28/10/2026
O pasado luns 26 de outubro estivemos no CIFP A Xunqueira, levando a cabo unha sensibilización para o alumnado do 1º curso do Ciclo Superior de Integración Social, no marco do módulo de Promoción da Autonomía Persoal
A nosa coordinadora, Paula, explicou o traballo que facemos na entidade, mentres que Óscar, usuario do programa de Emprego Con Apoio, rematou a sesión contando a súa experiencia persoal e laboral. Grazas a Irene, profesora deste ciclo e ao alumnado pola gran acollida que nos deron e o interese que mostraron.