05/06/2026
https://www.facebook.com/share/p/1F8KFqRuJp/
🌿 I XORNADA DE XESTIÓN E CONTROL DA ACACIA
🎙️ Presentámosvos a Manuel A. Pombal Diego, tesoureiro da Asociación Naturalista Baixo Miño (ANABAM), entidade colaboradora desta xornada e referente na comarca no estudo, conservación e divulgación do patrimonio natural, cultural e etnográfico do Baixo Miño galego-portugués, con experiencias de erradicación da acacia e restauración ambiental (p. exem., "Un bosque para unha bolboreta").
Na xornada, Manuel será o encargado de presentar e moderar o bloque "Coñecemento científico e estratexias actuais de control", no que participarán Luis González Rodríguez, da Universidade de Vigo, e Liliana Neto Duarte, da Universidade de Coimbra, achegando os últimos avances científicos sobre a problemática da acacia e as ferramentas dispoñibles para o seu control.
🗓 13 de xuño · A Guarda