Eomaia Fundacion

Cómo llegar Página web

Eomaia Fundacion O obxectivo social de Eomaia é aprocura da calidade de vida, igualdade de oportunidades e diversidade

💜 Primeiro encontro de DELAS: feitoO mércores 14 de outubro reunímonos no Multiusos de Ponteareas coa Lourdes González, ...
26/10/2026

💜 Primeiro encontro de DELAS: feito

O mércores 14 de outubro reunímonos no Multiusos de Ponteareas coa Lourdes González, da oficina de apoio ao emprendemento da MAIV de Vigo, para falar do paso do traballo informal ao formal: que implica darse de alta como autónoma, que axudas hai e por onde empezar.

Unha mañá de preguntas, dúbidas compartidas e conversa entre mulleres do Condado-Paradanta. Grazas a todas as que viñestes e a Lourdes por acompañarnos.

E agora, o seguinte paso.

O segundo encontro de DELAS está pensado especialmente para aquelas mulleres que teñen unha idea, un oficio ou ganas de emprender no rural… e non queren facelo soas. Nace do que escoitamos nas entrevistas de 2025: a necesidade de cooperar, compartir recursos e crear proxectos en comunidade.

Emprendemento colectivo e economía social dende unha perspectiva feminista
Con Helena Sanmamede Helena Sanmamede Maneiro
📅 Mércores 4 de novembro · 10:30 a 13:30 h
📍 Ludoteca de Ponteareas · Parque da Curuxeira, Avda. Sarmiento Rivera, s/n

Esperámosvos. Ven coas túas preguntas e coa túa idea. 💜

Fun feliz sen darme conta ✍️🌿Taller de escritura creativaImos escribir historias de personaxes que descobren que son fel...
22/10/2026

Fun feliz sen darme conta ✍️🌿
Taller de escritura creativa

Imos escribir historias de personaxes que descobren que son felices no mesmo momento en que o son: unha tarde calquera, unha cociña chea de xente, un camiño de volta á casa.

📅 Sábado 7 de novembro
🕐 12:00
📍 Sala de cultura do Concello de Mondariz Balneario
✍️ Imparte: Lucía Fernández Abuchdid A Rede
📝 Inscrición: 692 502 676

DELAS: Ciclo de charlas de apoio a mulleres que habitan no ruralO ano pasado escoitámosvos.Agora, damos o seguinte paso ...
21/10/2026

DELAS: Ciclo de charlas de apoio a mulleres que habitan no rural

O ano pasado escoitámosvos.
Agora, damos o seguinte paso xuntas.

En 2025 percorremos o Condado-Paradanta entrevistando a mulleres rurais. Moitas contáronnos o mesmo: ideas que non saen adiante por facelo soas, traballo que non se ve e falta de apoios para emprender. Desas conversas nace esta formación.

Emprendemento colectivo e economía social dende unha perspectiva feminista Con Helena Sanmamede Helena Sanmamede Maneiro

Se tes unha idea, un oficio ou ganas de crear algo no rural, ven descubrir como cooperar, compartir recursos e emprender en comunidade.

Mércores 4 de novembro · 10:30 a 13:30 h
Charla + conversatorio
📍 Ludoteca de Ponteareas · Parque da Curuxeira, Avda. Sarmiento Rivera, s/n
Entrada libre

💚 A muller boa é a que non soa!!Durante xeracións dixéronnos que a muller boa era a que calaba, aguantaba e tiraba para ...
19/10/2026

💚 A muller boa é a que non soa!!

Durante xeracións dixéronnos que a muller boa era a que calaba, aguantaba e tiraba para adiante soa.

Hoxe dámoslle a volta ao refrán: a muller boa é a que non está soa, a que ten outras mulleres ao seu carón, a que comparte, escoita e se fai escoitar.

Convidámoste a un encontro vivencial sobre muller e rural: unha mañá para mirarnos, contarnos e recoñecernos no que vivimos as mulleres que habitamos no rural, dende o corpo, a palabra e a experiencia compartida.
Coordina: Xoana Baz

📅 Sábado 24 de outubro
⏰ 11:00 a 13:30 h
📍 Teleclub de Luneda (A Cañiza)

📞 Reserva a túa praza: 622 730 749 (Xoana)

💜 DELAS · Ciclo de charlas de apoio a mulleres que habitan no ruralVivir no rural tamén é poder decidir como queremos tr...
10/10/2026

💜 DELAS · Ciclo de charlas de apoio a mulleres que habitan no rural

Vivir no rural tamén é poder decidir como queremos traballar, vivir e organizarnos. DELAS nace de escoitar a mulleres do Condado-Paradanta: dúbidas sobre como darse de alta como autónoma, ganas de emprender en compañía, a falta de transporte, a importancia de ter comunidade e de coñecer os nosos dereitos.

Por iso propoñemos ferramentas concretas para gañar independencia e poder realizarnos, cada unha ao seu xeito:

🌼 Mércores 14 de outubro · 10:30–13:30 h
Paso do traballo informal a formal
Con Lourdes González (oficina de apoio ao emprendemento da MAIV, Vigo). Que implica darse de alta en autónomos e que axudas hai.
📍 Multiusos de Ponteareas, Rúa Doctor Fernández Vega, s/n

🌼 Mércores 4 de novembro
Emprendemento colectivo e economía social dende unha perspectiva feminista
Con Helena Sanmamede. Porque xuntas chegamos máis lonxe.

🌼 Mércores 25 de novembro
Procesos de separación e custodia, ferramentas e implicancias
Coa avogada Sara Rodríguez Vila. Información clara para decidir con liberdade.

Cada encontro é charla e conversatorio: ven coas túas preguntas e coa túa experiencia. Este ciclo é o primeiro paso cara a unha oficina de atención para mulleres rurais en 2027.

EconomíaSocial

O corpo ✍️🌿O sábado 3 de outubro celebramos o taller de escritura creativa O corpo, impartido por Lucía Fernández Abuchd...
07/10/2026

O corpo ✍️🌿O sábado 3 de outubro celebramos o taller de escritura creativa O corpo, impartido por Lucía Fernández Abuchdid unha homenaxe ás mulleres rurais e aos territorios que as fan florecer.

Foi unha mañá de palabra, memoria e corpo, e saíron textos fermosos, valentes... Grazas a cada persoa que veu escribir e escoitar.

Desde a Fundación Eomaia traballamos para que estas actividades teñan financiamento e sexan sen custo para as asistentes. Grazas tamén ao Concello de Mondariz Balneario por cedernos o espazo 💛

👁️ Damoslle un descanso á nosa mirada?Pasamos o día diante de pantallas, letras pequenas e luces artificiais, e os ollos...
06/10/2026

👁️ Damoslle un descanso á nosa mirada?

Pasamos o día diante de pantallas, letras pequenas e luces artificiais, e os ollos tamén cansan. Neste obradoiro de Visión Natural e Educación Visual aprenderemos hábitos e exercicios sinxelos para mirar con menos esforzo e coidar a vista no día a día.

Guíanos Alicia Quiñones Medrano, óptica-optometrista e educadora visual.

📅 Sábado 17 de outubro · 17:00 h
📍 As Cortellas, Padróns (Ponteareas)
📞 Reserva a túa praza: 600 685 573 (prazas limitadas)

Eomaia

DELAS 🟣 Autonomía e traballo 🟣 Ciclo de charlas de apoio a mulleres que habitan no rural14 de outubro · Día das mulleres...
06/10/2026

DELAS 🟣 Autonomía e traballo 🟣 Ciclo de charlas de apoio a mulleres que habitan no rural

14 de outubro · Día das mulleres rurais
Do traballo informal ao formal
Con Lourdes González (oficina de apoio ao emprendemento da MAIV, Vigo)

📍Multiusos de Ponteareas · Rúa Doctor Fernández Vega, s/n · 10:30–13:30 h (charla + conversatorio)

4 de novembro
Emprendemento colectivo e economía social dende unha perspectiva feminista
Con Helena Sanmamede e Mariola Mourelo (50Pés)

25 de novembro · Día contra a violencia machista
Separación e custodia: ferramentas e implicancias
Con a avogada Sara Rodríguez Vilar

Outubro na comarca 🍂Programación de encontros, talleres e teatro comunitario:Sábado 3 de outubro · 12:00 — O corpo · Tal...
06/10/2026

Outubro na comarca 🍂Programación de encontros, talleres e teatro comunitario:

Sábado 3 de outubro · 12:00 — O corpo · Taller de escritura creativa · Mondariz Balneario

Venres 9 de outubro · 18:00 — Encontro LGTBIQA+ · Librería Porto, Ponteareas

Mércores 14 de outubro · 10:30–13:30 — DELAS: do traballo informal ao formal · Ponteareas

Sábado 17 de outubro · 17:00 — Visión Natural · As Cortellas (Padróns)

Domingo 18 de outubro · 10:30–13:30 — A muller boa e a que non soa · Luneda

Sábado 31 de outubro · 17:00 — Visión Natural · Arbo, San Xoán Vello

DELAS 🟣 Autonomía e traballoCiclo de charlas de apoio a mulleres que habitan no rural**14 de outubro** · Día das mullere...
05/10/2026

DELAS 🟣 Autonomía e traballo

Ciclo de charlas de apoio a mulleres que habitan no rural

**14 de outubro** · Día das mulleres rurais
Do traballo informal ao formal
Con Lourdes González (oficina de apoio ao emprendemento da MAIV, Vigo)
📍**Multiusos de Ponteareas** · Rúa Doctor Fernández Vega, s/n · 10:30–13:30 h (charla + conversatorio)

**4 de novembro**
Emprendemento colectivo e economía social dende unha perspectiva feminista
Con Helena Sanmamede e Mariola Mourelo (50Pés)

**25 de novembro** · Día contra a violencia machista
Separación e custodia: ferramentas e implicancias
Con a avogada Sara Rodríguez Vilar

Dirección

Puenteareas
36860

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Eomaia Fundacion publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos


Otros Servicios comunitarios en Ponteareas

Ver Todo