela, presente no Foro Galego de Micófilos e Especialistas en Micoloxía

O pasado 3 de outubro, a Cidade da Cultura acolleu o Foro Galego de Micófilos e Especialistas en Micoloxía, unha xornada para compartir coñecementos, experiencias e poñer en valor o importante patrimonio micolóxico de Galicia. 🌿

🤝 O GDR Terras de Compostela participou nesta iniciativa, reafirmando o seu compromiso coa posta en valor dos recursos naturais do territorio e coa creación de novas oportunidades vinculadas ao medio rural.

🍄🌱 Coñecer, valorar e aproveitar de forma sostible os recursos do noso territorio tamén é facer territorio.

🌊 Terras de Compostela presente no III Encontro Ibérico de Turismo Fluvial Transfronteirizo.A semana pasada, os días mar...
06/10/2026

🌊 Terras de Compostela presente no III Encontro Ibérico de Turismo Fluvial Transfronteirizo.

A semana pasada, os días martes 29 e mércores 30 de setembro, celebrouse no Concello da Guarda o III Encontro Ibérico de Turismo Fluvial Transfronteirizo, un espazo de encontro e intercambio arredor das oportunidades que ofrece o turismo vinculado aos ríos e aos territorios de fronteira.

O equipo técnico do GDR Terras de Compostela, participou no encontro e a nosa xerente presentou o traballo que estamos a desenvolver no territorio no ámbito do turismo fluvial. 🚣‍♀️🌿.

🌿 Nestes encontros temos a oportunidade de compartir experiencias, coñecer novas iniciativas e crear alianzas con outros territorios que tamén apostan polo turismo fluvial e por un desenvolvemento turístico máis sostible.

🚀 Seguimos avanzando, conectando territorios e poñendo en valor todo o potencial de Terras de Santiago !

🌿🥾 A Vía Mariana Luso Galaica segue avanzando… e queremos facelo contigo!Como podemos aproveitar todo o potencial da Vía...
01/10/2026

🌿🥾 A Vía Mariana Luso Galaica segue avanzando… e queremos facelo contigo!

Como podemos aproveitar todo o potencial da Vía Mariana para dinamizar o territorio, atraer visitantes e xerar novas oportunidades?

📣 Imos compartilo, debatelo e construílo xuntos no Encontro Territorial da Vía Mariana Luso Galaica.

📅 Luns 5 de outubro
🕕 18:00 h
📍 Antiga Escola de Bastavales, Concello de Brión (https://maps.app.goo.gl/YBnoEXBjwwuhA9qQ9).

🤝 Se traballas no turismo, aloxamento, restauración, comercio, actividades, como guía ou estás vinculado ao territorio, este encontro é para ti!

💬 Queremos escoitarte. A túa experiencia conta.

👉 Vémonos en Bastavales!

🍄 FORO GALEGO DE MICÓFILAS E ESPECIALISTAS EN MICOLOXÍA.Un espazo para compartir coñecemento, experiencias e perspectiva...
28/09/2026

🍄 FORO GALEGO DE MICÓFILAS E ESPECIALISTAS EN MICOLOXÍA.

Un espazo para compartir coñecemento, experiencias e perspectivas arredor do mundo dos fungos e do seu papel nos nosos ecosistemas. 🌱🍄

O vindeiro 3 de outubro, a Cidade da Cultura acollerá este encontro técnico dirixido a profesionais da micoloxía, entidades científicas e axentes do territorio.

🎯 Diagnóstico micolóxico
🌿 Biodiversidade
🪱 Saúde do solo
🌲 Xestión forestal

Unha oportunidade para conectar persoas e entidades, poñer en común coñecementos e abordar os retos e oportunidades da micoloxía desde diferentes perspectivas.

📅 3 de outubro
📍 Cidade da Cultura · Santiago de Compostela
🔗 Inscrición profesional: amabul.org/smgforo

👉 Se traballas ou desenvolves a túa actividade no ámbito da micoloxía, este encontro é para ti!

Actividade promovida pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, mediante a intervención Leader.

🍄 APRENDENDO A CULTIVAR COGOMELOS! 🌱O pasado sábado 26 de setembro celebramos unha sesión formativa do Programa de Capac...
28/09/2026

🍄 APRENDENDO A CULTIVAR COGOMELOS! 🌱

O pasado sábado 26 de setembro celebramos unha sesión formativa do Programa de Capacitación e Divulgación Micolóxica 2026, adicada ao Curso de Cultivo Micolóxico.

Durante a xornada, as persoas participantes achegáronse ao fascinante mundo do cultivo de cogomelos, coñecendo os seus conceptos básicos, os principais procedementos e algunhas das especies de maior interese.

🔬 A formación combinou contidos teóricos e prácticos, permitindo aprender e experimentar de primeira man. Como parte da actividade, cada participante elaborou a súa propia placa produtora de cogomelos, que poderá levar para a casa e continuar co proceso, facendo da aprendizaxe unha experiencia que vai máis alá da aula. 🏠🍄

📖 Ademais, todas as persoas participantes recibiron un manual especializado como material de apoio para seguir afondando nos coñecementos adquiridos e continuar experimentando co cultivo de cogomelos.

Unha xornada para aprender, experimentar e descubrir novas posibilidades arredor do fascinante mundo da micoloxía. 🌿🍄

🌿 Xornada de Intercambio de coñecementos e experiencias sobre o Alzheimer, Demencias Neurodexererativas e novas perspect...
28/09/2026

🌿 Xornada de Intercambio de coñecementos e experiencias sobre o Alzheimer, Demencias Neurodexererativas e novas perspectivas de diagnostico e tratamento.

Desde Agadea Alzheimer e o GDR Terras de Compostela queremos convidarvos a unha xornada dedicada ao Alzhéimer, as demencias neurodexenerativas e as novas perspectivas de diagnóstico e tratamento. 🧠💚

📅 Mercores, 30 de setembro
🕔 De 17:00 a 20:30 h
📍 Restaurante Aldea de Sestelo – Concello de Teo

Un espazo de encontro, formación e intercambio arredor das demencias no contorno rural. 🌱🤝

💚 Será un pracer contar coa vosa presenza!.

Actividade promovida pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, mediante a intervención Leader,

🏃‍♀️ DEPORTE, SABOR E TRADICIÓN NA BAÑA! 🍽️O vindeiro domingo 27 de setembro, o IX Trail da Baña terá un acompañamento m...
22/09/2026

🏃‍♀️ DEPORTE, SABOR E TRADICIÓN NA BAÑA! 🍽️

O vindeiro domingo 27 de setembro, o IX Trail da Baña terá un acompañamento moi especial: unha experiencia gastronómica para descubrir e saborear o mellor do noso territorio. 🌿

Dentro do programa Experiencias 2026 de Terras de Santiago, o Pavillón de San Vicenzo da Baña, Concello da Baña acollerá “Sabor e tradición con showcooking”, unha proposta na que a gastronomía local será protagonista.

👨🍳 O cociñeiro Jose Manuel Mallon ofrecerá un showcooking con produto local, acompañado dunha degustación na que os asistentes poderán descubrir os sabores e produtos que forman parte da riqueza gastronómica de Terras de Santiago.

Unha actividade pensada para completar a xornada do Trail e demostrar que deporte, territorio e gastronomía forman unha combinación perfecta. 🏃‍♂️🍴

📅 Domingo 27 de setembro
🕛 A partir das 12:00 h
📍 Pavillón de San Vicenzo da Baña
🆓 Actividade gratuíta

Actividade cofinanciada pola Axencia de Turismo de Galicia

🌱🍅 VOLVE A FEIRA LABREGA DE BRIÓN! 🍦🧺O vindeiro domingo 20 de setembro, a Carballeira de Santa Minia, no Concello de Bri...
16/09/2026

🌱🍅 VOLVE A FEIRA LABREGA DE BRIÓN! 🍦🧺

O vindeiro domingo 20 de setembro, a Carballeira de Santa Minia, no Concello de Brión , énchese de novo de produto local, gastronomía, artesanía e tradición. 💚

Desde GDR Terras de Compostela sumámonos a esta xornada cunha proposta para g***r, descubrir e saborear o mellor da nosa contorna. 😋

👨🍳 13:00 h | Degustación de produto local e da contorna

Un showcooking a cargo do cociñeiro José Manuel Mallón, no que descubriremos novas formas de poñer en valor os produtos do territorio.

🍦 17:30 h | Degustación de xeados artesáns

Deixámonos sorprender por Brigitte, de Xearte, cunha cata de xeados elaborados a partir de produtos transformados nas Cociñas Colaborativas de Brión.

Unha oportunidade para coñecer, probar e poñer en valor o que se produce e se transforma no noso territorio. 🌿💚

📅 Domingo 20 de setembro
📍 Praza das Polbeiras – Carballeira de Santa Minia, Brión

👉 Agardámoste na Feira Labrega de Brión!

Ven g***r dunha xornada na que o territorio, os seus produtos e as súas xentes son os verdadeiros protagonistas. 🧺🌱

Actividade cofinanciada pola Axencia de Turismo de Galicia.

Dirección

Cibran, Nº 4/San Xian De Sales
Vedra
15885

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando GDR Terras de Compostela publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a GDR Terras de Compostela:

Atajos

Compartir