Galeuropa AUCE 2018

Galeuropa AUCE 2018 Axudas para realización de prácticas formativas en entidades en Lisboa. Xullo-novembro. Apoio íntegro dende AUCE (Galicia) e o CLUBE (Portugal). < 30anos

A Asociación Universitaria de Ciencias da Educación AUCE presentou un proxecto dentro do "Programa de Mobilidade Transnacional Xuvenil Galeuropa 2017” que, de ser aprobado, suporá a xestión dun total de 12 mobilidades, 8 a Lisboa (Portugal) e 4 a Brescia (Italia). A través deste proxecto, as persoas seleccionadas poderían realizar prácticas formativas acordes ao seu perfil e intereses durante tre

s meses. A xestión de AUCE, xunto coas entidades parceiras, suporía a:

•SELECCIÓN de participantes, PRIORIZANDO persoas con perfil e FORMACIÓN na área SOCIAL e/ou EDUCATIVA.

•Procura de entidades de PRÁCTICAS acordes ao PERFIL e INTERESES das persoas.

•COBERTURA da ESTADÍA (procura e pagamento do aloxamento, gastos das viaxes de ida e volta, cartos “de peto” para manutención, seguros, etc.).

•Realización dun curso gratuíto de FORMACIÓN LINGÜÍSTICA.

•Celebración de tres SEMINARIOS no país de acollida, nos que traballar o DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL E PERSOAL, ademais de potenciar a experiencia de mobilidade.

•ORIENTACIÓN e APOIO CONTINUO por parte das mentoras galegas e as dos países de acollida. Para poder optar a este Programa é preciso ser beneficiario/a do Sistema de Garantía Xuvenil. O "Programa de Mobilidade Transnacional Xuvenil Galeuropa”, con cargo ao Programa Operativo de Emprego Xuvenil, cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo, consiste nunha liña de axudas para a realización de prácticas formativas non remuneradas na Unión Europea (tanto en empresas coma entidades, públicas ou privadas).

Dirección

Facultade De Ciencias Da Educación
Orense
32004

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 13:00
Martes 10:00 - 13:00
Miércoles 10:00 - 13:00
Jueves 10:00 - 13:00
Viernes 10:00 - 13:00

Teléfono

646398967

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Galeuropa AUCE 2018 publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Galeuropa AUCE 2018:

Compartir