AC Tanxedoira

Cómo llegar Página web

AC Tanxedoira Esta Asociación esta creada sen ánimo de lucro, co fin de fomentar o altruísmo entre os seus socios e visitantes: dende a súa fundación ata a actualidade.

Os Grupos Artísticos da Asociación son actividades da misma (coro, rondalla e teatro), que levan o nome de Tanxedoira por toda Galicia, dando a coñecer a entidade e a actividade que nela se desenvolven, ademais de levar a cabo a difusión da cultura. Dado que Tanxedoira é unha asociación sen ánimo de lucro, nunca percebe retribución algunha polas súas actuacións. Así, a intención é a da difusión da arte pola arte mesma, se ben a Asociación está aberta a calquera tipo de aportación e/ou axuda que permita continuar coa difusión desinteresada da cultura. No caso de querer contar con algún distes grupos, poden facelo a través das seguintes direccións de correo electrónico:

- Grupos artísticos: [email protected]
- Coro: [email protected]
- Rondalla: [email protected]
- Teatro: [email protected]

O horario de atención ao público de forma presencial será nos seguintes horarios (desde principios de outubro ata finais de xuño).
- Martes: 19:30 a 21:30
- Xoves: 20:00 a 21:30
- Venres: 17:00 a 19:00

Para contactar de forma presencial noutro momento, concerte cita mediante WhastApp ou correo electrónico.

Desde a Asociación Cultural Tanxedoira queremos informar de que o vindeiro sábado 7 de novembro, ás 13:00 horas, celebra...
04/11/2026

Desde a Asociación Cultural Tanxedoira queremos informar de que o vindeiro sábado 7 de novembro, ás 13:00 horas, celebrarase un funeral en memoria de Francisco Espinosa (Paco), un dos socios fundadores da nosa asociación, antigo socio número 1 e un dos seus primeiros presidentes.
A cerimonia terá lugar nos Santos Ángeles (Rúa Vicente Ferrer, 4, 15008 A Coruña).
Compartimos esta información con todas aquelas persoas que desexen acompañar á súa familia e seres queridos neste acto de lembranza e despedida.
Grazas, Paco, por formar parte dos comezos de Tanxedoira e contribuír a construír a nosa historia.
Sempre estarás na nosa lembranza.

20/10/2026

O sábado 17 de outubro, o Coro e a Rondalla da Asociación Cultural Tanxedoira visitamos a Residencia Asistida de Maiores de Oleiros para compartir unha tarde de música e compañía cos seus residentes.
Durante aproximadamente unha hora, ofrecemos unha selección de pezas do noso repertorio, combinando interpretacións instrumentais da rondalla con outras nas que as voces do coro se uniron á música.
Foi unha oportunidade para achegar a nosa música ás persoas maiores, compartir emocións, espertar lembranzas e, sobre todo, desfrutar xuntos dun momento agradable.
Porque a música non só se escoita: tamén acompaña, emociona e une xeracións.
Podedes ver na nosa galería unha selección de fotos e vídeos coa nosa actuación: https://lix.li/CZYlO8

O vindeiro domingo 25 de outubro, con saída ás 8:30, iremos de excursión!!Percorreremos A Lanzada e O Grove, visitando á...
11/10/2026

O vindeiro domingo 25 de outubro, con saída ás 8:30, iremos de excursión!!
Percorreremos A Lanzada e O Grove, visitando ámbalas 2 necrópoles que alí se atopan. Tamén faremos unha excursión en barco pola Ría do Grove a daremos conta dun espectacular xantar con marisco. Posteriormente, visitaremos á Illa da Toxa onde nos achegarémonos á Aldea dos Grobits, a Capela das cunchas e a Fabrica de Xabóns.
O prezo son 50€ para socios e 55€ para non socios. Inclúe autobús, viaxe en barco, comida e visitas.
Precisamos que vos anotedes o mas axiña posible pois a excursión so poderá facerse cun mínimo de 30 persoas. Tedes de prazo ata o domingo 18 de outubro.
Podedes facelo por mensaxe a este número ou anotarvos na lista que está no local. Bulide!!!

O martes 13 de outubro, de 19:30 a 21:30 horas, teremos en Tanxedoira unha masterclass aberta de teatro.Unha sesión pens...
10/10/2026

O martes 13 de outubro, de 19:30 a 21:30 horas, teremos en Tanxedoira unha masterclass aberta de teatro.
Unha sesión pensada para todas aquelas persoas que teñan curiosidade por coñecer a actividade, descubrir como traballamos e achegarse ao mundo da interpretación dunha forma práctica e divertida.
Non é necesario ter experiencia previa. Se algunha vez vos chamou a atención o teatro ou simplemente vos apetece probar algo diferente, esta é unha boa oportunidade para vir coñecernos e participar.
E se vos gusta a experiencia, aínda estades a tempo de animarvos e incorporarvos á actividade.

O martes 13 de outubro, de 18:00 a 19:30 horas, teremos en Tanxedoira unha masterclass aberta de talla de cristal.Será u...
09/10/2026

O martes 13 de outubro, de 18:00 a 19:30 horas, teremos en Tanxedoira unha masterclass aberta de talla de cristal.
Será unha boa oportunidade para coñecer de preto esta actividade, ver como traballamos e descubrir as posibilidades que ofrece a talla de cristal.
A sesión está aberta a todas as persoas interesadas, tanto se xa coñecedes a técnica como se simplemente tedes curiosidade e queredes probar algo diferente.
Se vos gusta o que vedes, aínda estades a tempo de animarvos e incorporarvos á actividade.

Xa temos o número de lotaría de Nadal co que xogaremos este ano e é o 14493. Temos xa no local algúns décimos pero se o ...
25/09/2026

Xa temos o número de lotaría de Nadal co que xogaremos este ano e é o 14493. Temos xa no local algúns décimos pero se o preferides podedes ir comprando o noso número na administración de lotaría do centro comercial Carrefour de Alfonso Molina dicindo o nome da asociación.

O vindeiro sábado 3 de outubro ás 14:00 h, celebraremos a nosa tradicional comida de traje (“yo traje tortilla, yo traje...
22/09/2026

O vindeiro sábado 3 de outubro ás 14:00 h, celebraremos a nosa tradicional comida de traje (“yo traje tortilla, yo traje empanada…”).
Lembrade que non é necesario traer moita cantidade, porque sempre acabamos con máis comida da que podemos probar.
A bebida e o café corren por conta da casa, así que só hai que traer ganas de compartir un bo rato.
Agardamos que veñades, vémonos o sábado 3.

Queremos informarvos duns cambios de horario das nosas actividades:- Informática: luns de 18:00 a 19:00- Frauta: martes ...
21/09/2026

Queremos informarvos duns cambios de horario das nosas actividades:
- Informática: luns de 18:00 a 19:00
- Frauta: martes de 18:00 a 19:00

E tamén informar que abrimos un novo grupo de patronaxe que será os luns de 19:30 a 21:30 conservando tamén o do xoves.

10/09/2026
O novo curso 2026-2027 comeza!!  Canto ás datas de inscrición, contaremos, por unha banda, cunha opción de inscrición te...
03/09/2026

O novo curso 2026-2027 comeza!!

Canto ás datas de inscrición, contaremos, por unha banda, cunha opción de inscrición telemática para a xente que xa é socia da entidade. Esta opción “online” será desde o luns 7 setembro ao mércores 9, ambos inclusive. Poderedes contactar connosco a través de Whatsapp, Telegram (), teléfono móbil (611052456) ou correo electrónico ([email protected]). É importante que na vosa solicitude expoñades o voso nome, apelidos, actividades que son do voso interese e un teléfono de contacto.

Por outra banda, as persoas que aínda non son socias, poderán vir ao local o xoves 10 e o venres 11 en horario de 18:00 h a 20:00 h e, dende o comezo do curso, no horario de atención ao socio. Todas aquelas persoas que aínda non sexan socias deberán cumprimentar a ficha de inscrición, facilitar unha foto tipo carné e un número de conta en que domiciliar a cota de socia/o (30€ anuais / núcleo familiar).
No caso das actividades como guitarra, patronaxe ou pandeireta, pode ser que por necesidades de aforo, haxa límite de persoas.

O domingo 13 de setembro publicarase na nosa web a listaxe de persoas admitidas. Esta listaxe poderase consultar tamén de xeito presencial no noso local.

Como novidade deste curso, dende a Asociación queremos darvos a oportunidade de probar as nosas actividades antes de decidirvos a participar nelas.
Por iso, durante as semanas do 14 ao 25 de setembro, celebraremos xornadas de portas abertas, nas que poderedes achegarvos ás diferentes actividades, coñecelas de primeira man e participar nelas de balde e sen ningún compromiso.
As xornadas desenvolveranse no horario habitual de cada actividade. No caso de manualidades/bixutería, teatro, talla de cristal, bandurra e pandeireta, que comezarán no mes de outubro, as correspondentes xornadas de portas abertas terán lugar nese mes.

Animádevos a vir, probar e descubrir todo o que temos preparado para este novo curso!

Dirección

Rua Azahar 6-8 1°Esq
A Coruña
15008

Horario de apertura

Martes 19:30 - 21:30
Jueves 20:00 - 21:30
Viernes 17:00 - 19:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando AC Tanxedoira publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos