17/10/2026
🎉 TODO LISTO PARA A XII GALA DE ACISA RIBADEO! ✨
Mañá, domingo 18 de outubro, ás 19:30 horas, o Parador de Turismo de Ribadeo acollerá a XII Cea Gala Anual de Acisa, unha cita moi especial que reunirá máis de 120 persoas entre galardoados, familiares, empresarios e empresarias, veciñanza, representantes institucionais e colectivos empresariais.
🏆 Será unha noite para celebrar xuntos un ano histórico para a nosa asociación, marcado pola consecución do Premio Nacional de Comercio Interior, un recoñecemento colectivo que pertence a todas as persoas que forman parte da historia, do presente e do futuro de Acisa.
🤝 Contaremos cunha ampla representación institucional e empresarial e cun padriño de excepción: o xornalista e escritor Pepe Ribagorda.
🍽️ O Parador de Turismo preparou un menú especial para a ocasión, pensado para g***r dunha velada única arredor da gastronomía e da boa compañía.
💙 Desde Acisa queremos agradecer especialmente o apoio de todas as empresas patrocinadoras e colaboradoras que fan posible esta celebración e que contribúen, día a día, a que poidamos seguir traballando polo comercio, a hostalaría e o conxunto do tecido empresarial de Ribadeo.
✨ Agardamos vivir unha noite inesquecible, celebrar todo o conseguido e brindar polo futuro de Acisa e de Ribadeo.