Festas da Guadalupe de Rianxo

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Festas da Guadalupe de Rianxo Mantente ao día das últimas novidades sobre as Festas da Guadalupe de Rianxo. https://festasdaguadalupe.gal/

O venres, festa!Non podes faltar á noite máis terrorífica!  Mouchos, coruxas, sapos, bruxas e boa música no Campo de Arr...
21/10/2026

O venres, festa!

Non podes faltar á noite máis terrorífica! Mouchos, coruxas, sapos, bruxas e boa música no Campo de Arriba.

Non esquezas o disfraz!

Aquí van os resultados da enquisa da Guadalupe 2026. Coma sempre, moitas grazas por participar; as vosas opinións e valo...
27/09/2026

Aquí van os resultados da enquisa da Guadalupe 2026. Coma sempre, moitas grazas por participar; as vosas opinións e valoracións son moi importantes para nós.

Vémonos axiña na Guadalupe 2027!

26/09/2026
Chega a hora de que faledes, coma todos os anos, para dar o voso veredicto da Guadalupe deste ano 2026 que xusto acaba d...
20/09/2026

Chega a hora de que faledes, coma todos os anos, para dar o voso veredicto da Guadalupe deste ano 2026 que xusto acaba de rematar.

Crédenos que lemos as vosas propostas e opinións, e temos en conta o que quere a maioría pero sempre dentro das nosas posibilidades.

Dádelle!: https://form.jotform.com/262623559679069

19/09/2026

🔥🐝 QUE NOITE A DE ONTE EN RIANXO! 🐝🔥

A Guadalupe 2026 volveu demostrar por que é unha das grandes festas de Galicia. 🎉🎶

Onte vivimos unha xornada espectacular, con moitísimo ambiente, música, alegría e un Rianxo completamente entregado á festa. ❤️💃

📹 Abella Reporteira estivo alí para vivilo en primeira persoa e, por suposto, para deixárvolo gravado! 🎥🐝

✨ Momentos que se viven…
✨ Momentos que se lembran…
✨ E momentos que merece a pena compartir!

📍 Rianxo
🎉 Festas da Guadalupe 2026

E isto aínda non rematou! 🔥

Galicia FestaGalega ViveGalicia RianxoDeFesta

Unhas festas como estas que acabamos de vivir non serían posibles sen a colaboración de moitas outras persoas e instituc...
19/09/2026

Unhas festas como estas que acabamos de vivir non serían posibles sen a colaboración de moitas outras persoas e institucións: desde a veciñanza que bota unha man (na procesión, no mantemento da capela, no feirón, ofrecéndonos axuda e recursos...) pasando polo comercio cos seus donativos, as institucións coas subvencións e por suposto a necesaria implicación do Concello de Rianxo , cunha achega económica importante e todos os servizos públicos que se dedican á seguridade, á limpeza, á loxística, ás emerxencias...

Non pasaron 4 horas desde que parou a música da orquestra e xa está a vila limpiña que da gusto.

Temos unhas festas exemplares, con apenas incidentes aillados, que son o resultado dunha colaboración comunitaria de toda a vila de Rianxo.

Como dixemos onte, pouco importa quen estea á fronte da Comisión de Festas porque A GUADALUPE SOMOS TODXS.

Viva Rianxo e viva a Guadalupe!

19/09/2026

🔥✨ A NOITE DAS BENGALAS ✨🔥

Hai momentos que non se explican… hai que vivilos.

E o que aconteceu onte en Rianxo foi un deses momentos. ❤️

Miles de bengalas iluminando a noite, unha praza enteira cantando ao unísono e A Rianxeira soando como o gran himno dunha festa que forma parte da alma de Rianxo. 🎶🔥

Unha tradición con máis de 150 anos de historia que cada ano consegue facer que rianxeiros e visitantes se unan nunha mesma voz. 🥹❤️

🐝 Abella Reporteira estivo alí para vivir, gravar e compartir este momento único.

📍 Rianxo
🎉 Festas da Guadalupe 2026
🔥 A noite das bengalas
🎶 A Rianxeira

Unha noite para lembrar. ❤️

NoiteDasBengalas FestasDeGalicia Galicia TradiciónGalega RianxoDeFesta

Pakolas (Paco Cerdeira) pon o punto final á programación do Artella!
18/09/2026

Pakolas (Paco Cerdeira) pon o punto final á programación do Artella!

Dirección

Plaza Castelao Nº5-7
Rianjo
15920

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Festas da Guadalupe de Rianxo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Festas da Guadalupe de Rianxo:

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos


Otros Organización sin ánimo de lucro en Rianxo

Ver Todo