Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo

Cómo llegar

Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo Asociación que ten o propósito de promocionar a cultura e actividades xuvenís no concello de Alfoz

🎄✨ O Nadal chega a Alfoz! ✨🎄Xa temos data para o IV Mercado de Nadal de Alfoz! ❤️🎁📅 Domingo, 6 de decembro🤫 E ata aquí p...
12/10/2026

🎄✨ O Nadal chega a Alfoz! ✨🎄
Xa temos data para o IV Mercado de Nadal de Alfoz! ❤️🎁

📅 Domingo, 6 de decembro

🤫 E ata aquí podemos ler… Moi pronto, máis novidades!
📌 Anota a data no calendario e prepárate para vivir o Nadal en Alfoz! ❤️✨

🍂🍄 ANDAINA Á FRAGA VELLA 🍄🍂A través dos camiños da Fraga Vella, gozaremos dunha xornada de sendeirismo en plena natureza...
09/10/2026

🍂🍄 ANDAINA Á FRAGA VELLA 🍄🍂

A través dos camiños da Fraga Vella, gozaremos dunha xornada de sendeirismo en plena natureza. 🌿🍂 Unha oportunidade para descubrir a riqueza do noso entorno e coñecer mellor as setas que agroman no outono. 🍄

📍 Saída: Concello de Alfoz
🕘 Hora: 9:00 h
💪🏼 Nivel: Intermedio
🚌 Servizo de autobús

💶 PREZOS
💚 Socios/as: 8 €
💚 Non socios/as: 12 €

📢 PRAZAS LIMITADAS! Anótate antes do 28 de outubro.

📞 617 29 97 98
📞 635 82 43 66

🌿 Anímaste a descubrir connosco a Fraga Vella? Agardámoste! 💚

Presentámosvos o merchandising da Festa dos Choferes! 🧢👕Camisetas, gorras e gorros para que non che falte detalle nesta ...
31/07/2026

Presentámosvos o merchandising da Festa dos Choferes! 🧢👕

Camisetas, gorras e gorros para que non che falte detalle nesta edición da festa. 💙

Poderás conseguilos na "caseta" da asociación. Non quedes sen o teu! 🚛✨🎉

🚛🎉 AGORA SI... arrincamos cos PRECHOFERES!Comezamos a quentar motores para celebrar o 60 aniversario da Festa dos Chofer...
29/07/2026

🚛🎉 AGORA SI... arrincamos cos PRECHOFERES!
Comezamos a quentar motores para celebrar o 60 aniversario da Festa dos Choferes.

Deixámosvos os horarios de mañá para que non perdades detalle. Vémonos para dar comezo a unha fin de semana chea de festa! 🕺🏻🪩🚛⛺️

Hoxe queremos compartir con vós un deseño moi especial, elaborado con moito mimo por Xose Blanco Lopez, para conmemorar ...
26/07/2026

Hoxe queremos compartir con vós un deseño moi especial, elaborado con moito mimo por Xose Blanco Lopez, para conmemorar os 6️⃣0️⃣ anos da nosa festa.
Unha vez máis, Xosé Blanco volveu poñer o seu talento e a súa creatividade ao servizo desta celebración, creando tamén o deseño das camisetas que nos acompañarán nesta edición tan especial. ✨
Queremos agradecerlle de corazón a súa implicación, a súa xenerosidade e o cariño que lle pon, ano tras ano, a cada cartel e a cada deseño. Grazas por formar parte da historia da nosa festa e por axudarnos a darlle imaxe a tantos recordos. ❤️

🚨 Traemos novidades🚨  Volvemos subir o cartel con algunhas actualizacións de última hora que non podedes perder. 👀  Bóta...
16/07/2026

🚨 Traemos novidades🚨

Volvemos subir o cartel con algunhas actualizacións de última hora que non podedes perder.
👀 Bótalle un ollo e vai apuntando a data.

¡Agardámoste!"

14/06/2026

Recordades o ben que o pasamos o ano pasado? 🤩

Pois o mesmo ambiente e a mesma enerxía espérante dentro de só 4️⃣7️⃣ días‼️

Quenes vides este ano? 👇🏼

Alerta CARTELAZO ‼️‼️‼️ A Festa dos Choferes cumpre 60 anos e, por iso, queremos facer unha festa que estea á altura. Is...
03/05/2026

Alerta CARTELAZO ‼️‼️‼️

A Festa dos Choferes cumpre 60 anos e, por iso, queremos facer unha festa que estea á altura.
Isto é un adianto do que imos vivir o 31 de xullo, 1 e 2 de agosto.

Agardamos non defraudarvos ✨

✏️A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo convoca, un ano máis, o certame de narración e debuxo polo día das letras ga...
02/05/2026

✏️A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo convoca, un ano máis, o certame de narración e debuxo polo día das letras galegas.✏️

🩵 Nesta edición, a figura homenaxeada é Begoña Caamaño, destacada xornalista, escritora e activista galega.
As obras deberán xirar arredor da temática das Letras Galegas.

📅 O prazo de entrega das obras remata o día 29 de maio.

📩 Poderedes entregar as vosas creacións na biblioteca municipal de Alfoz ou envialas á seguinte dirección de correo electrónico: [email protected]

🔗 Recordade complementar as obras coa folla de datos que atoparedes nas bases, ás que podedes acceder premendo na seguinte ligazón:
https://drive.google.com/file/d/1txirvbSfyNqY1Jd60_kKiVG4yzrXcfn7/view?usp=sharing

✨📚 Un ano máis, a contadora de contos  visitará o noso concello!A través das súas historias, coñeceremos a vida e a obra...
27/04/2026

✨📚 Un ano máis, a contadora de contos visitará o noso concello!

A través das súas historias, coñeceremos a vida e a obra de Begoña Caamaño, autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2026. 💜🩵

Esperámosvos a todas e todos o mércores 13 de maio! ✨

Dirección

Lugo
27776

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos