Asociación Cuiden Maiores e Coidadores

Cómo llegar Página web

Asociación Cuiden Maiores e Coidadores Promover o benestar das persoas maiores como a das persoas coidadoras e familiares

Hai esquecementos que doen.Nomes que custan.Datas que desaparecen.Miradas que ás veces parecen buscar algo que antes est...
21/09/2026

Hai esquecementos que doen.
Nomes que custan.
Datas que desaparecen.
Miradas que ás veces parecen buscar algo que antes estaba aí.

Pero hai cousas que o Alzheimer non pode borrar.

Non borra unha vida enteira.
Non borra a dignidade.
Non borra todo o amor recibido.
E, sobre todo, non borra a necesidade de seguir estando aí. 💜

Porque mesmo cando as palabras faltan, unha man pode seguir falando.
Unha caricia pode seguir sendo refuxio.
Unha presenza pode seguir dicindo: “Estou contigo.”

Hoxe, 21 de setembro, Día Mundial do Alzheimer, queremos lembrar algo moi sinxelo:

Detrás da enfermidade segue estando a persoa. Sempre.

Acompañemos.
Escoitemos.
Coidemos.
Investiguemos.
E non deixemos nunca de mirar á persoa antes ca á enfermidade.

Cando a memoria se apaga, o cariño fai luz. 💜

Se esta mensaxe che chegou, compártea.
Quizais hoxe alguén necesite lela.

Asociación Cuiden Maiores e Coidadores

15 de xuño · Día Mundial de Toma de Conciencia do Abuso e Maltrato na VellezO maltrato ás persoas maiores non é só pegar...
14/06/2026

15 de xuño · Día Mundial de Toma de Conciencia do Abuso e Maltrato na Vellez

O maltrato ás persoas maiores non é só pegar.

Tamén é berrar.
Tamén é humillar.
Tamén é ignorar.
Tamén é controlar o seu diñeiro.
Tamén é falarlles mal.
Tamén é facelas sentir unha carga.
Tamén é abandonar.

E si:
tamén é violencia o que moitas veces vemos, escoitamos… e calamos.

Non podemos dicir que respectamos ás persoas maiores mentres seguimos normalizando palabras que doen, desprezos que afunden e silencios que abandonan.

As persoas maiores merecen dignidade, respecto e bo trato. Sempre.

O que non se nomea, repítese.

24/04/2026

O grupo de apoio mutuo reunirase cada quince días no Centro Social e nace como experiencia piloto de tres meses para acompañar a coidadores e coidadoras de persoas dependentes

24/04/2026

Lo vuelve a impulsar la Asociación Cuiden Maiores e Coidadores, comenzando el ribadense a partir del día 28

23/04/2026

La iniciativa, impulsada por el Concello y la Asociación Cuiden Maiores e Coidadores, ofrecerá un espacio de apoyo y acompañamiento a quienes cuidan de perso...

23/04/2026

Ribadeo, 23 de abril, 2026. O Concello de Ribadeo, en colaboración coa Asociación Cuiden Maiores e Coidadores, porá en marcha un novo Grupo de Apoio Mutuo (GAM) dirixido a familiares que coidan de persoas maiores no fogar. A iniciativa busca crear un espazo de encontro, escoita e apoio entre pers...

Ribadeo contará a partir do 28 de abril cun grupo para familiares que coidan dos seus maiores no fogar.Un espazo para co...
22/04/2026

Ribadeo contará a partir do 28 de abril cun grupo para familiares que coidan dos seus maiores no fogar.

Un espazo para compartir, sentirse acompañada/o e falar con outras persoas que tamén coñecen o que significa coidar no día a día.

📍 Ribadeo
📅 Comezamos o 28 de abril
🕓 Martes, de 16:00 a 17:30 h
✅ Gratuíto
📞 Inscrición previa: 644 032 222

Porque coidar non debería ser un camiño en soidade.

Dirección

Foz
27780

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Asociación Cuiden Maiores e Coidadores publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos