19/10/2026
📍Rematou á viaxe á Mariña lucense do escritor e xornalista José Ribagorda, que onte visitou varios comercios en Ribadeo e na Pontenova dentro da campaña “De compras pola Mariña” da FCAM. Ribagorda estivo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, xunto ao que percorreu as rúas ribadenses máis comerciais. Xunto a eles estiveron o xerente de Acisa, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz
🛍️José Luis Balseiro, presidente da Asociación de Comerciantes da Pontenova, mantivo tamén un encontro con Gabriel Alén e con José Ribagorda.
🤳💻A campaña “De compras pola Mariña” chegará a través de varios vídeos ás redes sociais e á plataforma “De las cosas del comer”, de José Ribagorda, que pasou estes días por Foz, por Lourenzá, por Viveiro, por Burela, por Ribadeo e por A Pontenova, onde se achegou ao comercio local e tamén ao patrimonio natural e cultural desta comarca. “De compras pola Mariña” é unha campaña da FCAM, que conta co financiamento de Comercio Galego e da Xunta de Galicia
Comercio galego
Xunta de Galicia
Acisa Ribadeo
Asociación de Comerciantes da Pontenova