Fundación Museo Etnográfico Monte Caxado

Cómo llegar Página web

Fundación Museo Etnográfico Monte Caxado Páxina da Fundación Museo Etnográfico Monte Caxado de As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)

🎞️ A NOSA HISTORIA TAMÉN SE CONSERVA EN IMAXES E SONS!Hoxe, 27 de outubro, celebramos o Día Mundial do Patrimonio Audiov...
27/10/2026

🎞️ A NOSA HISTORIA TAMÉN SE CONSERVA EN IMAXES E SONS!

Hoxe, 27 de outubro, celebramos o Día Mundial do Patrimonio Audiovisual, unha data para lembrar a importancia de conservar aquelas imaxes e sons que nos permiten coñecer e comprender o noso pasado.

📼 No Museo Etnográfico Monte Caxado levamos anos traballando na recuperación, conservación e difusión da memoria colectiva das Pontes e da súa contorna. Un patrimonio que non só se garda en fotografías, documentos ou obxectos, senón tamén en gravacións que nos permiten volver ver lugares, escoitar voces e revivir momentos que forman parte da nosa historia.

📺 Por iso, hoxe queremos convidarvos a visitar e subscribirvos á nosa canle de YouTube, onde compartimos parte dese legado audiovisual para que siga vivo e ao alcance de todas as xeracións.

👉 https://youtube.com/

❤️ Porque conservar a memoria tamén significa compartila. E cada imaxe do pasado é unha pequena fiestra á nosa historia.

Museo Etnográfico Monte Caxado
Gardando a memoria das Pontes.

Canle audiovisual do MEMC das Pontes, creado para a difusión do arquivo audiovisual da entidade.

04/10/2026
📸 Xa está dispoñible a nova ferramenta de consulta do catálogo dixital do Museo Etnográfico Monte Caxado:👉 https://catal...
13/09/2026

📸 Xa está dispoñible a nova ferramenta de consulta do catálogo dixital do Museo Etnográfico Monte Caxado:

👉 https://catalogo.montecaxado.gal

Trátase dun espazo pensado para facilitar a consulta do noso fondo fotográfico, buscar información e descubrir a memoria das Pontes a través das 4.223 imaxes que o integran.

Mais este catálogo non é un proxecto pechado: é un organismo vivo, en constante crecemento e actualización. Cada nova fotografía, cada dato recuperado e cada testemuño contribúen a ampliar o coñecemento sobre a nosa historia e o noso patrimonio.

Nada disto sería posible sen a xenerosidade de todas as persoas que doaron as súas fotografías ao Museo, nin sen o apoio das institucións que financiaron os procesos de dixitalización e a creación deste fondo documental. A todas elas, o noso máis sincero agradecemento.

📷 Se conservas fotografías antigas, aínda que sexan de ámbito familiar, podes doalas ou emprestalas ao Museo para a súa dixitalización. Devolverémosche a fotografía orixinal xunto cunha copia dixital.

Porque incluso unha imaxe aparentemente familiar pode conter información de gran interese. Por exemplo, unha fotografía dunha primeira comuñón nunha igrexa ou nunha ermida pode documentar o estado dese edificio, os seus elementos arquitectónicos ou o seu contorno. Quizais nun futuro esa igrexa ou ermida xa non exista, pero a fotografía permitirá conservar a súa memoria.

Axúdanos a seguir construíndo, entre todas e todos, o arquivo fotográfico das Pontes. 🏛️

Inventario documental do Museo Etnográfico Monte Caxado.

📚 PRESENTACIÓN DE “ROTSPANIER” NO MUSEO ETNOGRÁFICO MONTE CAXADOO vindeiro venres teremos a oportunidade de achegarnos a...
07/09/2026

📚 PRESENTACIÓN DE “ROTSPANIER” NO MUSEO ETNOGRÁFICO MONTE CAXADO

O vindeiro venres teremos a oportunidade de achegarnos a Rotspanier. Un miliciano galego no exilio francés 1939-1945, obra de Juan Galán publicada por Editorial Galaxia.

Un libro que recupera a memoria dos republicanos galegos que, tras a Guerra Civil, se viron obrigados a continuar as súas vidas no exilio francés, nunha Europa marcada pola guerra e pola ocupación n**i.

O acto contará coa presenza do autor.

📅 Venres 11 de setembro ás 19:30 horas
📍 Museo Etnográfico Monte Caxado
Praza da Igrexa, s/n - As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)

Organiza: Fundación Museo Etnográfico Monte Caxado
Colaboran: Editorial e Concello de As Pontes

Agardámosvos!

26/08/2026
📚 O Museo Etnográfico Monte Caxado, presente na presentación do novo número de Terras do OrtegalO pasado xoves 23 tivemo...
26/07/2026

📚 O Museo Etnográfico Monte Caxado, presente na presentación do novo número de Terras do Ortegal

O pasado xoves 23 tivemos o pracer de asistir á presentación do nº 13 da revista Terras do Ortegal, unha publicación que edición tras edición continúa a afianzarse como unha referencia imprescindible para o coñecemento, estudo e divulgación do patrimonio histórico e cultural da nosa comarca.

O acto foi inaugurado polo presidente da asociación, D. José Manuel Bouzamayor Riola, e polo vicepresidente, D. José María Torres Bouza, quen deron paso ás intervencións dos autores participantes nesta nova edición.

Durante a presentación puidemos coñecer, entre outros, dous dos traballos incluídos na revista:
🔹 Bombardas de ferro forxado en Ortigueira, presentado por D. José Manuel López Hermida e D. Alberto Paraje Méndez.
🔹 Equipo ArqueOrt do IES de Ortigueira. O noso paso pola FLL Unearthed 2025-26, da man de D. Diego Calvo Hermida e D. Hugo Carrillo Gómez.

Foi unha xornada de gran interese divulgativo, marcada polo rigor das investigacións presentadas e por un ambiente próximo e enriquecedor para todos os asistentes.

Dende a Fundación Museo Etnográfico Monte Caxado queremos agradecer sinceramente a invitación para compartir este acto e felicitar á directiva, aos autores e a todo o equipo de Terras do Ortegal por facer posible unha publicación que contribúe de maneira exemplar á conservación, investigación e difusión do noso patrimonio.

👏 Parabéns por este magnífico número 13 e moitos éxitos para as vindeiras edicións!

📚 Esta tarde temos unha cita coa historia do Ortegal.Dende o Museo Etnográfico Monte Caxado queremos animar a todas as p...
23/07/2026

📚 Esta tarde temos unha cita coa historia do Ortegal.

Dende o Museo Etnográfico Monte Caxado queremos animar a todas as persoas interesadas na historia, no patrimonio e na cultura galega a achegarse esta tarde a Ortigueira para asistir á presentación do nº 13 da revista Terras do Ortegal.

Un novo volume que reúne 310 páxinas e 11 artigos de investigación, consolidando unha publicación de referencia para o estudo e a difusión da historia e da identidade do norte de Galicia.

📍 Hoxe, xoves 23 de xullo
🕗 20:00 horas
🏛️ Local Social San Roque (Ortigueira)

Será unha excelente oportunidade para coñecer de primeira man este novo número e compartir unha tarde coa comunidade investigadora e coas persoas que traballan pola conservación e divulgación do noso patrimonio.

Parabéns á Asociación Terras do Ortegal por este novo fito editorial. Vémonos en Ortigueira! 📖👏

🤝 Grazas, amigos de Terras do Ortegal!Queremos expresar o noso máis sincero agradecemento á revista Terras do Ortegal po...
22/07/2026

🤝 Grazas, amigos de Terras do Ortegal!

Queremos expresar o noso máis sincero agradecemento á revista Terras do Ortegal por facerse eco do 40º aniversario do Museo Etnográfico Monte Caxado e da presentación do noso Caderno nº 8.

É unha honra contar co apoio dunha publicación de referencia na divulgación da historia, do patrimonio e da cultura da nosa bisbarra. Este tipo de colaboracións axudan a dar visibilidade ao traballo que, dende hai catro décadas, desenvolvemos na conservación e difusión da memoria colectiva das nosas terras.

Animámosvos a visitar o seu blog e a descubrir esta e moitas outras publicacións de grande interese para todas as persoas apaixoadas pola nosa historia.

Moitas grazas polo voso agarimo e por camiñar ao noso carón na defensa do noso patrimonio! ❤️

Mesa presidencial do acto, con Elena López, Valentín Glez. Formoso, José Mª López Ferro e Secundino Garcia O pasado venres, 10 de xullo de...

🏛️ XII Xornada Cultural no Mosteiro de MonferoEste sábado, 18 de xullo, celébrase no mosteiro de Santa María de Monfero ...
15/07/2026

🏛️ XII Xornada Cultural no Mosteiro de Monfero

Este sábado, 18 de xullo, celébrase no mosteiro de Santa María de Monfero a XII Xornada Cultural da Asociación de Amigos do Mosteiro de Monfero.

Unha oportunidade para compartir, coñecer e desfrutar deste extraordinario espazo patrimonial.

Se sodes socios, queredes formar parte da asociación ou simplemente vos apetece pasar unha xornada diferente, non deixedes de achegarvos!

📍 Mosteiro de Santa María de Monfero
📅 Sábado, 18 de xullo

Dirección

Praza Da Igrexa, S/n
Puentes De García Rodríguez

Horario de apertura

Martes 18:00 - 19:30
Miércoles 18:00 - 19:30
Jueves 18:00 - 19:30
Viernes 18:00 - 19:30
Sábado 12:00 - 13:30
Domingo 12:00 - 13:30

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Fundación Museo Etnográfico Monte Caxado publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos


Otros Organización sin ánimo de lucro en As Pontes de García Rodríguez

Ver Todo