10/07/2026
📅 Mércores 15 de xullo
⏰ 21:30 horas
🚩 Casa da cultura de Meira
Imos coa segunda sesión de curtametraxes, desta vez serán de animación.
1. Lucus: Dunha luz cegadora emerxe unna forte muller de cabelos dourados que trata de deter unha escuridade imparable que ven do bosque. Tras dela, arde a muralla de Lucus Augusti. A xoven e miúda Augusta esperta doutro pesadelo. Tamén unha vez máis, non lle farán caso cando busque axuda na cidade, pero nesta ocasión
coñece a unha muller misteriosa.
2. Nuno: Nuno ten un ano e poucos meses e vive comodamente cos seus pais. Son unha familia común e feliz, pero hai unha expectativa flotando no aire: Nuno está na idade de botar a falar. Os seus pais, cando falan entre eles, din cousas como «o neno está esperto?» ou «pásame o body». Sen embargo, cando se dirixen a el, as súas palabras cambian de xeito misterioso: «aih mi niño, que ya despertó!» ou despertastes, mi vida?». Nuno sabe que ten que botar a falar, pero non sabe de que forma. De momento vai agardar un pouco, a ver se os seus pais se aclaran.
3. O corpo de cristo: Adela, unha muller cun trastorno mental non diagnosticado, busca alivio en rituais
populares. Incomprendida pola súa familia e por un sistema médico que lle ofrece a medicación como único remedio, vive convencida de que alguén —ou algo— a observa. Ás veces, sente a súa presenza: tócaa, faille dano e déixaa prostrada na cama
durante días. A única comprensión que atopa está na relixión, o que a leva a visitar a un curandeiro e confesar a inquietante orixe do seu sufrimento.
4. O mesmo: Dez anos despois do seu paso polo instituto, Mar e Alex reencóntranse e póñense ao día sobre as súas vidas, a conversación leva aos seus recordos de adolescencia e á breve relación que mantiveron. Mar lémbralle que el compartiu unha foto dela espida, o que para el só foi un xogo de nenos, para ela tivo serias consecuencias.