15/07/2026
O día 12 rematou o Circuíto Galego de Teatro Amador no Carballiño.
Debido á proposta da Xunta de Galicia e da Fegatea, o prezo da entrada na billeteira non podía subir de 3 €. Tiruleque, Grupo de Teatro, como organizador do evento, optou pola modalidade de "taquilla inversa", coa esperanza de que o público asistente tivera en conta o gravísimo prexuízo causado polos dous roubos que Tiruleque sufriu no seu almacén e que lle ocasionaron unhas perdas avaliadas en case 7.000 €.
Tiruleque asume que foron moi cándidos ao confiar na boa vontade da xente. Tiveron espectadores espléndidos co pago voluntario, pero a maioría optou por entrar de balde, sen doerse da mala situación económica de Tiruleque.
É unha magoa, pero queda sabido.