26/10/2026
🫂Convidámosvos a participar nas "Xornadas Colectivas de Coidados" que preparamos para o Día Internacional das Persoas Coidadoras. Nestas xornadas o coidado será o foco central, pero desde unha perspectiva colectiva, desde a comunidade.
No primeiro lugar, faremos unha actividade de autocoñecemento más creativa e artística para axundarnos a "destapar" as nosas inseguridades, da mán da nosa Promotora de Igualdade, Lúa Vila Blanco. Despois, a Asociación Española Contra o Cancro da Coruña ofrecerá unha charla de sensibilización sobre o cancro de mama. A continuación, faremos unha pequena pausa con petiscos para fortalecer as conexións dentro do grupo e coñecernos mellor e, finalmente, para pechar a xornada, faremos unha actividade centrada nos coidados colectivos, da mán da nosa Terapeuta Ocupacional, Beatriz Riaño Castro.
📍O xoves 5 de Novembro, ás 10:30 na Casa da Cultura de Pontedeume.
📍O venres 6 de Novembro, ás 10:30 no local Social da Asociación Veciñal As Campeiras (As Pontes).
É completamente gratuíto, só precisades traer unha esterilla e un mandilón.
Agardamos, para crear con vós un espazo seguro para o coidado e o coñecemento.
📝Prazas limitadas, apúntate para participar. Tlf. 981 44 06 68 (extensión 3)
Programa enmarcado no noso programa "Familias coidadoras", financiado polas axudas para fins sociais da Conselleria de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF.