22/04/2026
Charla: “Cerebro e pantallas” con María Couso
Vivimos nun mundo onde as pantallas están presentes no día a día desde idades moi temperás… pero, sabemos realmente como inflúen no desenvolvemento do cerebro?
Da preocupación das familias polos riscos que supón una sobreexposición ás pantallas e polo uso de smartphones en idades nas que todavías non están preparados/as, as ANPAS de A Guarda e o Concello organizan esta charla.
María Couso, especialista en neuroeducación, ofrecerá unha mirada clara e baseada na evidencia científica para comprender o impacto real da tecnoloxía na infancia e adolescencia.
Ao longo do encontro falaremos de:
✨ Como afectan as pantallas á atención, memoria e aprendizaxe.
✨ Que ocorre no cerebro en desenvolvemento cando interactúa co entorno dixital.
✨ Diferenzas entre un uso pasivo e un uso consciente das pantallas.
✨ Riscos asociados (sobreestimulación, dificultades de autorregulación etc.).
✨ Recomendacións prácticas para familias e docentes,
✨ Estratexias para acompañar ás familias nun uso saudable e equilibrado,
Porque non se trata de prohibir, senón de comprender, acompañar e tomar decisións informadas 💡
📅 30/04/2026
📍 Centro Cultural de A Guarda
⏰ 18:00
👨👩👧👦 Dirixido a familias, profesorado e todas aquelas persoas interesadas no desenvolvemento infantil.
👨👩👧👦 Servizo de canguraxe gratuíto ofrecido polas ANPAS
Non faltedes!
Destacar