Lembranza da Vila

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Lembranza da Vila Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Lembranza da Vila, Organización sin ánimo de lucro, Rúa Real, nº 29, Puentes de García Rodríguez.

21/01/2026
14/08/2025

COMUNICADO DA ASOCIACIÓN LEMBRANZA DA VILA

Desde a Asociación Lembranza da Vila queremos comunicar que este ano decidimos facer unha pausa na organización da actividade cultural Cita coa Historia. Foi unha decisión meditada, tomada coa intención de coller folgos, reflexionar e preparar con máis forza unha nova edición para o vindeiro ano.

Este pequeno descanso nace da vontade de continuar ofrecendo un evento á altura do que merece a nosa vila. Queremos volver cunha proposta renovada, chea de ilusión, con novas ideas que sigan poñendo en valor a nosa historia, o noso patrimonio e a nosa identidade como pobo.

Cita coa Historia non sería posible sen o esforzo colectivo de todas as persoas que formamos parte da asociación, sen a colaboración desinteresada de entidades, asociacións e veciñas e veciños que cada ano fan medrar esta celebración. Por iso, queremos aproveitar para dar as grazas de corazón a todas e todos os que, edición tras edición, facedes posible que A Vila se transforme e reviva o seu pasado con orgullo e emoción.

Tamén agradecemos o apoio constante do Concello das Pontes e, sobre todo, o cariño e a participación da cidadanía e das persoas visitantes que nos acompañan nesta viaxe no tempo.

Agardamos con moita ilusión volver encontrarnos o próximo ano, para seguir facendo memoria e celebrando, xuntas e xuntos, o que fomos, o que somos e o que queremos seguir sendo.

Grazas por estar aí. Vémonos pronto.

Asociación Lembranza da Vila

18/05/2025

📜 653 anos da orixe do nome da nosa vila 🏰

Tal día coma hoxe do ano 1372, García Rodríguez de Valcárcel recibía a vila das Pontes de mans de Don Pedro, Conde de Trastámara, de Lemos e de Sarria. Dende aquel intre, a vila pasaría a chamarse As Pontes de García Rodríguez, nome que chegou ata os nosos días.

🌉 Un topónimo que garda memoria de pontes físicas... mais tamén simbólicas, tendidas entre o pasado e o presente.

🔎 Dende o Museo Etnográfico Monte Caxado queremos lembrar hoxe esta data como unha oportunidade para coñecer, valorar e divulgar a nosa historia local. Porque só preservando a memoria podemos entender quen somos.

Unha fermosa imaxe da nosa vila.
23/04/2025

Unha fermosa imaxe da nosa vila.

🧺✨ Un día de feira ✨🧺

Nesta fotografía da década de 1970, podemos ver a confluencia da actual Rúa de Castelao coa Praza do Hospìtal, e a Praza de América e o colexio Santa María ao fondo. Unha escea capturada hai máis de cincoenta anos, permítenos mergullarnos nun tempo no que a feira era moito máis ca un mercado: era un punto de encontro, de conversa, de troco e de comunidade.

Véxanse os postos, as cestas de vimbio, a vestimenta da época… e ese movemento constante de xente que facía da feira un espazo de vida compartida.

📍 Unha imaxe do noso arquivo dixital

Para tod@s los vecinos de la Vila
08/04/2025

Para tod@s los vecinos de la Vila

Dirección

Rúa Real, Nº 29
Puentes De García Rodríguez
15320

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Lembranza da Vila publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Lembranza da Vila:

Atajos

Compartir