28/10/2026
✅ O Concello do Carballiño renovará os pavimentos do Polígono Empresarial e executará un novo tramo da rede de augas pluviais da zona.
🚘 A intervención reforzará a seguridade viaria de toda a área, moi frecuentada por vehículos pesados, e evitará a acumulación de auga en certos puntos.
🎤 “É unha actuación clave que mellorará notablemente o día a día das empresas e dos traballadores”, destaca José Castro-Gil, alcalde en funcións.
💰 As obras están valoradas en 150.000 euros, dos que a Xunta aportará preto do 80% a través dunha subvención.
📸 Esta mañá, o alcalde en funcións reuniuse con Manuel Carballeda, presidente da Asociación de Empresarios da Área Industrial do Carballiño (AICA), e con Ana Ferradás, integrante da entidade, para dar conta do proxecto.