09/11/2026
Este venres volvimos a recibir a visita de Rafa Corral, de Abellamoura, aínda que nesta ocasión cambiamos as abellas por setas. Concretamente, achegounos ao mundo do cultivo de setas shiitake en tronco de carballo, algo que el tamén fai na súa finca (nunha paraxe pontesa marabillosa) para surtir a diversos restaurantes mediante o seu proxecto, Setabella_shiitake 😊
Rafa explicounos como funciona o micelio, como se reproducen as setas e de que maneira podemos cultivalas de forma artesanal, sen necesidade de ter hectáreas de chan nin de procesos industriais. Aprendimos un montón e, coma sempre, aproveitamos para ir resolvendo aquelas dúbidas que nos xurdían. E ningunha quedou sen resolver!
Ademáis, tivemos a sorte de poder achegarnos ás propias setas e ao micelio que trouxo como mostra: Tocamos, ulimos e observamos de preto as súas características. Porque non hai nada como aprender a través dos sentidos!
Moitas grazas, Rafa, por volver a compartir connosco os teus coñecementos e por abrirnos a porta a un mundo tan curioso e interesante. Quen sabe se despois da túa visita acabamos facendo experimentos de cultivo de shiitake 🥰🥰🥰