Aliad-Ultreia

Cómo llegar Página web

Aliad-Ultreia Página de la asociación Aliad Ultreia (Lugo). ALIAD-ULTREIA é unha asociación sen ánimo de lucro que traballa desde 1984 con persoas en risco de exclusión.

Entre os programas destacan a atención xurídico social a persoas con condutas aditivas, diversos programas con persoas reclusas e a axuda a mulleres vítimas de violencias machistas, entre elas a trata e a explotación sexual.

🎨🧘‍♀️Coidarse tamén é ter tempo para unha mesma. As mulleres que participan nos programas de Aliad seguen sendo, en moit...
07/10/2026

🎨🧘‍♀️Coidarse tamén é ter tempo para unha mesma.

As mulleres que participan nos programas de Aliad seguen sendo, en moitos casos, as principais sustentadoras e coidadoras dos seus entornos. Polo que cando o tempo, as necesidades e mesmo os propios desexos quedan sempre para despois, o lecer tamén acaba quedando fóra.

Por iso, un ano máis puxemos en marcha Coidándonos, un espazo para compartir, aprender, descubrir e, simplemente, desfrutar xuntas.
Durante os meses de xullo e agosto realizáronse actividades tan diversas como ioga, baile, cerámica, pintura, costura, musicoterapia ou unha excursión.

Porque crear espazos de encontro entre mulleres tamén é construír redes, apoio, recoñecemento e sororidade.

O lecer non é un luxo: tamén forma parte do coidado.🧡

Hoxe, Ana Barba, coordinadora do Programa Aliadas da nosa entidade, participou en Lugo nunha interesante xornada organiz...
24/09/2026

Hoxe, Ana Barba, coordinadora do Programa Aliadas da nosa entidade, participou en Lugo nunha interesante xornada organizada por Accem co título: Mulleres, trata e o dereito ao asilo.
Esta xornada centrouse na intervención con mulleres vítimas de trata con fins de explotación sexual e nas posibilidades de acollemento e asilo de estas mulleres.

Hoxe, 23 de setembro, non queremos falar só de quen capta ou de quen consome: queremos falar de quen cobra. 💸A explotaci...
23/09/2026

Hoxe, 23 de setembro, non queremos falar só de quen capta ou de quen consome: queremos falar de quen cobra. 💸

A explotación sexual e a trata de persoas xeran máis de 160.000 millóns de euros ao ano en todo o mundo. Ese diñeiro non queda escondido nun caixón senón que paga alugueiros, financia plataformas dixitais, móvese por pasarelas de pago e branquéase en negocios legais.

Cando reducimos a trata unicamente ás mafias, estamos perdoando a todo un sistema económico e social que mira cara a outro lado mentres os seus ingresos sigan medrando. A explotación sexual sostense porque é un negocio enormemente rendible para moitos sectores.

📖Cando pensamos no maltrato, a nosa cabeza adoita buscar sinais evidentes, alarmas que soan alto e claro. Pero a realida...
18/09/2026

📖Cando pensamos no maltrato, a nosa cabeza adoita buscar sinais evidentes, alarmas que soan alto e claro. Pero a realidade que debuxa de forma maxistral nesta novela é moito máis silenciosa e habitual do que nos gustaría admitir.

A protagonista atópase nun momento de absoluta vulnerabilidade, e a chegada de alguén maior, con recursos e aparentes certezas, parece un salvavidas. Con todo, a autora consegue amosarnos, sen artificios, como a condescendencia pode entrar na túa vida sen derrubar a porta. Lendo as súas páxinas, decátaste de que a violencia que non deixa marcas físicas constrúe muros invisibles, separándote da túa contorna e, o máis aterrador, de ti mesma.

Comerás Flores é unha desas historias que se quedan no corpo moito despois de pechalas, que che fai cuestionar dinámicas que a miúdo se romantizan.
De todos os libros ou películas que consumiches ultimamente, cal cres que retrata mellor esas "bandeiras vermellas" sutís que a miúdo pasamos por alto nunha relación?

Co galo do Día Internacional contra a Explotación Sexual e a Trata de Persoas, desde Accem organizan a xornada "Muller, ...
14/09/2026

Co galo do Día Internacional contra a Explotación Sexual e a Trata de Persoas, desde Accem organizan a xornada "Muller, trata e dereito ó asilo: desafíos para unha protección con perspectiva de xénero e dereitos humanos" onde vanse abordar diferentes perspectivas arredor desta realidade, poñendo especial atención na intersección entre a trata, o xénero e o dereito ó asilo.
Como vedes será o 24 de outubro a partir das 9:30, podedes matricularvos ata o mércores 16 de setembro no QR.
Animádesvos que vai ser moi interesante tanto polas ponentes como polos temas a abordar!!!!


11/09/2026
Como parte da sociedade civil organizada facemos un chamamento á cidadanía, ONGs e asociacións para esixir solucións á p...
11/09/2026

Como parte da sociedade civil organizada facemos un chamamento á cidadanía, ONGs e asociacións para esixir solucións á poboación de Ceuta, cos Dereitos Humanos como norma e a empatía como forma de situarnos no mundo.
Durante o último mes fomos testemuñas da complexidade da situación ceutí e de como esta se utiliza para intereses alleos ao benestar da súa poboación. Ante a falta de respostas das administracións, medra o enfado e, paralelamente, amplifícanse os discursos de odio.
Proclamas como “Musulmán el que no bote” chocan coa realidade dunha cidade multicultural, onde conviven musulmáns, cristiáns e outras crenzas. Non buscan ofrecer solucións, senón demonizar pola relixión, cor de pel ou procedencia.
Recoñecemos o papel de parte do pobo ceutí, das ONGs e activistas que, ante o abandono institucional, axudaron ás migrantes.
Esta solidariedade é un fío de esperanza ante a barbarie dos que saen na "caza do inmigrante", incluídas crianzas, e que tamén supón unha ameaza para as persoas ceutís racializadas.
A migración forzosa polas guerras, a liberdade sexual ou calquera outra razón é un drama social; sendo a pobreza a causa principal, provocada pola acumulación de riqueza dos países ricos que exercen o dominio económico sobre o Sur Global.
Non se pode abordar a cuestión migratoria sen sinalar as súas raíces.
Non ignoramos o uso que fan da migración as autoridades de Marrocos, a quen a UE encarga a represión na fronteira, pero iso non converte a quen foxe do seu país nun “invasor”. As persoas migrantes son vítimas, non culpables. Os culpables non afogan no mar.
Por iso, esiximos:
-Medidas eficaces do Estado e das administracións para garantir unha acollida acorde ao Dereito Internacional e permitir que a poboación ceutí recupere a súa vida cotiá.
-Medidas de protección ante a violencia que están a sufrir migrantes, traballadoras do social e activistas.
Somos moitas persoas as que queremos mostrar sen medo a nosa solidariedade con Ceuta ao tempo que empatizamos con quen se xoga a vida buscando unha oportunidade.
Somos voces distintas que compartimos unha certeza: a fraternidade vencerá ao individualismo e ao odio.

Acostumámonos a consumir vídeos na rede cun só clic, esquecendo con frecuencia que as plataformas que os aloxan non son ...
07/09/2026

Acostumámonos a consumir vídeos na rede cun só clic, esquecendo con frecuencia que as plataformas que os aloxan non son espazos neutrais nin inocentes.

O debate xeral sobre a pornografía adoita centrarse unicamente na moralidade individual, pero este documental move o foco cara onde realmente doe e importa: a impunidade corporativa. Se unha empresa gaña diñeiro cada vez que visitas a súa páxina, quen debe asumir as consecuencias legais e humanas cando o vídeo que reproduce vulnerou os dereitos fundamentais dunha persoa?

A historia que documenta Netflix serve para entender perfectamente como a arquitectura actual de internet priorizou o crecemento económico por riba da seguridade, da ética e do propio consentimento.

Viches xa o documental ou tes pensado facelo? Lemos as túas impresións nos comentarios 💻👇

⚠️Pensabamos que a tecnoloxía ía usarse para solucionar os grandes retos do noso tempo, pero algúns están a usala para p...
03/09/2026

⚠️Pensabamos que a tecnoloxía ía usarse para solucionar os grandes retos do noso tempo, pero algúns están a usala para perfeccionar a violencia máis antiga de todas.

Facer un deepfake pornográfico sen consentimento non é un xogo de rapaces, nin un experimento cunha IA, nin unha "broma" de mal gusto: é violencia sexual dixital, e as súas consecuencias na saúde mental, na reputación e na vida social das vítimas —case sempre mulleres e menores— son devastadoras.

Detrás da intelixencia artificial que xera a imaxe, hai unha responsabilidade humana moi real: a de quen o crea, a de quen o difunde e a da sociedade que mira cara a outro lado pensando que "como non é de verdade, non pasa nada". Pasa, e moito.

📖Queremos lerte nos comentarios. Cres que o foco para acabar con isto debe estar nas leis (castigalo máis) ou na base (educar mellor aos que consomen estas imaxes)?

A recomendación de hoxe é… 548 días: captada por unha secta.A historia de Patricia descríbenos á perfección fenómenos mo...
07/07/2026

A recomendación de hoxe é… 548 días: captada por unha secta.

A historia de Patricia descríbenos á perfección fenómenos moi complexos que non son fáciles de comprender a priori. A captación de persoas non sé da de forma aleatoria, está completamente estudiada. Un elemento que nunca pode faltar é que a vítima se encontre nun momento de grande vulnerabilidade, donde atopan un oco que encher con mentiras e enganos.

Ademáis, o viaxe interno que terá que facer Patricia para poder abrir os ollos sobre o que está sucedendo é un retrato fiel de cómo actúa o trauma, a manipulación e a violencia na psique humana.

Dirección

Rúa Milagrosa 99/101
Lugo
27003

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 15:00
16:00 - 20:00
Martes 09:00 - 15:00
16:00 - 20:00
Miércoles 09:00 - 15:00
16:00 - 20:00
Jueves 09:00 - 15:00
16:00 - 20:00
Viernes 09:00 - 15:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Aliad-Ultreia publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir