Cómo llegar Página web Contactar con la organización

FOCO Asociación para la Formación y Cooperación en Europa

O próximo 18 de outubro, FOCO únese á  limpeza de praias simultánea que terá lugar en toda a costa galega! Este é o plan...
13/10/2026

O próximo 18 de outubro, FOCO únese á limpeza de praias simultánea que terá lugar en toda a costa galega! Este é o plan:

11h. Limpeza colectiva da praia do Muíño. Paseo pola praia e recollida de lixo, a un ritmo tranquilo. Recomendamos levar calzado pechado e roupa cómoda. O punto de encontro será na entrada da praia, xunto á caseta de socorrismo.

13h. Pica-pica e mostra de micro-teatro de obxectos. A partir de materiais recuperados da praia, crearemos unha pequena peza teatral que dará paso a un coloquio acompañado dun picoteo. A actividade terá lugar no andar superior da cafetería A Rede, na Pasaxe, Camposancos.

Entre o 27 de setembro e o 4 de outubro acollimos en Lugo un grupo de 32 participantes de entre 18 e 25 anos no intercam...
07/10/2026

Entre o 27 de setembro e o 4 de outubro acollimos en Lugo un grupo de 32 participantes de entre 18 e 25 anos no intercambio xuvenil Duchás. Neste encontro, organizado por Crooked House Theatre Company , aprendemos e compartimos técnicas teatrais para abordar a crise climática. Participaron tamén Escola Teatre de La Seu d'Urgell Compañía Atalaya / Teatro TNT MOVE

Ademais de coordinar toda a acollida do grupo, impartimos dous obradoiros: un de teatro de obxectos con ÄŃSHĘL🌈 e outro de creación de espazos escénicos e dramaturxias visuais con , ambos empregando materiais reciclados e reutilizados.

Este sábado 3 de outubro, como parte do proxecto Os Precursores a Escena do Concello da Guarda, facilitamos un obradoiro...
28/09/2026

Este sábado 3 de outubro, como parte do proxecto Os Precursores a Escena do Concello da Guarda, facilitamos un obradoiro no que mergullarnos na creación escenas teatrais a partir de documentos xudiciais.

Esta actividade de mediación ocorrerá antes da presentación da peza O proceso, da compañía Malasombra, sobre o proceso xudicial contra Curros Enríquez. Tanto para este obradoiro como para ver a peza é necesario reservar entrada, que podedes atopar na nosa bio.

Dende FOCO organizamos durante este curso 2026-2027 un obradoiro de teatro xuvenil na Guarda para persoas de entre 13 e ...
08/09/2026

Dende FOCO organizamos durante este curso 2026-2027 un obradoiro de teatro xuvenil na Guarda para persoas de entre 13 e 17 anos.

Neste obradoiro semanal, as participantes familiarizaranse coas habilidades básicas teatrais (a interpretación, a voz, a xestualidade...) e experimentarán a creación e mostra dunha peza de teatro.

COMO INSCRIBIRME? Na nosa bio!

CANDO? Todos os martes, de 19:30 a 21:00, de outubro a xuño.

ONDE? No Centro Cultural da Guarda.

PARA QUEN? Persoas de entre 13 e 17 anos. Non son necesarios coñecementos teatrais previos.

CANTO CUSTA? Nada, son de balde.

CANDO COMEZAMOS? O 6 de outubro.

E máis información?
698 19 39 50
[email protected]

O próximo domingo 6 de setembro, ás 19:00, presentamos a nosa última creación fugaz. Estas son creacións que montamos e ...
01/09/2026

O próximo domingo 6 de setembro, ás 19:00, presentamos a nosa última creación fugaz. Estas son creacións que montamos e ensaiamos durante o mesmo día da súa estrea, e que presentamos ao público por primeira e única vez.

Nesta proposta, convidamos o público a axudarnos a tentar bater un récord mundial que roza o absurdo, pero cuxo éxito será máis difícil do esperado.

Un ano máis, dende FOCO, participamos en CUIMSIÚ, un curso internacional de formación Erasmus+ en Isparta (Turquía). Xun...
14/08/2026

Un ano máis, dende FOCO, participamos en CUIMSIÚ, un curso internacional de formación Erasmus+ en Isparta (Turquía). Xunto a participantes de Irlanda, Grecia, Italia, Polonia, Turquía, Cataluña e España, tivemos a ocasión de asistir a un programa formativo intensivo con obradoiros teatrais dirixidos por profesionais das artes escénicas.

No curso, centrado no uso de ferramentas teatrais para a integración de persoas migrantes, aprendemos a usar os viewpoints con Anna Galligan, teatro danza e movemento con Antigone Gyra, e cartoon commedia a partir da tradicional commedia dell’arte con Yassine Barkaoui.

Modelos Antilixentes foi un dispositivo escénico a medio camiño entre a instalación, a performance e o teatro site speci...
28/07/2026

Modelos Antilixentes foi un dispositivo escénico a medio camiño entre a instalación, a performance e o teatro site specific que presentamos durante a FOCOmostra de teatro os días 19 e 20 de xuño. Invitamos ao público a mergullarse nunha fábrica onde se fabrican os últimos modelos de intelixencia artificial e a testear o seu funcionamento.

Esta peza foi creada e interpretada polo noso grupo de xente moza de máis de 18 anos, que cada ano exploran formas non convencionais de facer teatro, traíndo ano tras ano á Guarda propostas experimentais e contemporáneas.

En outubro comezamos un novo grupo de teatro con persoas de máis de sesenta anos. Todas as semanas xuntámonos para descu...
21/07/2026

En outubro comezamos un novo grupo de teatro con persoas de máis de sesenta anos. Todas as semanas xuntámonos para descubrirmos no teatro outra forma de estar na Guarda.

Para finalizar este curso, enmarcado no proxecto europeo Le Chéile, mostramos Con.texto, unha peza na que escenas de creación colaborativa enlazan coa interpretación de textos teatrais clásicos e na que falamos moito de teatro e de que significa facer teatro nun momento das nosas vidas no que o lecer, a aprendizaxe e o goce parecen reservados para outras persoas.

A Guarda acolleu o 20 de xuño a representación da obra “Rebelión na Biblio”. Trátase dunha peza creada durante o todo o ...
14/07/2026

A Guarda acolleu o 20 de xuño a representación da obra “Rebelión na Biblio”. Trátase dunha peza creada durante o todo o curso 2025-2026 dentro dos obradoiros de teatro infantil que organiza o Concello da Guarda e imparte a asociación FOCO, unha divertida aventura que parte dunha premisa estarrecedora: que faríamos se un día chegamos á biblioteca e non están os nosos libros, contos e comics favoritos?

Dirección

La Guardia
36780

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando FOCO publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a FOCO:

Atajos

Compartir