30/10/2026
👉 Un ano máis convocamos a todas as persoas asociadas para participar na vindeira Asemblea Xeral Ordinaria que se vai celebrar no CSC de Fontiñas (Santiago de Compostela) o sábado 7 de novembro de 2026 ás 10:30h. Este ano contemplamos emitilo tamén por videoconferencia para todas aquelas que non poidan acudir de xeito presencial.
☕️🍷🍲 Unha vez rematada Asemblea teremos o tradicional Xantar de Confraternización no restaurante O Afiador (Rúa do Valiño, 2) Como en anos anteriores, o prezo por socio será de 10€ sufragando AGPI o resto do menú. Para participar no xantar podédesvos inscribir na ligazón https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSe4yVof80zrLUIKgDJgFbKQNm3om2ai89izOFF8qtuW6TPmlA/viewform Unha vez fagades a inscrición no Xantar, recibiredes unha mensaxe na que vos detallaremos os modos de pago. O prazo para apuntarse rematará o mércores 4 de novembro.
Graciñas.
✊ Vémonos e escoitámonos.