27/10/2026
🩺💙 FORMACIÓN GRATUÍTA EN PRIMEIROS AUXILIOS💙🩺
Sabes como actuar ante unha emerxencia? 🚑 Aprender primeiros auxilios pode marcar a diferenza e axudarnos a salvar vidas. ❤️
📅 Cando? 26 de novembro de 2026
🕟 Horario: de 16:30 a 20:00 h
📍 Onde? Teleclub de Castro de Rei
Nesta formación aprenderemos como actuar ante situacións de emerxencia como unha dor torácica, unha perda de coñecemento ou un atragoamento, ademais de técnicas básicas de reanimación cardiopulmonar (RCP) e uso do DESA. Haberá tamén unha parte práctica! 🩹
👩⚕️ A formación será impartida por Marta Fdez. López, enfermeira do 061 Lugo.
📝 Reserva a túa praza antes do 20 de novembro!
Podes inscribirte a través de:
🔹 Web da Escola Galega de Saúde para Cidadáns: https://escolasaude.sergas.es/
🔹 Correo electrónico: [email protected]
🔹 Teléfono: 982 390 062 (María Barreiro)
🔹 Formulario en liña: https://forms.gle/dSPmQVGUG1ZKa3UV9
📢 Non deixes pasar esta oportunidade! Adquirir coñecementos en primeiros auxilios é investir en seguridade, prevención e saúde para todas as persoas. Anímate a participar e reserva xa a túa praza! 🙌
💙