20/10/2026
🛍️💚 XA PODES DESCARGAR OS TEUS BONOS MERCANAVILA!
Mercar no comercio local ten premio! 🎉
A Deputación da Coruña pon en marcha unha nova edición dos Bonos MercaNaVila, cos que poderás conseguir ata 100 € en descontos directos nas túas compras nos establecementos adheridos.
💶 CANTO PODES AFORRAR?
Compras de 20 € a menos de 30 € ➡️ 10 € de desconto
Compras de 30 € a menos de 50 € ➡️ 20 € de desconto
Compras de 50 € ou máis ➡️ 30 € de desconto
📅 Do 20 de outubro ao 20 de novembro de 2026, ou ata esgotar os fondos dispoñibles.
💚 Aproveita os descontos para mercar en Rianxo!
Cada compra no comercio local contribúe a manter vivos os nosos negocios, xerar actividade económica e darlle vida ás nosas rúas.
📢 Non deixes pasar esta oportunidade! Descarga o teu bono en mercanavila.gal e aposta polo comercio de proximidade.