San Xerome Emiliani

San Xerome Emiliani 1977-2025: 48 anos de loita pola inclusión e o respeto á diversidade no Baixo Miño

💚 O venres pasado vivimos unha xornada moi especial na Gala de Historias de Vida de Jaime.Compartimos recordos, emocións...
31/07/2026

💚 O venres pasado vivimos unha xornada moi especial na Gala de Historias de Vida de Jaime.
Compartimos recordos, emocións e moitas anécdotas divertidas que nos fixeron sorrir e lembrar o importante que é celebrar a historia de cada persoa.
Queremos agradecer de corazón á súa familia por compartir connosco este momento tan significativo e a todas as persoas que colaboraron na organización da gala. Grazas por facer posible un encontro tan cheo de emoción, cariño e ilusión.

💚

📍Esta semana un grupo do San Xerome visitou as instalacións da fábrica de galletas BiscuitsGalicia en O Porriño. 🍪🍪Quere...
29/07/2026

📍Esta semana un grupo do San Xerome visitou as instalacións da fábrica de galletas BiscuitsGalicia en O Porriño. 🍪🍪
Queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a Martín e a todo o equipo que conforma a fábrica, pola marabillosa acollida e o cariño que lle poñen ao seu traballo.
Foi unha experiencia enriquecedora e moi doce para todos nós.
Moitas grazas por facelo posible! 🤗💚
Biscuits Galicia

17/07/2026
🌞 Onte desfrutamos ao máximo destes marabillosos días de xullo!Dende Ocio Sala Luz fixemos unha saída ás Termas de Salva...
16/07/2026

🌞 Onte desfrutamos ao máximo destes marabillosos días de xullo!

Dende Ocio Sala Luz fixemos unha saída ás Termas de Salvaterra e despois compartimos un estupendo xantar en Monção.
Foi unha xornada chea de bos momentos, risas e moi boa compañía.
Grazas a todas as persoas que a fixestes tan especial. 💙

O grupo de AVD do Servizo de adultos de San Xerome gozou dunha visita ao Mosteiro de Oia, compartindo unha xornada de co...
15/07/2026

O grupo de AVD do Servizo de adultos de San Xerome gozou dunha visita ao Mosteiro de Oia, compartindo unha xornada de convivencia e descubrimento do noso patrimonio.

💚Seguimos creando momentos para lembrar!

EnvellecementoActivo

🌟 Esta semana vivimos un momento moi especial coa celebración da V Edición da Gala de Historias de Vida. Foi unha xornad...
10/07/2026

🌟 Esta semana vivimos un momento moi especial coa celebración da V Edición da Gala de Historias de Vida.
Foi unha xornada chea de emocións, lembranzas e experiencias compartidas que quedarán para sempre na nosa memoria. Cada historia, cada sorriso e cada aplauso fixeron deste encontro un momento único.

Agardamos que a desfrutásedes tanto como nós e que gardedes un fermoso recordo desta edición.

💚 Grazas de corazón a todas as persoas que, dunha maneira ou doutra, formastes parte deste proxecto. A vosa implicación, agarimo e apoio fan posible que Historias de Vida siga medrando ano tras ano.

Vémonos na vindeira edición!🌱💫

09/07/2026

💧 Dende a Asemblea Auga, desfrutamos dun obradoiro moi refrescante para estes días de calor: un taller de cócteles sen alcohol. 🍹

Descubrimos combinacións cheas de sabor, frescura e creatividade, demostrando que non fai falta alcohol para brindar por un bo momento, so hai que poñerlle sabor. 🥰

📚 O equipo que se está formando a través do curso de "Xerome Accesible" aproveitou estes últimos meses para visitar dive...
08/07/2026

📚 O equipo que se está formando a través do curso de "Xerome Accesible" aproveitou estes últimos meses para visitar diversos establecementos incluídos na programación formativa, co obxectivo de coñecer de primeira man como se desenvolve o traballo nas recepcións de diferentes espazos e achegarse á realidade do sector.

Estas visitas forman parte do programa de formación para o emprego Uno a Uno da Fundación ONCE, ofrecendo ao alumnado unha experiencia práctica que complementa a formación na aula e lles permite descubrir distintas formas de atención ao público e organización do traballo.

Queremos expresar o noso máis sincero agradecemento pola súa dispoñibilidade, acollida e cercanía ao Concello de A Guarda, ao Albergue Municipal de peregrinos, a Safit e ao Hotel Bruselas, así como ao resto de establecementos que nos abriron as súas portas durante este percorrido.

Grazas por contribuír á formación e ao crecemento profesional do noso alumnado. 🤝✨

Este libro recolle unha pequena mostra do traballo realizado ao longo deste curso polo alumnado e o equipo do Grupo 1 da...
03/07/2026

Este libro recolle unha pequena mostra do traballo realizado ao longo deste curso polo alumnado e o equipo do Grupo 1 das Unidades Educativas do centro.
Nas súas páxinas reflíctense actividades, proxectos e momentos compartidos que forman parte do noso proceso de aprendizaxe e crecemento.

Un recordo do camiño percorrido xuntos e do esforzo, a ilusión e a dedicación de todas as persoas que fixeron posible este curso.💚🌱☀️

Dirección

La Guardia
36780

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 16:45
Martes 09:00 - 16:45
Miércoles 09:00 - 16:45
Jueves 09:00 - 16:45
Viernes 09:00 - 16:45

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando San Xerome Emiliani publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a San Xerome Emiliani:

Atajos

Compartir