05/11/2026
Mercadiño de xogos, xoguetes e libros de segunda man! 🎁
Gustaríavos que os vosos xogos e libros volveran ter uso nas mans doutro neno/a?
🥳 O sábado 28 de novembro pola mañá organizamos un MERCADIÑO DE SEGUNDA MAN de XOGOS, XOGUETES E LIBROS na Praza Jaime Cabot (xunto ao auditorio) en Mondoñedo.
Ademais do mercadiño, haberá:
✅ un espazo de pintura para colorear adornos de nadal
✅ música a cargo da Escola de Música O Pallarego
✅ e chocolate e biscoito de balde, ofrecido pola ANPA.
Contamos con todas/os vós. 😊
A recollida dos artigos será:
• Os luns de 15.30 a 16.30 h e os venres de 16.30 a 17.30 h na Aula da ANPA (no colexio novo) ata o luns 23 inclusive.
• Tamén podes chamarnos ao teléfono da ANPA para acordar xuntas outro momento de entrega.
• Os artigos deberán estar en bo estado e serán vendidos no mercadiño co obxecto de recadar fondos para a Asociación de nais e pais do cole para a organzación de actividades.
• É un evento aberto a todo o mundo.
Calquera suxerencia, podedes escribirnos por privado.
[email protected] - 📞 722 809 478
Colabora a Escola de Música "O Pallarego" Concello de Mondoñedo.