14/09/2026
O sábado 26 de setembro a AGCT convidámosvos na Casa das Insuas, en Rábade, a xornada "Falando de Covas". Unha oportunidade para achegarnos ao mundo subterráneo da montaña da man de quen o explora. Non faltes!
19:00 – Maqueta da Buraca das Choias
Fernando Debesa presentaranos a súa maqueta desta cova do Courel. Diante dela, relatará como foi a exploración desta cavidade, inundada en boa parte do seu percorrido.
20:00 – O Camiño de Cova Eirós
Xosé González preséntanos o seu filme, unha viaxe sensorial dunha hora polo mundo da arqueoloxía. Esta cova de Triacastela garda restos de fauna prehistórica e mesmo pinturas rupestres, e o filme achéganos a ese pasado agochado baixo terra. Proxección patrocinada por Cafés Candelas.
Anímate a participar nesta esta xornada dedicada ao mundo das covas!