Asociación Irmandade San Caetano

Cómo llegar

Asociación Irmandade San Caetano Asociación Irmandade San Caetano (Celeiro de Mariñaos) Barreiros

Fantástica iniciativa do Concello de Barreiros que poderemos disfrutar en Celeiro de Mariñaos. Se queres vir á actividad...
21/10/2026

Fantástica iniciativa do Concello de Barreiros que poderemos disfrutar en Celeiro de Mariñaos. Se queres vir á actividade a Celeiro non dubidedes en contactar con calquera de nós. E recordade que teremos o Magosto este domingo.

🧩 𝗢 𝗖𝗢𝗡𝗖𝗘𝗟𝗟𝗢 𝗗𝗘 𝗕𝗔𝗥𝗥𝗘𝗜𝗥𝗢𝗦 𝗣𝗢𝗡 𝗘𝗡 𝗠𝗔𝗥𝗖𝗛𝗔 𝗨𝗡 𝗣𝗥𝗢𝗚𝗥𝗔𝗠𝗔 𝗗𝗘 𝗧𝗔𝗟𝗟𝗘𝗥𝗘𝗦 𝗖𝗢𝗠𝗨𝗡𝗜𝗧𝗔𝗥𝗜𝗢𝗦 𝗡𝗔𝗦 𝗣𝗔𝗥𝗥𝗢𝗤𝗨𝗜𝗔𝗦 𝗗𝗢 𝗠𝗨𝗡𝗜𝗖𝗜𝗣𝗜𝗢

🗓️ O Concello de Barreiros porá en marcha, entre os meses de novembro de 2026 e xuño de 2027, un programa de actividades de dinamización comunitaria nas distintas parroquias do municipio a través do obradoiro de emprego Máis Talento que actualmente desenvolve a súa labor nos concellos de Barreiros e Ribadeo.

𝗔𝗰𝘁𝗶𝘃𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲𝘀 𝘃𝗮𝗿𝗶𝗮𝗱𝗮𝘀 𝗲 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝘁𝗼𝗱𝗼𝘀 𝗼𝘀 𝗽𝘂́𝗯𝗹𝗶𝗰𝗼𝘀

A oferta de talleres é variada e está pensada para dar resposta aos intereses e necesidades de cada comunidade. Englobaranse tres grandes liñas de traballo:

- 𝗧𝗮𝗹𝗹𝗲𝗿𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝗺𝗮𝗻𝘂𝗮𝗹𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲𝘀 𝗲 𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀𝗮𝗻𝗶́𝗮🎨, que incluirán modelado e pintura en cerámica, pintura en lenzo, elaboración de xabóns e candeas artesanais, entre outras propostas.

- 𝗧𝗮𝗹𝗹𝗲𝗿𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝗿𝗶𝘀𝗼𝘁𝗲𝗿𝗮𝗽𝗶𝗮😄 orientados ao benestar e á conexión social.

- 𝗧𝗮𝗹𝗹𝗲𝗿𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝗺𝗲𝗺𝗼𝗿𝗶𝗮 𝗼𝗿𝗮𝗹 𝗯𝗮𝗶𝘅𝗼 𝗼 𝘁𝗶́𝘁𝘂𝗹𝗼 “𝗧𝗲𝘀𝗼𝘂𝗿𝗼𝘀 𝘃𝗶𝘃𝗼𝘀”,💎 centrados na recompilación de tradicións, testemuños e encontros interxeracionais para preservar a historia local.

🆓 Todas as actividades serán de balde para as persoas participantes e realizaranse en horario de mañá nos locais municipais das distintas parroquias.

𝗖𝗼𝗺𝗼 𝗽𝗮𝗿𝘁𝗶𝗰𝗶𝗽𝗮𝗿

📩 Para facilitar a organización, o Concello de Barreiros trasladou a información aos colectivos asociativos das distintas parroquias (asociacións de veciños e culturais) para que sexan estas as que trasladen o interese en participar e conformen un grupo no local municipal da súa parroquia.

⚠️ Para poder pór en marcha un taller será necesario reunir un mínimo de oito persoas (sexan ou non desa parroquia).

📧 As asociacións interesadas deberán poñerse en contacto coa área de Dinamización e Participación Veciñal do Concello de Barreiros antes do 6 de novembro a través do correo electrónico [email protected]

19/10/2026
22/08/2026

🎭 𝗨́𝗟𝗧𝗜𝗠𝗔 𝗖𝗜𝗧𝗔 𝗗𝗢 𝗣𝗥𝗢𝗚𝗥𝗔𝗠𝗔 𝗔 𝗩𝗢𝗟𝗧𝗔𝗦 𝗖𝗢𝗦 𝗖𝗢𝗡𝗧𝗢𝗦 𝟮𝟬𝟮𝟲

📍 Xan Veiga actuará este domingo en Celeiro de Mariñaos.

Nesta ocasión, contaremos coa presenza de Xan Veiga, que nos achegará o seu espectáculo "Son Chistorias". Risas, diversión e a mellor narración oral para pechar este ciclo por todo o alto.

📅Domingo, 23 de agosto
⏰ 20:30 horas
📍 Escolas de Celeiro de Mariñaos
🎟️ Entrada de balde

💙 Non faltes!

14/08/2026

E chega a Festa da Tortilla 2026

Animádevos a participar nos distintos concursos, só por participar levaredes uns detalles realmente especiais feitos polo noso amigo e colaborador, Xose Xeito de Cenor belianorte. Tamén teremos uns premios especiais para as mellores tortillas do concurso do sábado feitos pola amiga e veciña Olivia C. Rozas

E se queredes ser unha das 6 parellas participantes no Master Tortilla do domingo recordade anotarvos antes de que se esgoten as prazas!!

San Caetano Sempre!
Asociación Irmandade San Caetano

14/08/2026

Desde fai 40 anos é colaborador da romaría de San Caetano e encárgase da elección e coordinación do xurado do concurso de tortillas. Ademais, este ano foi o ...

08/08/2026

CHEGA o SAnN CAETANO!!
A XXIX Festa da Tortilla!

Sábado 15 e domingo 16 de agosto!!!

08/08/2026

Dirección

Celeiro De Mariñaos
Barreiros
27798

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Asociación Irmandade San Caetano publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos


Otros Organización sin ánimo de lucro en Barreiros

Ver Todo