AVV Santa Ana do Pino

Cómo llegar

AVV Santa Ana do Pino ¿PARA QUÉ SIRVE LA ASOCIACIÓN DE VECINOS? nuestra respuesta es:
¡Para defender tus intereses!
?

📢 ¡XORNADA DE CONVIVENCIA VECIÑAL! 🥖🥩🧀Chega unha nova edición da xornada de convivencia entre as AAVV da periferia e do ...
09/10/2026

📢 ¡XORNADA DE CONVIVENCIA VECIÑAL! 🥖🥩🧀
Chega unha nova edición da xornada de convivencia entre as AAVV da periferia e do perímetro rural. Unha oportunidade perfecta para xuntarnos, compartir e pasar un gran día en comunidade.

📅 Cando: Domingo, 18 de outubro de 2026
⏰ Hora: 14:00 h
📍 Onde: Campo da Feira

🍽️ Menú do Xantar:
• Empanada
• Xamón e queixo do país
• Carne ó caldeiro (tenreira galega)
• Chorizo e castañas
• Bebida e postre

🎶 E para amenizar a festa, contaremos con animación musical!

🎟️ Prezo:
• Socias/os das AAVV integradas: 20€
• Público en xeral: 30€

⚠️ IMPRESCINDIBLE ANOTARSE!
Anota na túa asociación veciñal ata o 13 de outubro.

Non faltes, agardámoste! 🙌👥

🚌 NON AO ILLAMENTO DO PINO. BUS EFICAZ.O barrio do Pino leva meses sufrindo un empeoramento da súa mobilidade.Primeiro f...
30/06/2026

🚌 NON AO ILLAMENTO DO PINO. BUS EFICAZ.

O barrio do Pino leva meses sufrindo un empeoramento da súa mobilidade.

Primeiro foi a reorganización das liñas de autobús, que eliminou conexións directas e obrigou a facer transbordos para ir ao Hospital, e mesmo complicou os desprazamentos diarios dos estudantes e traballadores.

Agora, co corte da N-120, a situación é aínda peor.

O barrio non pide privilexios. Pide un autobús útil, adaptado ás necesidades reais da veciñanza, xa que esta realidade aféctanos a todos: persoas maiores, traballadores, estudantes e familias

Non queremos máis autobuses. Queremos un BUS EFICAZ.

🔥 Así vivimos o noso Serán do San Xoán 2026. 🔥Hoxe vivimos unha desas tardes-noites que fan barrio e fan comunidade.Quer...
27/06/2026

🔥 Así vivimos o noso Serán do San Xoán 2026. 🔥

Hoxe vivimos unha desas tardes-noites que fan barrio e fan comunidade.

Queremos dar as grazas a todas as veciñas e veciños que participastes e, moi especialmente, ao fantástico equipo de voluntarias e voluntarios que organizou a festa, preparou a comida, serviu as mesas e fixo posible que todo saíse tan ben.
@
Compartimos unha selección de fotografías para lembrar unha xornada chea de convivencia, música, risas e moi bo ambiente.

Vémonos na próxima! ❤️

🔥 Chega o Serán do San Xoán a   Santa Ana do Pino! 🔥Veciños e veciñas, xa hai data para celebrar o noso San Xoán. Agárda...
16/06/2026

🔥 Chega o Serán do San Xoán a Santa Ana do Pino! 🔥

Veciños e veciñas, xa hai data para celebrar o noso San Xoán. Agárdanos unha xornada de convivencia, música e veciñanza.

📅 Detalles do evento:
Data: Sábado 27 de xuño de 2026.
Hora: Ás 20:00 horas.
Lugar: Campo da Feira.

🍽️ Menú:
Empanada.
Churrasco.
Chorizos.
Postre.

💰 Prezos:
Socias: 8 €
Non socias: 13 €
Nenas/os: Gratis.

⚠️ INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA ANOTARSE:
A data límite para apuntarse é o martes 24 de xuño. As inscricións pódense realizar directamente na asociación ou na farmacia.
¡Contamos con vós para desfrutar desta gran noite en comunidade!

🔥 Agardámosvos para compartir unha gran noite de San Xoán!

📢 COMUNICADO OFICIAL DA AVV SANTA ANA DO PINOAnte as declaracións en redes do alcalde de Ourense, a Xunta Directiva quer...
30/05/2026

📢 COMUNICADO OFICIAL DA AVV SANTA ANA DO PINO
Ante as declaracións en redes do alcalde de Ourense, a Xunta Directiva quere aclarar á veciñanza e á opinión pública a realidade dos feitos con DATOS e DOCUMENTOS REXISTRADOS:

✅ NON HAI MANIPULACIÓN, HAI DEMOCRACIA:

Rexeitamos tallantemente as acusacións do alcalde. Esta asociación limítase a trasladar o que o barrio decide en asemblea. Os veciños sabemos perfectamente que o túnel da N-120 é do Estado (e leva 3 meses abandonado sen obras), pero o transporte urbano é competencia única do Concello.

✅ AVISAMOS POR ESCRITO ANTES DE EMPEZAR:

O 16 de maio (dous días antes de que comezara o bus) presentamos un escrito oficial avisando de que a liña curta en bucle que deseñou o Concello iba ir baleira porque non era útil para o día a día do barrio. Os datos de baixa ocupación danlle a razón aos veciños, non ao alcalde.

✅ A NOSA PROPOSTA REAL CONSTA EN PAPEL:

Pedimos estender o percorrido ata o Parque de San Lázaro con paradas reais en zonas de alta demanda (As Caldas, 12 de Outubro, Curros Enríquez) e dar servizo polas tardes e fins de semana para estudantes e traballadores.

✅ DATOS REAIS FRONTE A VÍDEOS: O alcalde fala de distancias que non se corresponden coa realidade.
Dende as Torres do Pino ata a parada á altura do centro cívico hai exactamente unha distancia de 520 metros, un treito excesivo para moitas persoas maiores.

✅ Os datos coñecidos ata o momento confirman as nosas preocupacións.

Sinalar posibles deficiencias dun servizo público non é confrontación política. É unha obriga cando se pretende que os recursos públicos sexan útiles para os veciños.

Lamentamos as acusacións de manipulación realizadas contra esta asociación, que sempre actuou de forma transparente, democrática e documentada.

Seguiremos defendendo os intereses do barrio e solicitando diálogo co Concello para buscar unha solución útil e eficaz para todos.

📄 (Tedes o comunicado completo enviado aos medios de comunicación nas imaxes de abaixo)

30/04/2026
🚨 ACTO DE REIVINDICACIÓN 🚨Pola reapertura DO VÍAL e que restauren A CIRCULACIÓN E O SERVIZO DE BUS URBANO que está pecha...
30/04/2026

🚨 ACTO DE REIVINDICACIÓN 🚨

Pola reapertura DO VÍAL e que restauren A CIRCULACIÓN E O SERVIZO DE BUS URBANO que está pechado dende fai meses impedindo coller o Bus nas Torres do Pino sentido Ourense co conseguinte perxuicio pra toda a población do Barrio: nenos pra escola, traballadores e maiores que teñen que ir o Centro de Saúde.

📅 DÍA: 2 de MAIO de 2026
🕢 HORA: 11:00 da MAÑÁ
LUGAR: PARADA do BUS das TORRES do PINO

Dirección

Torres Do Pino, Bloque Norte Local 7
Orense
32001

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando AVV Santa Ana do Pino publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir