11/10/2026
https://www.facebook.com/share/1JDw7hP1Zu/
🤝 O Alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, xunto a membros do goberno local, estiveron presentes no acto no marco do proxecto de residencias de maiores da Xunta de Galicia, celebrado hoxe en San Cibrao de Viñas -Ourense-
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda Valenzuela, avanzou esta mañá que o 100% dos concellos seleccionados para participar no 𝐩𝐫𝐨𝐱𝐞𝐜𝐭𝐨 𝐝𝐞 𝐫𝐞𝐬𝐢𝐝𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚𝐬 𝐝𝐞 𝐦𝐚𝐢𝐨𝐫𝐞𝐬 do Goberno autonómico -aprobado o pasado 14 de setembro no Consello da Xunta- xa formalizaron a súa adhesión a esta iniciativa que permitirá crear máis de 1.800 novas prazas en 25 centros
Na súa intervención, e na que tamén estivo presente a Conselleira de Política Social, Fabiola García, Rueda apostou pola colaboración «imprescindible» entre administracións para «cumprir cunha obriga que temos todos» e mellorar os servizos que se ofrecen aos/ás cidadáns «en calquera lugar de Galicia». Tamén salientou que esta iniciativa busca reforzar a rede de atención ás persoas maiores para que poidan elixir como e onde pasar esta etapa das súas vidas, coidando así «ás persoas que nos coidaron»
🏡 En concreto, na provincia da Coruña as novas residencias situaranse nos seguintes ámbitos: na zona Noia/Barbanza, 𝐨 𝐜𝐞𝐧𝐭𝐫𝐨 𝐩𝐫𝐢𝐧𝐜𝐢𝐩𝐚𝐥 𝐞𝐬𝐭𝐚𝐫𝛊́𝐚 𝐧𝐨 𝐏𝐨𝐫𝐭𝐨 𝐝𝐨 𝐒𝐨𝐧 e o de menor tamaño en Outes
Tras o anuncio, o alcalde de O Porto do Son, Luis Oujo, agradeceu «a disposición da Xunta para poder facer realidade unha gran demanda» e destacou que «para o bo ou para o malo, a poboación cada vez está máis envellecida e agora hai moita necesidade deste tipo de instalacións»
O Concello do Porto do Son dispón dun terreo público de 14.000 metros cadrados situado fronte ao centro de día, «que está entre Portosín e O Porto do Son, cerquiña da estrada. Ten unha localización espectacular, queda ao lado da praia da Aguieira, que é un sitio estupendo para pasear por aí coas pasarelas ou ir ata o areal», destacou rexedor
Para rematar, Oujo recoñeceu que, «como Alcalde, levo moito tempo recollendo as peticións da veciñanza máis maior que sempre piden contar cunha residencia aquí para non ter que irse fóra e agora, con este proxecto, está máis cerca de ser unha realidade»
📲 https://portodoson.gal/acto-no-marco-do-proxecto-de-residencias-de-maiores/
|