Festa da Pita

Festa da Pita Esta é a páxina oficial no facebook da Festa da Pita (o Entroido d'As Eiroás - Ourense) Entroido d'As Eiroás

🎭 Neste 2026, a máscara da Pita celebra o seu 25º Entroido, desde aquel 1 de febreiro de 2002 no que se presentou na Cas...
25/02/2026

🎭 Neste 2026, a máscara da Pita celebra o seu 25º Entroido, desde aquel 1 de febreiro de 2002 no que se presentou na Casa Veciñal das Eiroás. Trátase dunha máscara do século XXI, feita de vagar dentro do proxecto de dinamización que supuxo a recuperación do Entroido das Eiroás.
Tal día coma hoxe, pero un ano antes (no 2001), tiña lugar o Desfile de Ourense, no que os inicios da máscara da Pita —daquela só a carauta— participaron por vez primeira. A carauta vira a luz o 18 de febreiro dese mesmo ano, no Domingo Oleiro das Eiroás 💜

Así foi a fin de semana do Entroido desta
19/02/2026

Así foi a fin de semana do Entroido desta

Nos días gordos do Entroido, tanto a festa e a Pita teñen distintos momentos, participando en distintos actos, dentro e fóra do barrio. Este ano, o desfile do entroido do CEIP Virxe de Covadonga fo…

Estamos preparando as novas no web coas imaxes deste súltimos días, que son abondo para xestionar así nun primeiro día d...
18/02/2026

Estamos preparando as novas no web coas imaxes deste súltimos días, que son abondo para xestionar así nun primeiro día de coresma :) Deixamos, polo de agora, este par de fotos de distintos momentos da Voda. Grazas, Raquel Carreira polo teu bo ollo e a túa xenerosidade

Xa vai estando todo preparado (ou case) para a  , mañá ás 13 horas na praza das Eiroás
16/02/2026

Xa vai estando todo preparado (ou case) para a , mañá ás 13 horas na praza das Eiroás

Hoxe estivemos no CEIP As Mercedes, que xa fora escola amiga da Pita fai 10 anos, no 2016, e atopamos varias portas moi ...
11/02/2026

Hoxe estivemos no CEIP As Mercedes, que xa fora escola amiga da Pita fai 10 anos, no 2016, e atopamos varias portas moi ben decoradas 😍😍😍. Mañá achegarémonos até Carballeda de Avia e iremos poñendo fin ás visitas escolares por este ano https://festadapita.wordpress.com/2026/02/11/a-pita-nas-escolas-2/

Falan de nós
09/02/2026

Falan de nós

A Festa da Pita, un dos entroidos máis longos da cidade, arrancou xa o pasado 1 de febreiro, co Domingo Fareleiro

08/02/2026

En menos dunha hora, as Pitas serán as encargadas de baixar as olas até a praza das Eiroás e dar comezo á celebración dunha nova xornada de Domingo Oleiro.
Pero antes de que isto ocorra, queremos ir 10 anos atrás e lembrar aquela vez que baixamos unhas olas até a praza do Correxidor unha vez rematada a xornada festiva nas Eiroás.
Para esta aventura, contamos coa colaboración da Ac Auriense e da Troba do bugallo (Elisa, Evinha, Juanjo e Simón)... Que bo é ter memoria, e que mellor aínda conservar algún video ou imaxe deses momentos

Estes días andamos na EscolaTour 2026 :D Onte estivemos en , a escola amiga da Pita neste 2026, e sorprendeunos o fantás...
05/02/2026

Estes días andamos na EscolaTour 2026 :D Onte estivemos en , a escola amiga da Pita neste 2026, e sorprendeunos o fantástico traballo de decoración que fixeron coas olas da festa. Grazas, amigas e amigos

Talvez a choiva ou a urxencia por limpar o farelo, fixo que alguén esquecera o seu medio de locomoción na praza das Eiro...
01/02/2026

Talvez a choiva ou a urxencia por limpar o farelo, fixo que alguén esquecera o seu medio de locomoción na praza das Eiroás e deunos por ponhelo baixo teito. Se é teu, non deixes de te poñer en contacto con nós ou recollelo o vindeiro domingo no bar da comisión. Grazas

Hoxe arrinca a 28ª edición da Festa da Pita. Coa colga do Meco, ao redor da 1 do mediodía, bota a andar o entroido en to...
01/02/2026

Hoxe arrinca a 28ª edición da Festa da Pita. Coa colga do Meco, ao redor da 1 do mediodía, bota a andar o entroido en todo o termo municipal

O próximo domingo, 1 de febreiro dará comezo a 28ª edición da Festa da Pita, que -como ven sendo habitual- conta coas benzóns e as licencias oportunas das autoridades do barrio. Estas mesmas person…

Dirección

Orense
32001

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Festa da Pita publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir