17/04/2026
🎉 Só falta un mes! 🎉
III Xuntanza do Rural.
Despois do ben que o pasamos o ano pasado, este ano queremos superalo! O vindeiro domingo 17 de maio celebrarase a III Xuntanza do Rural no Campo da Festa de Goberno, con carpa cuberta, bo ambiente e moitas ganas de festa.
📌 Entrega de tickets: o domingo 26 de abril na antiga escola de Goberno, de 12:30 a 13:30.
💰 Prezos dos tickets:
Casas socias: Adultos 20€, menores de 12 anos 10€
Non socios: 30€
🍽️ Menú do Xantar Popular:
✅ Xamón de Porco Celta
✅ Empanadas de liscos e atún
✅ Paella
✅ Postre, bebida, café e chupito
🎶 Para completar o día, teremos vermú con Verónica Cambón ás 13:30, actividades gratuítas con Total Sport para os nenos e unha tarde chea de festa.
Dar as grazas ao Concello Castro de Rei , á Vicepresidencia. Deputación de Lugo e a Porco Celta por seguir colaborando un ano máis e facer posible esta xuntanza.
Contamos convosco para facer desta xuntanza unha xornada inesquecible!
Viva Goberno 🥳🥳