Teatro Airiños

Cómo llegar Página web

Teatro Airiños Grupo Teatral Galego de Asados (Rianxo) No ano 2010 o grupo de teatro comeza unha nova etapa da man de Esther F. Coa dirección de Esther.

Airiños: o grupo de teatro máis antigo da Galiza

O Grupo de Teatro Airiños naceu alá polo ano 33 en Asados (Rianxo) da man dos curmáns de Castelao e arredor do Centro Galeguista do lugar, levando a escena “A retirada de Napoleón”, de Xavier Prado Lameiro. Mais a Guerra Civil pararía inevitablemente a actividade creativa que se retomaría nada máis comezar a ditadura, nos anos 40, grazas ao espírito loitador do grupo e a pesar das dificultades que o réxime impuña a toda actividade cultural, e, no concreto, a un grupo de teatro cuxa máxima principal era representar as súas veladas en lingua galega, algo ao que xamais renunciarían. Desta etapa, cómpre salientar, por exemplo, que Airiños representou por vez primeira, no ano 61, “A fiestra valdeira”, do rianxeiro Rafael Dieste, con este aínda no exilio. Un pouco de ar fresco bateu en Airiños coa chegada da democracia, e a compañía, por fin, podería cumprir un grande soño: a representación de “Os vellos non deben de namorarse”, de Castelao. Nestes anos, a fundación en Asados do “Centro Cultural Simón Varela” aportará ao grupo un enclave fundamental, acollendo á compañía dende entón e ata o momento actual. Tras sobrevivir unha ditadura, resultará sinxelo para Airiños vivir en democracia, e será así como pouco a pouco o grupo de teatro máis antigo da Galiza se converte nun referente no teatro amador galego e chega a cumprir, no 2008, 75 anos. Unha data ben especial que a Asociación Alexandre Bóveda da Coruña quixo homenaxear entregándolles un premio «pola súa defensa do idioma e a cultura galega durante máis de tres cuartos de século». Unha longuísima traxectoria que ven recompilada no volume “Cadro Artístico Airiños: 75 anos”, onde se relatan todas as interesantes e curiosas historias que lle sucederon ao grupo dende as súas orixes, acompañadas dunha inxente cantidade de imaxes e documentos gardados con agarimo durante anos. Un libro tan interesante como fermoso: non por acaso foi galardoado cos premios de edición Anuaria 2009 e “Desing & Desing”, nese mesmo ano. No 2009 o grupo de teatro Airiños recolle o seu segundo premio, o Sireno de Bronce de Barbantia na sección de iniciativa cultural no Barbanza. Carrodeguas, que asume a Dirección Creativa da Compañía. E dende entón, ademais de continuar a traxectoria habitual, o grupo ábrese a novos proxectos cheos de vida teatral, como o teatro-expres, unha iniciativa do Concello de Rianxo para achegar o teatro de pequeno formato aos nenos rianxeiros, levando os bártulos teatrais de parroquia en parroquia. F Carrodeguas levan subido ao escenario obras como “Ata que a morte nos separe”, “Nin rico nin pobre”, “O cabaré dos 80 anos de Airiños”, “Celtas sen filtro”, “Nosa señora das nubes” e “Hoxe non se paga”. Xa no 2012 o Grupo de Teatro Airiños é premiado co premio “Ángel Velasco Montoya” da Asociación Amigos del Teatro de Valladolid pola súa fértil traxectoria ao longo de 79 anos de difusión do teatro afeccionado en galego. Asimesmo, en setembro do mesmo ano, veu a luz a un pequeno soño da compañía, a exposición: “75 anos do Cadro Artístico Airiños”, na que se recollían pezas, vestiario, textos e recordos do longuísimo percorrido histórico do grupo de teatro, e que se abrirá de novo ao público, ampliada, o vindeiro ano, coincidindo co 80 aniversario do grupo. En novembro Airiños recibe o premio da Cultura Galega das Artes Escénicas polo traballo desenvolvido desde a súa creación, no ano 1933, que o converte na máis lonxevo de Galicia. Súmanse a este premio no 2013 o recoñecidísimo Pedrón de Ouro e o premio Aurosán do Ano na categoría de cultura.

18/10/2026

Grazas Compostela pola acollida! Foi incríble, de verdade🩵🥹

📅 Próxima parada en Ribeira o 8 de novembro

Recordatorio: Hoxe en Compostela ca Banda Escola Música Rianxo,RETRINCOS de Castelao ás 19 horas no Barrio de Santa Mart...
17/10/2026

Recordatorio: Hoxe en Compostela ca Banda Escola Música Rianxo,
RETRINCOS de Castelao ás 19 horas no Barrio de Santa Marta. CSC de Santa Marta

Un pedazo de Rianxo en Santiago!

Retrincos, de Castelao, Teatro Airiños e a Banda Escola de música de Rianxo xúntanse para ofrecer un espectáculo teatral e musical que non vos podedes perder.
Vémonos o sábado ás 19 h!
Reservas no 981543017

Este sábado 17 de outubro toca RETRINCOS no Centro Sociocultural Santa Marta en Santiago xunto ca Banda Escola Música Ri...
13/10/2026

Este sábado 17 de outubro toca RETRINCOS no Centro Sociocultural Santa Marta en Santiago xunto ca Banda Escola Música Rianxo.

Este sábado, xunto con Teatro Airiños, iremos ata o Centro Sociocultural de Santa Marta en Santiago para facer unha nova función de Retrincos. Os relatos de Castelao xúntanse ca música de David Fiúza para ofrecer un espectáculo teatral e musical que non vos podedes perder.
Vémonos o sábado ás 19:00!
Organiza: Cultura da Deputación da Coruña
Colabora: Concello de Santiago

Entrevista a Xesús Santos na Voz de Galicia
05/10/2026

Entrevista a Xesús Santos na Voz de Galicia

29/09/2026

Suso Rañó, un histórico da compañía Airiños, faleceu este luns en Asados

O que é a vida, onte todo era felicidade na homenaxe a Xesús Santos e hoxe..., hoxe choramos a morte de Suso Rañó, o Gha...
28/09/2026

O que é a vida, onte todo era felicidade na homenaxe a Xesús Santos e hoxe..., hoxe choramos a morte de Suso Rañó, o Ghandulo, un histórico de Teatro Airiños.
Iniciouse no teatro sendo un rapaz de 11 ou 12 anos. A sua primeira obra foi "A Fiestra Valeira" de Dieste, que se estreara en Catoira e na que el facía de Matapitos. Representou tan ben o papel e acadou tanta sona, que aínda na actualidade o seguen a chamar Matapitos. Seguiu a vida e ata ben entrada a adultez estivo dun xeito ou doutro vinculado a Airiños.

E hoxe foise o noso Matapitos!
Canto che imos botar de menos, Suso!
Que a Terra che sexa leve...

🩵
28/09/2026

🩵

28/09/2026

O mestre, escritor, historiador e dramaturgo foi homenaxeado en Asados e nomeado veciño de honra

28/09/2026

Un resumo de La Voz de Galicia do que foi onte o acto de homenaxe a Xesús Santos

✨️Rematan as Veladas de Primavera 2026, pero farano por todo o alto!🎶 O domingo ven merendar coas DeBiselas. Un concerto...
04/06/2026

✨️Rematan as Veladas de Primavera 2026, pero farano por todo o alto!

🎶 O domingo ven merendar coas DeBiselas. Un concerto encadrado na Festa da Música de

Dirección

Asados
15984

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Teatro Airiños publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir