31/10/2026
📢 Hoxe a Tenda Solidaria Anajatera permanecerá pechada.
Queremos aproveitar para dar as grazas de corazón a todas as persoas que onte vos achegastes ao noso mercadiño solidario de Samaín para visitarnos, colaborar e levar algunha das nosas cousiñas. 💚
E, por suposto, grazas por mercar as nosas galletas artesás, feitas con tanto agarimo polas nosas voluntarias. 🥰🍪 Sabemos que vos gustaron moitísimo e iso fainos moi felices!
Cada visita, cada compra e cada xesto de apoio axúdanos a seguir adiante e a continuar traballando polos animais que máis nos necesitan. 🐾❤️
Desexámosvos unha moi boa fin de semana! Grazas por estar aí e por formar parte da familia Anajatera. 💚🐾