03/09/2026
💙🛍️ O GALEGO ESTÁ DE MODA… e este luns sae á rúa en Pontevedra!
O galego é proximidade, confianza, identidade. É a lingua que escoitamos nas nosas rúas e tamén a que cada día está presente detrás de moitos mostradores.
Por iso, desde AEMPE sumámonos a “O galego está de moda”, unha campaña da Deputación de Pontevedra que pon en valor o uso da nosa lingua no comercio local e a súa presenza no día a día dos nosos negocios.
📅 Luns, 7 de setembro
🕚 A partir das 11:00 h
📍 Praza da Peregrina · Pontevedra
Estaremos na Peregrina coa presentación e reparto de bolsas e chapas da campaña, achegando esta iniciativa a comerciantes, clientela e cidadanía.
Porque mercar no comercio local tamén é apoiar aquilo que nos identifica, nos conecta e fai territorio.
💬 O comercio local fala galego.
🛍️ Mercar en galego tamén é tendencia.
Achégate pola Peregrina e únete á campaña! 💙