AFA Esteo

Cómo llegar Contactar con la organización

AFA Esteo Asociación de nais e pais

29/09/2026

Se necesitades un modelo de formulario para presentar no centro, escribídenos a [email protected] e facémosvolo chegar.

23/09/2026
16/09/2026



📚💶 𝗥𝗘𝗖𝗢𝗥𝗗𝗔𝗧𝗢𝗥𝗜𝗢 𝗣𝗔𝗥𝗔 𝗔𝗦 𝗙𝗔𝗠𝗜𝗟𝗜𝗔𝗦

Se durante este ano 2026 facedes gastos en 𝗹𝗶𝗯𝗿𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝘁𝗲𝘅𝘁𝗼 𝗲 𝗺𝗮𝘁𝗲𝗿𝗶𝗮𝗹 𝗲𝘀𝗰𝗼𝗹𝗮𝗿, lembrade gardar as facturas 🧾.

👉 Estes gastos poden dar dereito a unha 𝟭𝟱 % 𝗱𝗲 𝗱𝗲𝗱𝘂𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗻𝗼 𝗜𝗥𝗣𝗙, que se poderá aplicar na 𝗱𝗲𝗰𝗹𝗮𝗿𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗱𝗮 𝗥𝗲𝗻𝗱𝗮 𝟮𝟬𝟮𝟳, correspondente ao exercicio 2026.

📌 𝗥𝗘𝗤𝗨𝗜𝗦𝗜𝗧𝗢 𝗘𝗖𝗢𝗡𝗢́𝗠𝗜𝗖𝗢: a renda per cápita da unidade familiar debe ser 𝗶𝗴𝘂𝗮𝗹 𝗼𝘂 𝗶𝗻𝗳𝗲𝗿𝗶𝗼𝗿 𝗮 𝟯𝟬.𝟬𝟬𝟬 €.

⚠️ Non hai un límite mínimo de renda: o requisito é 𝗻𝗼𝗻 𝘀𝘂𝗽𝗲𝗿𝗮𝗿 𝗼 𝗹𝗶́𝗺𝗶𝘁𝗲 𝗺𝗮́𝘅𝗶𝗺𝗼 𝗲𝘀𝘁𝗮𝗯𝗹𝗲𝗰𝗶𝗱𝗼.

💳 𝗜𝗠𝗣𝗢𝗥𝗧𝗔𝗡𝗧𝗘: o pagamento debe estar debidamente xustificado e realizarse por un medio 𝗱𝗶𝘀𝘁𝗶𝗻𝘁𝗼 𝗱𝗼 𝗲𝗳𝗲𝗰𝘁𝗶𝘃𝗼. Gardade a factura e o xustificante do pagamento (tarxeta, transferencia, etc.).

💡 Aínda que non teñades dereito ás axudas directas para libros e material escolar, 𝗰𝗼𝗺𝗽𝗿𝗼𝗯𝗮𝗱𝗲 𝘀𝗲 𝗽𝗼𝗱𝗲𝗱𝗲𝘀 𝗯𝗲𝗻𝗲𝗳𝗶𝗰𝗶𝗮𝗿𝗼𝘀 𝗱𝗲𝘀𝘁𝗮 𝗱𝗲𝗱𝘂𝗰𝗶𝗼́𝗻 na Renda 2027.

🧾 𝗚𝗮𝗿𝗱𝗮𝗱𝗲 𝗮𝘀 𝗳𝗮𝗰𝘁𝘂𝗿𝗮𝘀 𝗲 𝗼𝘀 𝘅𝘂𝘀𝘁𝗶𝗳𝗶𝗰𝗮𝗻𝘁𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝗽𝗮𝗴𝗮𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼!

💙 Confederación ANPAS GALEGAS xuntas defendendo a escola pública

Favalmi Fapacel Fanpa Compostela Feanpas Foanpas Vigo FANPO Federación de centros públicos de Cangas "A Gameliña" Fed. Provincial de ANPAS da Coruña - Costa da Morte

Estimadas familias,Despois do descanso de verán, a AFA retoma a súa actividade coas enerxías renovadas e con moitas gana...
15/09/2026

Estimadas familias,

Despois do descanso de verán, a AFA retoma a súa actividade coas enerxías renovadas e con moitas ganas de seguir traballando a prol do noso alumnado.
Queremos comezar este novo curso botando a vista atrás para agradecer a vosa confianza e facer un breve resumo das actividades e investimentos que puidemos sacar adiante o curso pasado grazas ás cotas de socios, ao programa cultural da Deputación de Lugo e á subvención do Concello:

* Cultura e Obradoiros: Gozamos do Magosto con Branca Villares (para 1º ESO e 1º BAC) e das obras teatrais “Estarei ata o fin” (4º ESO) e “Transparentar” (1º BAC).
* Saídas culturais: Financiamos a viaxe a Compostela para ver a obra “O Desexo” e visitar o Centro Galego de Arte Contemporánea (4º ESO Expresión Artística e 1º BAC Debuxo Técnico).
* Formación e charlas: Organizouse a charla sobre "Ocio Nocturno" a cargo de Martín Camba Conde, dirixida tanto ao alumnado de 1º BAC como ás propias familias.
* Detalles e recordos: Financiouse o pago a conta dos calendarios para o resto do alumnado que non se beneficiara das outras actividades, buscando así un reparto equitativo.
* Xestión interna: Cubríronse os gastos imprescindibles de papelería, selo de caucho e as taxas de rexistro e certificados dixitais da asociación.

Trala experiencia do curso pasado, na Xunta Directiva tomamos unha decisión importante para este ano: salvo que exista unha solicitude conxunta e expresa por parte das familias socias, non se vai poñer en marcha ningunha actividade que esixa o pago de ningunha cantidade extra por parte das persoas participantes.

A nosa prioridade absoluta este curso é xestionar de xeito eficiente os fondos propios da Asociación e a subvención do Concello. O obxectivo é realizar actividades totalmente gratuítas para as familias, consensuadas directamente co centro educativo, que poidan beneficiar ao maior número posible de alumnas e alumnos.

Tamén decidimos manter a cota de soci@ en 5 euros. Se queredes formar parte da Asociación, por favor, facede o ingreso da cota na conta da AFA, cubride o impreso que acompaña esta publicación e enviádeo ao correo [email protected]

Os datos para a transferencia son:

IBAN: ES1300491266082310246174
TITULAR: ASOCIACION DE FAMILIAS ESTEO

Seguiremos informándovos moi pronto dos vindeiros pasos e asembleas.

Grazas por formar parte da AFA!

Un saúdo afectuoso,

A Xunta Directiva da AFA

11/09/2026

Critica la respuesta a casos denunciados en Ribadeo: «As institucións non pertencen a quen as dirixe nin ao partido que goberna».

10/09/2026

ACTUALIZAMOS:

Estimadas familias,

Xa temos solución para que o alumnado transportado poida saír do centro os luns a mediodía (de 14:00 a 15:30 horas) para comer.

Ao longo do día de maña enviarán instruccións para as familias a través de Abalar.

Queremos agradecer a boa disposición da Dirección do centro para resolver esta situación con axilidade.



__________________________________

Estimadas familias,

Estamos falando coa dirección do centro para solucionar o trastorno que supón para moitas de nós que o alumnado transportado que non utiliza o comedor non poida saír do instituto os luns para comer.

Dende dirección están buscando unha solución que nos facilite a conciliación e hánola comunicar por Abalar o antes posible.

Aproveitamos para informar de que van habilitar, de forma permanente, un espazo axeitado para que aquelas rapazas e rapaces que queiran levar a comida da casa poidan xantar cómodamente.

Estimadas familias, Estamos falando coa dirección do centro para solucionar o trastorno que supón para moitas de nós que...
10/09/2026

Estimadas familias,

Estamos falando coa dirección do centro para solucionar o trastorno que supón para moitas de nós que o alumnado transportado que non utiliza o comedor non poida saír do instituto os luns para comer.

Dende dirección están buscando unha solución que nos facilite a conciliación e hánola comunicar por Abalar o antes posible.

Aproveitamos para informar de que van habilitar, de forma permanente, un espazo axeitado para que aquelas rapazas e rapaces que queiran levar a comida da casa poidan xantar cómodamente.

08/09/2026

As Administracións Públicas non son patrimonio de quen ocupa temporalmente un cargo. Son estruturas creadas para servir á cidadanía e nunca deberan ser instr...

Está a Administración educativa comprobando con suficiente rigor como se protexen os menores cando acontecen feitos dest...
06/09/2026

Está a Administración educativa comprobando con suficiente rigor como se protexen os menores cando acontecen feitos desta natureza nos centros educativos?

Aplica a Consellaría de Educación os mesmos criterios de protección, investigación, responsabilidade e esixencia a todas as persoas e a todos os centros?

Que criterio utiliza a Administración para decidir cando unha situación merece unha actuación contundente?

E, sobre todo, que criterio utiliza para determinar cando unha situación non merece esa mesma contundencia?

As Administracións Públicas non son patrimonio de quen ocupa temporalmente un cargo. Son estruturas creadas para servir á cidadanía e nunca deberan ser instr...

Dirección

O Xardin, 1
Ribadeo
27700

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando AFA Esteo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a AFA Esteo:

Atajos

Compartir