06/11/2026
🗓 O pasado 22 de outubro recibimos no Botánico a agradable visita do CEIP Xunqueira2 .
🌿 Foi unha experiencia inmersiva ao 100% na natureza, na que o foco se puxo en facer aos nenos sabedores dunha pequena parte da historia do Parque de Castiñeiras, e tamén do autóctono millo corvo.
💚 Esperamos que a experiencia lles quede gravada, ainda que sexa un chisquiño, e cando volvan teñan un bonito recordo do Botánico e do Parque.