Por eles TEA Ourense

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Por eles TEA Ourense Asociación sin ánimo de lucro

🩵 FUNDACIÓN CELTA E AUTISMO GALICIA O pasado domingo, 18 de outubro, dúas familias de Por Eles TEA tiveron a oportunidad...
30/10/2026

🩵 FUNDACIÓN CELTA E AUTISMO GALICIA

O pasado domingo, 18 de outubro, dúas familias de Por Eles TEA tiveron a oportunidade de asistir a un partido no estadio ABANCA Balaídos e coñecer o novo espazo sensorial habilitado polo RC Celta, a través da súa Fundación, en colaboración coa Federación Autismo Galicia.

Esta iniciativa piloto busca ofrecer un espazo seguro, tranquilo e adaptado ás necesidades das persoas autistas, favorecendo que poidan desfrutar do fútbol nun contorno máis accesible e inclusivo.

Desde Por Eles TEA, agradecemos esta invitación e celebramos iniciativas que contribúen a eliminar barreiras e a crear oportunidades de participación para as persoas autistas e as súas familias. ♾️⚽🫱🏻‍🫲🏼

FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA Celta

🟡 NOVO PROGRAMA DE ACOMPAÑAMENTO A PERSOAS ADULTAS AUTISTAS A vida adulta trae consigo novos retos no día a día, e conta...
28/10/2026

🟡 NOVO PROGRAMA DE ACOMPAÑAMENTO A PERSOAS ADULTAS AUTISTAS

A vida adulta trae consigo novos retos no día a día, e contar cos apoios adecuados pode marcar a diferenza. 💛♾️

Desde Por Eles TEA poñemos en marcha un programa de acompañamento individualizado, práctico e adaptado ás necesidades de cada persoa, para afrontar situacións concretas e avanzar cara ao propio proxecto de vida.

✨ Un programa flexible, con apoios puntuais e sen necesidade de acompañamento continuado.

💛 Dirixido a todas as persoas adultas autistas, pertenzan ou non á nosa entidade.

📩 Queres saber máis? Contacta connosco!

📢 Buscamos Psicólogo/a Xeneral Sanitario/a! 📍Ourense - 🕒 Media xornada (con previsión de ampliación) Se es psicólogo/a x...
21/10/2026

📢 Buscamos Psicólogo/a Xeneral Sanitario/a!

📍Ourense - 🕒 Media xornada (con previsión de ampliación)

Se es psicólogo/a xeneral sanitario e apaixónache traballar con persoas con TEA e as súas familias, queremos coñecerche.

🔷 Requisitos:
✔️ Grao/Licenciatura en Psicoloxía.
✔️ Máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria.
✔️ Colexiación vixente.

🌟 Valorarase formación e experiencia en TEA, atención temperá, traballo con familias e SAAC.

👉🏼 Contrato indefinido.
👉🏼 Salario segundo convenio.
👉🏼 Incorporación a un equipo multidisciplinar especializado.

📅 Incorporación inmediata prevista.

📥 Envía o teu CV a [email protected] indicando no asunto: “Psicólogo/a Xeneral Sanitario/a”.

ourense

💚 VI PASEO DA SAÚDE NA VALENZÁO pasado venres, 16 de outubro, estivemos presentes no VI Paseo da Saúde da Valenzá . 🫂✨Qu...
21/10/2026

💚 VI PASEO DA SAÚDE NA VALENZÁ

O pasado venres, 16 de outubro, estivemos presentes no VI Paseo da Saúde da Valenzá . 🫂✨

Queremos agradecer a todas as persoas que se achegaron a coñecernos, compartir experiencias, resolver dúbidas, buscar orientación e colaborar coa nosa entidade.

Foi unha oportunidade para escoitarnos, crear vínculos e seguir achegando o autismo á comunidade. ♾️💚

Grazas por dedicar un anaquiño do voso tempo a compartir esta xornada connosco e por axudarnos a seguir medrando! 🫶🏻

🩷 PRESENTÁMOSVOS O PROGRAMA AVANZA A transición á vida adulta trae consigo novos retos nos ámbitos persoal, formativo, l...
19/10/2026

🩷 PRESENTÁMOSVOS O PROGRAMA AVANZA

A transición á vida adulta trae consigo novos retos nos ámbitos persoal, formativo, laboral e social. Para as persoas autistas, esta etapa pode verse dificultada pola falta de apoios específicos e de recursos adaptados ás súas necesidades.

Por iso nace AVANZA, un programa destinado a acompañar ás persoas autistas neste proceso, promovendo a autonomía persoal, a autodeterminación e a participación na comunidade.

Porque avanzar non significa facelo todo de golpe, senón contar cos apoios e as oportunidades necesarias para comprenderse, tomar decisións e construír o propio camiño. ✨

Xa temos dispoñible a nosa Lotería de Nadal de Por Eles TEA! ✨🍀Este ano podes compartir a ilusión do Nadal e, ao mesmo t...
15/10/2026

Xa temos dispoñible a nosa Lotería de Nadal de Por Eles TEA! ✨🍀

Este ano podes compartir a ilusión do Nadal e, ao mesmo tempo, colaborar coa nosa entidade.

🎟️ Décimos e participacións para que poidas colaborar connosco e compartir esta ilusión con familiares, amizades e persoas próximas.

Cada achega axúdanos a seguir medrando e traballando polas persoas autistas e as súas familias.

🍀 E ti, xa tes a túa lotería?

📩 Se queres conseguir o teu décimo ou participacións, contacta connosco!

Moita sorte e grazas por formar parte de Por Eles TEA! ♾️🫂

🩵 POR ELES TEA OURENSE, PRESENTE NA XUNTA DIRECTIVA DE AUTISMO GALICIAHoxe compartimos unha nova moi especial para a nos...
06/10/2026

🩵 POR ELES TEA OURENSE, PRESENTE NA XUNTA DIRECTIVA DE AUTISMO GALICIA

Hoxe compartimos unha nova moi especial para a nosa entidade. ✨😇

A nosa vicepresidenta, María Dolores Losada, pasa a formar parte da Xunta Directiva da Federación Autismo Galicia, representando a Por Eles TEA Ourense e asumindo a responsabilidade da Tesourería.

Un paso que nos permite seguir levando a voz das persoas autistas e das súas familias desde Ourense e contribuír, xunto ao resto de entidades da Federación, á defensa dos seus dereitos e á mellora dos apoios e servizos en toda Galicia.

A incorporación de Por Eles TEA supón tamén dar visibilidade á realidade da nosa provincia, ás súas particularidades e ás necesidades que existen; especialmente no ámbito rural, onde a dispersión xeográfica e a falta de recursos especializados nas zonas máis afastadas dos núcleos urbanos, impactan directamente no día a día de moitas familias.

Estamos moi contentos de que María represente a nosa entidade neste novo camiño e de poder seguir construíndo rede, sumando voces e traballando xuntos por unha Galicia máis accesible e inclusiva. ♾️🫂

SERVIZO DE ACOLLIDA E INFORMACIÓN ℹ️Acabas de recibir un diagnóstico de TEA e non sabes que facer a continuación?Non coñ...
29/09/2026

SERVIZO DE ACOLLIDA E INFORMACIÓN ℹ️

Acabas de recibir un diagnóstico de TEA e non sabes que facer a continuación?
Non coñeces os recursos, trámites ou axudas aos que podes acceder?

Desde Por Eles TEA ofrecémosche un espazo de acollida, orientación e información para acompañarte neste proceso e axudarche a coñecer os recursos e servizos dispoñibles.

📖 Le, infórmate e coñece o servizo.
E se precisas máis información, contacta connosco. 🤎

Porque durante o camiño poden xurdir moitas preguntas. Non tes por que afrontalas sen apoio. 🫂✨

VISITA DO ALUMNADO DE ENFERMERÍA 🧑🏻‍⚕️💙Hoxe tivemos o pracer de recibir na nosa asociación a un grupo de alumnos da Esco...
23/09/2026

VISITA DO ALUMNADO DE ENFERMERÍA 🧑🏻‍⚕️💙

Hoxe tivemos o pracer de recibir na nosa asociación a un grupo de alumnos da Escola Universitaria de Enfermaría de Ourense da UVigo. 💉📚

Durante a visita, compartimos un espazo de sensibilización e achegamento ao autismo, falando sobre as necesidades das persoas autistas e sobre a importancia de ofrecer unha atención sanitaria comprensiva, accesible e adaptada a cada persoa.

Este tipo de encontros son tamén unha oportunidade para concienciar, seguir creando comunidade e achegar o autismo á sociedade. 💪🏼♾️

Grazas por visitar a nosa asociación e por compartir esta xornada connosco! ✨

🧗‍♀️💚 ESTREAMOS ROCÓDROMOS!Seguimos mellorando as nosas instalacións e, esta vez, deseñamos dous novos rocódromos para o...
17/09/2026

🧗‍♀️💚 ESTREAMOS ROCÓDROMOS!

Seguimos mellorando as nosas instalacións e, esta vez, deseñamos dous novos rocódromos para ofrecer novas experiencias de xogo e movemento. ✨

E aos nosos pequenos… parece que lles están gustando moito! 🤩💪🏼

Dirección

Francisco Huertas Y Vega N°1 Bajo
Orense
32004

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 13:00
16:00 - 20:00
Martes 09:00 - 13:00
16:00 - 20:00
Miércoles 09:00 - 13:00
16:00 - 20:00
Jueves 09:00 - 13:00
16:00 - 20:00
Viernes 09:00 - 13:00
16:00 - 20:00

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Por eles TEA Ourense publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Por eles TEA Ourense:

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos