GDR Pontevedra Morrazo

Cómo llegar Página web

GDR Pontevedra Morrazo Dende setembro de 2008.

O GDR Pontevedra Morrazo é unha asociación público-privada, sen ánimo de lucro, constituída por entidades do ámbito económico, social, cultural, veciñal, medioambiental ou profesional.

🌱 QUE PAISAXE QUEREMOS PARA O FUTURO? A paisaxe galega cambiou profundamente. O abandono de terras, a transformación dos...
30/10/2026

🌱 QUE PAISAXE QUEREMOS PARA O FUTURO?

A paisaxe galega cambiou profundamente. O abandono de terras, a transformación dos usos e a continuidade da vexetación, xunto coas condicións climáticas e outros factores, condicionan a vulnerabilidade do territorio fronte aos incendios forestais.🔥

Comprender esta realidade é necesario, pero non suficiente. Tamén cómpre decidir que paisaxe queremos e como facela posible.

Con este obxectivo, o GDR Pontevedra Morrazo organiza as xornadas «Paisaxes resilientes: do diagnóstico á acción», dous encontros para analizar as causas do problema e explorar alternativas de xestión.

🌿 2 DE NOVEMBRO | ENTENDER PARA TRANSFORMAR
Como chegamos á paisaxe actual? Que relación existe entre abandono, estrutura territorial e risco? Que poden achegar os mosaicos agroforestais, a biodiversidade, a recuperación de usos e a xestión comunitaria?

🌳 3 DE NOVEMBRO | PLANIFICAR PARA ACTUAR
Como mobilizar a terra e aplicar a planificación? Que oportunidades ofrecen os sistemas agroforestais, a diversificación produtiva e os aproveitamentos do monte? Como conseguir que a xestión sexa tamén viable economicamente?

Dous días de relatorios e debate con especialistas e representantes de experiencias do territorio para conectar diagnóstico, planificación e acción.

📍 Pazo da Cultura de Pontevedra
🕔 17:00–20:30 h

👉 Inscríbete e participa: https://forms.gle/kaWbGHyXHjZQ4KWh9

28/10/2026

🎥🌿 A RESILIENCIA NON SE IMPROVISA. CONSTRUÍMOLA ENTRE TODAS E TODOS.

A prevención dos incendios forestais non comeza nin remata coa extinción. Require comprender como se transforma a paisaxe, recuperar a súa diversidade e avanzar cara a unha xestión activa do territorio, capaz de combinar sustentabilidade ambiental, actividade económica e vida no rural. 🌿

🔥 Logo da campaña «Paisaxes resilientes contra o lume, o momento é agora!», damos un paso máis: abrimos un espazo para compartir coñecemento, contrastar experiencias e debater sobre como facer posibles eses cambios.

🌱 Como pasar dunha paisaxe vulnerable a outra máis resiliente❓ Que ferramentas permiten mobilizar e xestionar o territorio❓ Como compatibilizar prevención, biodiversidade e rendibilidade❓
Estes son algúns dos retos que abordaremos nas xornadas «Paisaxes resilientes: do diagnóstico á acción», con especialistas e experiencias reais do ámbito da investigación, a planificación e a xestión territorial.

📅 2 e 3 de novembro
📍 Pazo da Cultura de Pontevedra
🕔 De 17:00 a 20:30 h

💚 O reto non é só afrontar o lume, senón construír paisaxes mellor preparadas para o futuro.

👉 INSCRICIÓN: https://forms.gle/kaWbGHyXHjZQ4KWh9
👉 PROGRAMA:https://www.gdrpontevedramorrazo.eu/web/images/2023-2027/Programa_Paisaxes-Resilientes_Do-diagnostico-a-accion.pdf

CoidarAPaisaxe ConstruírTerritorio

🌿 PAISAXES RESILIENTES: DO DIAGNÓSTICO Á ACCIÓNComo podemos construír unha paisaxe máis resiliente fronte aos incendios ...
26/10/2026

🌿 PAISAXES RESILIENTES: DO DIAGNÓSTICO Á ACCIÓN
Como podemos construír unha paisaxe máis resiliente fronte aos incendios forestais❓ Que factores nos trouxeron ata aquí e que cambios necesitamos para avanzar cara a un territorio máis diverso, activo e sostible❓

O GDR Pontevedra Morrazo organiza dúas xornadas para abordar estas cuestións da man de especialistas e persoas con experiencia directa na investigación, a planificación territorial e a xestión do monte.

🔎 📅 LUNS 2 DE NOVEMBRO | O DIAGNÓSTICO: DA PAISAXE VULNERABLE Á PAISAXE RESILIENTE
Analizaremos a evolución da paisaxe, o abandono dos usos e os novos escenarios de lume. Abordaremos tamén as alternativas para construír a paisaxe que queremos: 🌱 diversidade ecolóxica, mosaicos agroforestais, recuperación de usos, mobilización da terra e xestión comunitaria.

🌳 📅 MARTES 3 DE NOVEMBRO | DA PLANIFICACIÓN Á ACCIÓN: XESTIÓN INTEGRAL E RENDIBILIDADE
Como transformar a planificación en xestión efectiva? Falaremos de ordenación e mobilización da terra, sistemas agroforestais, diversificación produtiva, aproveitamentos e rendibilidade, a partir de ferramentas e experiencias reais de xestión do territorio.

🎙️ Dúas tardes de relatorios especializados e mesas de debate para conectar coñecemento científico, planificación e experiencias prácticas, e avanzar cara a propostas de futuro.

📍 Pazo da Cultura de Pontevedra
🕔 De 17:00 a 20:30 h

🔥 A prevención estrutural dos incendios tamén se constrúe antes de que chegue o lume.
💚 Participa e axúdanos a avanzar cara a un territorio máis resiliente!

👉 INSCRÍBETE e participa nas xornadas 📝https://forms.gle/kaWbGHyXHjZQ4KWh9

👉 Consulta e descarga o PROGRAMA completo 📄https://www.gdrpontevedramorrazo.eu/web/images/2023-2027/Programa_Paisaxes-Resilientes_Do-diagnostico-a-accion.pdf

📢 APROBADAS AS AXUDAS DOS PROXECTOS LEADER 2026! 🌱A Xunta Directiva do GDR Pontevedra Morrazo aprobou a proposta de sele...
20/10/2026

📢 APROBADAS AS AXUDAS DOS PROXECTOS LEADER 2026! 🌱

A Xunta Directiva do GDR Pontevedra Morrazo aprobou a proposta de selección de 20 proxectos, tras tramitar 33 expedientes. Catro iniciativas produtivas quedan na lista de agarda.

💶 1.011.059,08 € en axudas concedidas
🏗️ 3,43 millóns de euros de investimento aceptado
👥 36,91 postos de traballo previstos para consolidar e crear
✅ Comprometidos todos os fondos previstos para as distintas tipoloxías nas anualidades correspondentes.

🤝 Proxectos empresariais, servizos colectivos e iniciativas que contribúen a dinamizar o territorio e crear oportunidades.

🌱 COOPERAR PARA POÑER EN VALOR O TERRITORIO.O GDR Pontevedra Morrazo celebrou en Carballedo un Encontro territorial para...
09/10/2026

🌱 COOPERAR PARA POÑER EN VALOR O TERRITORIO.

O GDR Pontevedra Morrazo celebrou en Carballedo un Encontro territorial para avanzar na consolidación da Vía Mariana Luso-Galaica, un proxecto que conecta patrimonio, cultura e paisaxe e que aspira a contribuír á dinamización económica das zonas rurais.

💙 Grazas a todas as persoas e entidades asistentes pola súa participación e polas achegas realizadas. A vosa implicación é esencial para identificar oportunidades e construír unha ruta conectada coas necesidades reais do territorio.

🤝 Este traballo forma parte dun proxecto de cooperación cofinanciado con fondos LEADER no marco do PEPAC 2023-2027, que aposta pola colaboración entre territorios e pola valorización dos recursos locais.

🌿 Seguimos sumando esforzos para transformar o patrimonio nunha oportunidade de futuro para o rural.

🌿 Que futuro queremos para o noso rural?Compartimos esta entrevista a Rafael Llamas, que deixa unha idea moi clara: detr...
04/10/2026

🌿 Que futuro queremos para o noso rural?

Compartimos esta entrevista a Rafael Llamas, que deixa unha idea moi clara: detrás de LEADER non hai só fondos ou proxectos. Hai persoas, empresas, asociacións, servizos, emprego e territorios que queren seguir vivos.

🤝 Durante tres décadas, os Grupos de Acción Local demostraron que coñecer o territorio e traballar desde abaixo funciona: favorece a participación, impulsa a innovación e crea oportunidades onde máis se necesitan.

⚠️ Por iso nos preocupa o novo escenario financeiro europeo. LEADER non pode quedar ao azar das decisións nacionais: precisa compromiso e financiamento garantido.

💚 Desde o GDR Pontevedra Morrazo defendemos un rural con capacidade para decidir, innovar e construír o seu propio futuro.



Entrevista completa en La Voz de Galicia sobre o presente e o futuro do LEADER 👇

Los cambios propuestos en la PAC ponen en riesgo los fondos de desarrollo rural, que llevan 30 años ayudando a los pueblos asegura el presidente de la red española

🌿 VÍA MARIANA LUSO-GALAICA | ENCONTRO TERRITORIALA Vía Mariana Luso-Galaica continúa avanzando e queremos facelo contand...
01/10/2026

🌿 VÍA MARIANA LUSO-GALAICA | ENCONTRO TERRITORIAL
A Vía Mariana Luso-Galaica continúa avanzando e queremos facelo contando contigo. 🤝
O próximo xoves 8 de outubro, ás 19:00 h, celebraremos un Encontro territorial no Centro Cultural Antón Fraguas, en Carballedo (Cerdedo-Cotobade).
Dirixido ás persoas, empresas, asociacións, comunidades de montes e entidades dos concellos de A Lama, Ponte Caldelas, Cerdedo-Cotobade e Campo Lameiro.
Neste encontro presentaremos o proxecto de cooperación LEADER Vía Mariana Luso-Galaica e, sobre todo, escoitaremos as achegas, ideas e propostas das persoas e entidades do territorio.
🚶‍♀️ Unha ruta que conecta Galicia e Portugal
🏛️ Patrimonio e cultura
🌱 Desenvolvemento rural
🤝 Participación e cooperación
📍 Centro Cultural Antón Fraguas | Carballedo, Cerdedo-Cotobade
📅 8 de outubro | 19:00 h
Contamos contigo para facer camiño xuntos! 💙

12/08/2026

🌒 Para momentos así non fai falta moito.

Boa compañía, unha copa de viño, un bo lugar... e tempo para contemplar un espectáculo que non se repite todos os días. ✨
Que desfrutedes deste eclipse e de todos eses instantes que merecen ser vividos con calma.

Saúde. 🥂✨

🍷⛰️ Hoxe puxemos o broche final ás Xornadas de Enoturismo das IXP de Viño de Galicia coa presentación da Ruta dos Viños ...
15/07/2026

🍷⛰️ Hoxe puxemos o broche final ás Xornadas de Enoturismo das IXP de Viño de Galicia coa presentación da Ruta dos Viños entre Montañas, correspondente á IXP Terras do Navia.

A Casa do Cazador de Negueira de Muñiz reuniu a representantes institucionais, adegas, profesionais do sector e público interesado para descubrir un territorio onde a viticultura de montaña, a paisaxe e o patrimonio forman parte dunha mesma historia.

Durante a mañá, o antropólogo Rafael Quintía presentou este novo itinerario enoturístico e Luis Paadín (Paadín Wines) guiou unha cata comentada na que as persoas asistentes puideron degustar viños das adegas Bodega da Señora, Adega Sidrón, Adega Panchín, Adega Cancelada e Adega Vizcaín, acompañados de produtos do territorio.

Pola tarde, a experiencia continuou cunha visita guiada polos recursos que integran a ruta e cunha nova cata, permitindo coñecer de primeira man a riqueza natural, cultural e vitivinícola das Terras do Navia.

🍇 Con esta última xornada pechamos un ciclo que percorreu as cinco IXP de Viño de Galicia, achegando o enoturismo a preto de 500 persoas e demostrando que o viño é unha excelente porta de entrada para descubrir o noso territorio.

Grazas a todas as persoas, entidades e adegas que fixeron posible este proxecto. Seguimos traballando para que os sigan levando a esencia de Galicia cada vez máis lonxe. 🍷💚

EnoturismoIXP ViñosGalegos RutasIXP

🌊🍷 A Ruta dos Viños Oceánicos navega con máis forza.O Mosteiro de Poio converteuse no punto de encontro de persoas e ent...
05/07/2026

🌊🍷 A Ruta dos Viños Oceánicos navega con máis forza.

O Mosteiro de Poio converteuse no punto de encontro de persoas e entidades comprometidas cunha nova forma de descubrir o Morrazo: a través dos seus viños, da súa paisaxe, do seu patrimonio e da súa cultura.

🍇 As seis adegas da IXP compartindo os seus viños.
🥂 Catas comentadas.
🌿 Un itinerario que une mar, territorio e identidade.

Queremos expresar o noso máis sincero agradecemento ás adegas da IXP Ribeiras do Morrazo, ás institucións, aos concellos, aos profesionais do turismo e da hostalaría, aos Grupos de Desenvolvemento Rural, aos relatores e, especialmente, a todas as persoas que nos acompañastes nesta viaxe. 🤗👏👏👏

Porque o enoturismo constrúese entre todas e todos.
💙 Grazas por facer medrar este proxecto.

Dirección

Os Campos, 19 Mourente
Pontevedra
36164

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando GDR Pontevedra Morrazo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir