24/04/2026
🥈🥇🥇 Valeria Batire, galega natural de Oroso, e o seu can Azkar, un greyster de 3 anos, proclamáronse en 2025 subcampións mundiais, campións de España e campións da Copa de España de Canicross
💪 Estes tres títulos recoñecen o esforzo, a constancia e o traballo en equipo dunha xove deportista galega cunha sólida traxectoria na disciplina, levando o nome de Galicia ao máis alto nivel