28/05/2026
O Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova inaugurará o vindeiro 𝟐𝟖 𝐝𝐞 𝐱𝐮𝐧̃𝐨, no Auditorio Municipal Ilduara de Celanova, a exposición 𝑷𝒓𝒆𝒔𝒂𝒔 𝒆 𝑴𝒆𝒔𝒕𝒓𝒂𝒔. 𝑨 𝒓𝒆𝒑𝒓𝒆𝒔𝒊𝒐́𝒏 𝒔𝒐𝒃𝒓𝒆 𝒂𝒔 𝒎𝒖𝒍𝒍𝒆𝒓𝒆𝒔 𝒏𝒂 𝒄𝒐𝒎𝒂𝒓𝒄𝒂 𝒅𝒆 𝑪𝒆𝒍𝒂𝒏𝒐𝒗𝒂, que poderá visitarse até o 𝟏𝟕 𝐝𝐞 𝐱𝐮𝐥𝐥𝐨.
🗝️ A mostra recupera a memoria de máis de 𝟱𝟬 𝗺𝗲𝘀𝘁𝗿𝗮𝘀 𝗰𝗼𝗻 𝗲𝘀𝗰𝗼𝗹𝗮 𝗻𝗮 𝗰𝗼𝗺𝗮𝗿𝗰𝗮 𝗱𝗲 𝗖𝗲𝗹𝗮𝗻𝗼𝘃𝗮 que foron sometidas a expedientes disciplinares tras o golpe de estado de xullo de 1936 polos militares sublevados, e de máis de 𝟭𝟯𝟬 𝗺𝘂𝗹𝗹𝗲𝗿𝗲𝘀 𝗱𝗮 𝗽𝗿𝗼𝘃𝗶𝗻𝗰𝗶𝗮 𝗱𝗲 𝗢𝘂𝗿𝗲𝗻𝘀𝗲 que sufriron prisión en Celanova entre 1936 e 1950. Nomes, historias e vidas que durante décadas permaneceron silenciadas.
__________
📌
A exposición é o resultado dun traballo rigoroso de investigación e recuperación documental coordinado pola 𝗰𝗼𝗺𝗶𝘀𝗮𝗿𝗶𝗮 𝗥𝗼𝘀𝗮 𝗖𝗶𝗱 𝗚𝗮𝗹𝗮𝗻𝘁𝗲, e cun deseño gráfico e maquetación de grande calidade a cargo de 𝗔𝗱𝗿𝗶𝗮𝗻𝗮 𝗣𝗲́𝗿𝗲𝘇, autora tamén do cartel que se presenta hoxe.
👁️🗨️
Este proxecto non tería sido posible sen a contribución das familias que abriron os seus arquivos e memorias: González Franco, Gómez Del Valle, Torres Díaz, González Álvarez, Durán Alonso, Quintas Gómez, Quintas Martínez e Rodríguez Meiriño. Tampouco sen os testemuños orais de Paz Gómez-Del Valle Ochoa, María Gómez-Del Valle Ochoa, María Antonia Rodríguez Pérez, Ana Quintas Martínez, María Ángeles Pérez, Alejandro Rodríguez e Laura Fernández Iglesias, e a colaboración persoal de 𝗔𝘂𝗿𝗼𝗿𝗮 𝗠𝗮𝗿𝗰𝗼, 𝗗𝗼𝗺𝗶𝗻𝗴𝗼 𝗥𝗼𝗱𝗿𝛊́𝗴𝘂𝗲𝘇 𝗧𝗲𝗶𝗷𝗲𝗶𝗿𝗼 e 𝗝𝗼𝘀𝗲́ 𝗟𝘂𝗶𝘀 𝗕𝗮𝗰𝗲𝗹𝗮𝗿 𝗙𝗲𝗿𝗻𝗮́𝗻𝗱𝗲𝘇, a quen o Comité lles expresa o seu sincero agradecemento.
__________
📌
Tras Celanova, a exposición itinerará por 𝗔 𝗕𝗼𝗹𝗮 (xullo) e 𝗩𝗲𝗿𝗲𝗮 (agosto), en datas por concretar, e coa intención de volver á vila en setembro para se mostrar nos centros de ensino antes de continuar o percorrido polos concellos da comarca.
Celanova Concello Amigos da República Comité pola Memória Histórica do Val do Límia Arquivo Histórico Provincial de Ourense Fundación Luís Tilve Fundación Curros Enríquez Fundación Moncho Reboiras Facultade de Historia de Ourense Vía Lethes