Asociación sociocultural Cedofeita

Cómo llegar Página web

Asociación sociocultural Cedofeita Contribuíndo a un maior coñecemento do labor de recuperación, restauración e difusión do noso patrimonio. Lérez. Pontevedra.

O Venres Cultural Cedofeita deste mes de outubro estivo dedicado á presentación do cómic Castelao en Pontevedra (1916-19...
31/10/2026

O Venres Cultural Cedofeita deste mes de outubro estivo dedicado á presentación do cómic Castelao en Pontevedra (1916-1936) da autoría de Miguel Pérez Ramudo.

Miguel Pérez Ramudo (Cambados 1996) é un apaixonado dos medios gráficos. Conta cunha notable experiencia na elaboración de biografías de personalidades da cultura galega utilizando viñetas. No ano 2020 obtivo o primeiro premio Xuventude Crea na categoría de banda diseñada.

O cómic Castelao en Pontevedra (1916-1936) estrutúrase como un diario no que o protagonista vainos levando polos momento máis salientables da súa vida: a Asemblea Nacionalista de Lugo (1918), a viaxe a Francia, Bélxica e Alemaña (1921), a publicación do álbum Nós (1931), o desterro en Badaxoz (1934), a súa elección como deputado, a aprobación do estatuto de Galicia, o tráxico levantamento militar e o exilio.
Agora cómpre deleitarse coa lectura e g***r dunhas ilustracións preciosistas que destacan polo coidado esmerado nos detalles e un refinamento técnico que consegue unha estética de gran beleza visual.

Presentación do libro "Castelao en Pontevedra" este venres 30 de outubro na Casa da Cultura de Lérez, ás 20:30h. O seu a...
25/10/2026

Presentación do libro "Castelao en Pontevedra" este venres 30 de outubro na Casa da Cultura de Lérez, ás 20:30h. O seu autor, o cambadés Miguel Pérez Ramudo asinará exemplares.

Hoxe presentouse o número 29 da nosa revista na  . O acto estivo coordinado por Xosé L. Estévez Solla e contou coa inter...
14/10/2026

Hoxe presentouse o número 29 da nosa revista na . O acto estivo coordinado por Xosé L. Estévez Solla e contou coa intervención da xornalista Milagros Bará Viñas e o investigador José M. Pidre Novás. Os dous especialistas achegaron detalles sobre os seus traballos nesta edición, centrados en acontecementos históricos rexistrados en Lérez en séculos pasados e na xa desaparecida leprosería da Virxe do Camiño.
O noso agradecemento aos ponentes, aos colaboradores da revista e aos lectores fies, así como ao público asistente.

Reseña na prensa escrita do último número da nosa revista, da nan de Milagros Bará. Un alegato ás novas xeneracións para...
11/10/2026

Reseña na prensa escrita do último número da nosa revista, da nan de Milagros Bará. Un alegato ás novas xeneracións para a continuación desta andaina, que leva xa 29 anos.

Casa das Campás en Pontevedra. Mércores 14, ás 20:00h. Presentación da revista n° 29 de Cedofeita. Agardámosvos!
08/10/2026

Casa das Campás en Pontevedra. Mércores 14, ás 20:00h. Presentación da revista n° 29 de Cedofeita. Agardámosvos!

Onte tivo lugar a presentación do n° 29 da revista «Cedofeita» na Casa da Cultura de Lérez.Interviron: -  , autor do art...
26/09/2026

Onte tivo lugar a presentación do n° 29 da revista «Cedofeita» na Casa da Cultura de Lérez.

Interviron:
- , autor do artigo sobre a emigración a Cuba dos seus antepasados, os "Reisiños";
- , que falou do nacemento e a evolución da que foi a súa empresa, AER;
- que achegounos á época na que Lérez foi berce de toureiros.
A coordinación correu a cargo de .
O noso agradecemento a todos eles e ao público asistente por estar aí.

Setembro remata coa presentación dun novo número da nosa revista.
21/09/2026

Setembro remata coa presentación dun novo número da nosa revista.

Hoxe, penúltimo día para visitar a Mostra Fotográfica en Lérez.  Horario  de tarde dende as 19:00 ás 22:00 horas.De mañá...
08/08/2026

Hoxe, penúltimo día para visitar a Mostra Fotográfica en Lérez.
Horario de tarde dende as 19:00 ás 22:00 horas.
De mañá, dende as 11:00 ás 14:00 horas.
Non a perdades!?

A prensa faise eco da Mostra fotográfica de  .Faro de Vigo
08/08/2026

A prensa faise eco da Mostra fotográfica de .
Faro de Vigo

As fotografías familiares son un testemuño visual que conserva a historia e a identidade dos seres queridos. Funcionan c...
07/08/2026

As fotografías familiares son un testemuño visual que conserva a historia e a identidade dos seres queridos. Funcionan como un refuxio emocional e un legado que conecta ás distintas xeracións dunha familia. E ademais, teñen un valor histórico, social e cultural por achegaren información que non se atopa noutros documentos escritos.
A colección fotográfica de Teri Torres e Enrique Pousa, ámbolos dous entusiastas da fotografía, son un bo exemplo.
Mosteiro de Lérez.
Ata o domingo 9 de agosto.
Horario: 11:00 a 14:00 horas
19:00 a 22:00 horas.

Dirección

Lérez
36156

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Asociación sociocultural Cedofeita publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos