30/10/2026
👋 Arrinca novembro no CSC do Ensanche!
Xa está dispoñible a programación completa deste mes.
Deixámosche un resumo das novidades para que non perdas nada:
👨👩👧👦 Familias e infancia: tardes de «Venres en familia» (papiroflexia, xogos, contos e reciclaxe), apoio escolar e tecnoloxía infantil.
📱 Aprende tecnoloxía: cursos curtos sobre uso do smartphone, sede electrónica municipal, seguridade dixital e usos sinxelos da Intelixencia Artificial.
🎭 Teatro, clubs de lectura, xadrez, baile tradicional, pandeireta, ioga e memoria.
🖼️ Nova exposición: «A raposa do aire» (do 5 ao 27 de novembro; inauguración o xoves 5 ás 19:30 h).
Para venres en en familia reserva a túa praza aquí: oensanche.wordpress.com
📍 Tamén podes informarte no centro (Frei Rosendo Salvado 14-16) ou no 981 543 001.
Agardámoste! ✨