A MARIÑA-COGAMI

Llamar Cómo llegar Página web

A MARIÑA-COGAMI Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de A MARIÑA-COGAMI, Organización no gubernamental (ONG), Praza Pancho Maseda nº2 (Centro Sociocomunitario), Ribadeo.

"A MARIÑA-COGAMI" ten a finalidade de coordinar e promover a defensa dos intereses das persoas con discapacidade para así acadar a máxima atención social á problemática que representan, e a súa total integración na sociedade.

27/10/2026
A Mariña COGAMI desenvolverá o proxecto «Enerxía renovable para un calor responsable (A Mariña)», que beneficiará a 139 ...
07/10/2026

A Mariña COGAMI desenvolverá o proxecto «Enerxía renovable para un calor responsable (A Mariña)», que beneficiará a 139 persoas

A actuación está financiada pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do IRPF para fins sociais e xestionado por COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade).

A Mariña COGAMI desenvolverá durante o ano 2026 o proxecto «Enerxía renovable para un calor responsable (A Mariña)», financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia a través da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) e do Imposto de Sociedades.

Esta actuación beneficiará a 139 persoas socias da entidade, así como ás persoas usuarias que participan nos distintos servizos e actividades que se desenvolven no Centro para Persoas con Discapacidade e Maiores de Palmeiro, situado no concello de Xove.

O proxecto ten como finalidade mellorar a eficiencia enerxética das instalacións mediante a substitución do actual sistema de calefacción e produción de auga quente sanitaria baseado en gasóleo por unha solución sustentada en enerxías renovables. Para iso, prevese a instalación dun sistema de aerotermia de alta eficiencia e dunha instalación fotovoltaica para autoconsumo, contribuíndo á redución do consumo enerxético e das emisións contaminantes asociadas ao funcionamento do centro.

A execución das actuacións está prevista para este mes de outubro, unha vez completados os trámites previos necesarios para a súa posta en marcha. O proxecto permitirá avanzar cara a un modelo de xestión máis sostible, reducindo a dependencia dos combustibles fósiles e mellorando a eficiencia enerxética dun edificio que presta servizo a persoas con discapacidade física e orgánica da comarca.

A Mariña COGAMI é unha entidade sen ánimo de lucro e declarada de utilidade pública que traballa pola defensa dos dereitos e a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade física e orgánica da Mariña Lucense. Entre as súas actuacións destacan os programas de atención social, promoción da autonomía persoal, fisioterapia, terapia ocupacional, atención psicolóxica, accesibilidade e participación social, desenvolvidos co obxectivo de favorecer a inclusión e a participación plena das persoas con discapacidade na comunidade.

🌿 Aínda nos quedan prazas libres para a excursión a Monforte de Lemos! 🚌Desde A Mariña COGAMI abrimos as prazas que aínd...
11/09/2026

🌿 Aínda nos quedan prazas libres para a excursión a Monforte de Lemos! 🚌

Desde A Mariña COGAMI abrimos as prazas que aínda quedan dispoñibles para todas as persoas que estean interesadas en acompañarnos nesta saída.

📅 Martes 29 de setembro
📍 Monforte de Lemos.
🚌 Viaxe adaptada, accesible e gratuíta.

Visitaremos o Pazo de Tor, o Centro do Viño da Ribeira Sacra e desfrutaremos dunha xornada de convivencia nun entorno único.

📲 Reserva a túa praza escribíndonos por WhatsApp antes do 17 de setembro.

As prazas son limitadas e asignaranse por orde de inscrición.

Anímate e comparte esta publicación con quen lle poida interesar! 💙

Seguimos desenvolvendo actuacións orientadas á mellora da autonomía persoal, a participación social e a calidade de vida...
09/07/2026

Seguimos desenvolvendo actuacións orientadas á mellora da autonomía persoal, a participación social e a calidade de vida das persoas con discapacidade da nosa comarca.

🤝 Este programa conta co apoio de Fundación ONCE a través do Plan de Prioridades.

Un ano máis, poñemos en marcha o programa "Promoción do benestar físico-motor para persoas con discapacidade".Continuamo...
07/07/2026

Un ano máis, poñemos en marcha o programa "Promoción do benestar físico-motor para persoas con discapacidade".

Continuamos ofrecendo sesións de fisioterapia destinadas a favorecer a mobilidade, a autonomía persoal e o benestar das persoas participantes.

🤝 Este servizo lévase a cabo en colaboración con FisioCorpos (Ribadeo).

Agradecemos ao Concello de Ribadeo o seu compromiso coas persoas con discapacidade e co desenvolvemento de iniciativas que contribúen a mellorar a súa calidade de vida.

Gracias á Fundación ONCE polo seu apoio aoPrograma de promoción da autonomía persoal para as persoas con discapacidade d...
18/03/2026

Gracias á Fundación ONCE polo seu apoio ao
Programa de promoción da autonomía persoal para as persoas con discapacidade da Mariña Lucense un ano máis. 😄

Esta subvención é fundamental para o funcionamento da nosa asociación e permítenos seguir traballando na mellora da autonomía persoal das persoas con discapacidade, con necesidades de apoio intermitente ou xeneralizado, usuarias dos servizos que desenvolvemos na comarca da Mariña Lucense.

Felices festas!☺️
24/12/2025

Felices festas!☺️

Dirección

Praza Pancho Maseda Nº2 (Centro Sociocomunitario)
Ribadeo
27700

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 14:00
Martes 09:00 - 14:00
16:00 - 17:30
Miércoles 08:30 - 14:00
Jueves 09:00 - 15:00
16:00 - 17:30
Viernes 09:00 - 14:00

Teléfono

+34664494092

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando A MARIÑA-COGAMI publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir