Asociación Galega de Custodia do Territorio

Asociación Galega de Custodia do Territorio Entidade adicada á conservación da natureza e a custodia do territorio.

A Asociación Galega de Custodia do Territorio foi constituída en Rábade (Lugo) o 26 de abril de 2008. Os seus obxectivos son:
•A conservación e recuperación do patrimonio natural utilizando como ferramenta principal a custodia do territorio.
•Difundir e fomentar a custodia do territorio entre os axentes implicados e a sociedade en xeral, facéndoos partícipes da xestión sustentábel do territorio.

Recorda reservar a túa praza neste formulario: https://forms.gle/mR5at7mR31jd7S3t6
15/06/2026

Recorda reservar a túa praza neste formulario: https://forms.gle/mR5at7mR31jd7S3t6

Este seminario, organizado no marco das actividades que a AGCT desenvolve no Monte de Toca (Samos) en colaboración coa Cruz Vermella, busca abrir un espazo de reflexión e diálogo sobre os efectos do lume nos territorios de alto valor natural e sobre os retos e oportunidades do medio rural nun contexto de cambio global.

Ao longo da xornada abordaranse as consecuencias ecolóxicas, sociais e económicas dos incendios forestais, así como a necesidade de impulsar modelos de xestión territorial máis resilientes, compatibles coa conservación da biodiversidade e o desenvolvemento sostible das comunidades rurais.

Falaremos sobre:
🌿 O impacto do lume nos ecosistemas e espazos naturais.
🐄 A importancia da gandería extensiva e dos usos tradicionais na prevención dos incendios e na conservación da biodiversidade.
🏡 O abandono da actividade agraria e a transformación da paisaxe rural.
🌱 As oportunidades de desenvolvemento rural ligadas á conservación da natureza e á valorización dos recursos locais.

📍 Antiga Biblioteca de Samos (Rúa da Torre, 7)
🕙 De 10:00 a 18:30 h aprox.
🚶 Inclúe visita guiada ao Monte de Toca pola tarde.

Dirixido á veciñanza, persoas vinculadas á xestión ambiental e forestal, ao sector primario, á investigación, ás administracións públicas e á cidadanía interesada no futuro do medio rural e da conservación do patrimonio natural.

LOCALIZACIÓN: Antiga Biblioteca de Samos. Rúa da Torre, 7, 27620 Samos, Lugo. https://maps.app.goo.gl/mhgJgJoV9jTHGXfq9

Podes consultar toda a información e realizar a inscrición na web: https://custodiadoterritorio.org/project/lumes-desenvolvemento-rural-e-conservacion-da-natureza/

Este seminario, organizado no marco das actividades que a AGCT desenvolve no Monte de Toca (Samos) en colaboración coa C...
08/06/2026

Na Serra do Careón están presentes varias especies de flora endémica asociadas ás rochas serpertínicas deste espazo pero...
05/06/2026

Na Serra do Careón están presentes varias especies de flora endémica asociadas ás rochas serpertínicas deste espazo pero tamén a fauna desta zona ten unha especial relevancia ó estar presentes especies de caracter térmico moi escasas na provincia da Coruña. A AGCT, co apoio da Deputación da Coruña, estamos realizar unha serie de actividades para difundir os valores naturais da zona.

O sábado 13 de xuño, de 10:00 a 14:00, realizaremos un BioBlitz no entorno das Microrreservas da Serra do Careón para observar e recopilar información sobre a biodiversidade da zona, rexistrando as especies vistas na plataforma iNaturalist. Para esta actividade recoméndase traer roupa e calzado de monte, así como auga e algo para picar no descanso da xornada.

Podedes inscribirvos a través do formulario: https://forms.gle/R5sLmvqSzm9eNEv36
Para obter máis información en [email protected]

Nova xornada de actividade no monte de Toca ( Samos) froito do convenio da AGCT con Cruz Roja Española - Lugo para a pos...
01/06/2026

Nova xornada de actividade no monte de Toca ( Samos) froito do convenio da AGCT con Cruz Roja Española - Lugo para a posta en valor deste monte de gran valor natural.
Nesta ocasión adicamos a mañá a observar as aves e comprender os seus hábitats.

O vindeiro domingo 14 de xuño visitaremos a microrreserva de orquídeas de Hórreos, a máis grande das microrreservas do C...
29/05/2026

O vindeiro domingo 14 de xuño visitaremos a microrreserva de orquídeas de Hórreos, a máis grande das microrreservas do Courel. Ademais, durante a actividade explicaremos a paisaxe, así como os distintos hábitats polos que discorre o roteiro, con especial énfase no afloramento calcario de Hórreos, no que identificaremos e explicaremos as características e curiosidades das distintas especies de orquídeas que se atopen en floración.​

Para esta actividade, a AGCT cobrará unha cota de inscrición e reserva de praza de 6€, que se aboarán vía Bizum ou mediante transferencia bancaria. Estes 6€ serán devoltos únicamente en caso de que a persoa inscrita non poda vir por causas de forza maior. Estes cartos serán empregados íntegramente no territorio no mesmo día da actividade ( taxi, café/refresco grupal,…). Deste xeito tentamos asegurar compromiso de asistencia, ao tempo que colaboramos coa poboación local.

Hora inicio: 10:00h. Hora Finalización aprox.: 18:00h.
Punto de saída: Seoane do Courel ( confirmarase punto exacto unha vez se formalice a inscrición)

Dende Seoane nos desplazaremos en coches particulares ata o inicio da actividade.

Dificultade: media. Distancia aproximada: 7Km. A ruta comeza cunha subida na que se ascenden 300m.nos primeiros 3 Km.

Imprescindible: auga, bocadillo, froitos secos, froita; calzado e roupa axeitados (pantalón longo) e protector solar.

Número máximo: 15 persoas.

Inscrición: https://forms.gle/74UovLfou6osVHvc9

🌿 VII BIOBLITZ DO COUREL 🌿📍 Seoane do Courel📅 6 e 7 de xuño de 2026Participa nunha fin de semana dedicada ao descubrimen...
26/05/2026

🌿 VII BIOBLITZ DO COUREL 🌿
📍 Seoane do Courel
📅 6 e 7 de xuño de 2026

Participa nunha fin de semana dedicada ao descubrimento e estudo da biodiversidade do Courel. O VII Bioblitz reunirá persoas afeccionadas á natureza e expertos en flora, fauna, micoloxía e bolboretas para realizar un inventario biolóxico en espazos de alto valor natural.

🦋 Actividade aberta ao público
🔍 Saídas de campo, observación nocturna e revisión de especies
🤝 Coa participación da Sociedade Micolóxica Lucus, Grupo Naturalista Hábitat e SOCEME
📌 Inscricións ata o 4 de xuño neste formulario: https://forms.gle/2dsGjQmsu11P6vtx8
⚠️ Prazas limitadas

Actividade enmarcada no proxecto Saberes do Monte, financiado pola Fundación Biodiversidad (MITECO) e FEDER.

No monte de Toca combínanse zonas abertas, de uso silvopastoral, con zonas dominadas polos bosques de frondosa ou moi es...
15/05/2026

No monte de Toca combínanse zonas abertas, de uso silvopastoral, con zonas dominadas polos bosques de frondosa ou moi escarpadas, que, en conxunto, favorecen a existencia dunha grande diversidade de aves que ocupan os distintos ambientes.

Adicaremos esta xornada ao recoñecemento destas aves, tanto visualmente como polo seu canto.

Esta xornada enmárcase no acordo a tres bandas asinado no 2022 pola Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT), a Comunidade de Montes de Toca e a Cruz Vermella, co obxectivo de restaurar e conservar áreas afectadas polos incendios. Como parte deste compromiso, estanse a desenvolver distintas actividades de posta en valor deste espazo.

Participa e descobre connosco os tesouros de este espazo de alto valor natural! Inscricións no formulario: https://forms.gle/FrvqtkAcGpqRXK898

Máis información no correo [email protected]

Vémonos mañá, ás 20:30h, na Casa das Insuas
07/05/2026

Vémonos mañá, ás 20:30h, na Casa das Insuas

Dirección

Rúa José Pardo, S/n
Rábade
27370

Horario de Apertura

17:00 - 20:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Asociación Galega de Custodia do Territorio publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Asociación Galega de Custodia do Territorio:

Compartir