04/11/2026
💙 Seguimos co noso !
Nesta ocasión queremos achegarvos un tema moi interesante: os transplantes de páncreas e ril.
Contaremos coa participación do 👨⚕️ Dr. Constantino Fernández Rivera, Xefe de Sección de Transplante Renal do Servizo de Nefroloxía do CHUAC, que nos axudará a coñecer mellor este tipo de transplantes, as súas indicacións e todo o que debemos saber sobre eles.
📅 Martes 10 de novembro
🕕 18:00 h
📺 En directo no noso canal de YouTube: Diabetes Coruña.
💬 Tes algunha pregunta ou dúbida sobre este tema? Podes enviárnola previamente a través do WhatsApp da asociación:📱 604 07 87 54
Trasladarémoslle as vosas preguntas ao doutor durante a charla.
Unha nova oportunidade para aprender, compartir coñecemento e resolver dúbidas sobre temas que nos afectan de preto.
Agardamos que nos acompañedes! 💙