A.C. República Musical Mardi Gras

A.C. República Musical Mardi Gras Contacto: [email protected]
Somos una Asociación dedicada a trabajar todo lo relacionado con la cultura musical. Asóciate! C.

Nacida en A Coruña, de ámbito autonómico, pero con visión universal, que es como entendemos la música. Bases I Concurso Fotografía de concertos con teléfono mobil denominado

A Asociación Cultural República Musical Mardi Gras convoca a 2 de decembro de 2021 a Primeira Edición do seu Concurso de Fotografía de concertos con teléfono mobil

As bases de

participación son as seguintes:


1º.- As fotografías deben pertencer a un concerto musical de calquera estilo celebrado dende a existencia dos teléfonos mobiles con cámara en calquera parte do mundo.

2º.- Cada participante pode enviar un máximo de 3 imaxes, poden ser do mesmo concerto ou de varios.

3º.- As fotografías deben ser sacadas con teléfono mobil co fin de democratizar a participación no concurso. A fotografía profesional ou con cámaras réflex non son obxecto deste concurso. Comprobaranse os metadatos das fotografías para verificar que se cumple esta base.

4º.- Con cada fotografía debe enviarse un título así como día, lugar e artista ou artistas que participaban no espectáculo.

5.- Non ten que aparecer o esceario, pode ser de calquera elemento do recinto do concerto.

6.- Non se aceptarán fotografías nas que se vexa a cara de persoas menores de idade, salvo que sexan os propios artistas que están no esceario. En caso de dúbida será a organización quen decida se unha fotografía é válida ou non por este motivo.

7º.- Pode participar calquera persoa residente no territorio de España de 14 ou máis anos.

8º.- O prazo de presentación de orixinais finaliza o luns 27 de decembro de 2021 ás 23:59

9º.- As fotografías irán acompañadas, ademáis do indicado no punto 4º das presentes bases, de nome completo teléfono de contacto, dirección, data de nacemento e deberá indicarse se é socia da República Musical Mardi Gras. Tanto os datos do punto 4º como deste 9º poden indicarse no corpo do correo. A organización comprométese a que o Xurado non recibirá información sobre a persoa autora de cada fotografía.

10º.- As fotografías deben enviarse en formato jpg e non terán un peso superior aos 15 mbs. Por cada fotografía que se presente debe enviarse un correo electrónico. Se nun único correo chegan máis dunha fotografía, dende a organización remitirase un correo dando 48 horas para solucionar o erro. O correo electrónico é: [email protected]
Asunto: I Concurso Fotografía + nome da persoa participante + nº de foto se envía máis de unha (poñendo no asunto: Foto x de 2 ou Foto X de 3)

10º O xurado estará composto por cinco persoas. Será elexido pola xunta directiva da asociación segundo os criterios que fixen nunha xuntanza. O xurado estará composto por unha persoa que exercerá a presidencia do mesmo, tres vogais e unha persoa que exercerá o cargo de secretaría do concurso tendo voz e voto. Esta persoa debe pertencer á Xunta Directiva da asociación e terá a responsabilidade de dirixir a sesión e levantar acta da mesma. A acta será asinada polo resto de persoas pertencentes ao xurado.

11º En caso de recibirse un número superior aos 100 fotografías, poderá pedirse colaboración voluntaria a persoas asociadas para realizar unha primeira selección que facilite o traballo ao Xurado. Esta petición farase extensible a calquera persoa socia. Quedan excluidas aquelas que se presenten ao concurso e familiares directos.

12º Entregaranse dous premios: Un destinado a persoas socias, dotado con 250 euros e outro destinado a persoas que non sexan socias dotado con 150 euros. Polo tanto, o total destinado a premios é de 400 euros nesta primeira edición. A este pagamento aplicaranse as retencións correspondentes no momento do fallo do xurado.

13º Ante a decisión do xurado so se poderá recurrir en caso de detectarse que se teñan incumplido algún dos puntos das presentes bases.

14º A asociación realizará as accións que considere oportunas para dar a maior difusión ás obras gañadoras.

15º O xurado poderá realizar unha selección de “Fotografías destacadas” que, previo consentimento dos seus autores/as, tamén podreán ser difundidos a través das redes sociais da asociación e por outros medios que se consideren oportunos.

16º As fotografías presentadas non poderán ter sido premiadas previamente noutro concurso. Se gañan un premio antes do fallo do convocado nestas bases, a persoa autora deberá comunicalo por escrito.

17º A entrega dos premios realizarase coa data límite do 20 de febreiro de 2022.

18º A Asociación Cultural República Musical Mardi Gras resérvase os dereitos de impresión das obras gañadoras para a súa exposición nalgún local. En caso de desexar imprimir outras fotografías recibidas no concurso deberá solicitar o consentimento expreso e por escrito da persoa autora. O resto de dereitos pertencen aos autores ou autoras de cada obra.

19º Dende o momento en que se difundan as obras gañadoras establécese o prazo de 30 días naturais para posibles impugnacións por plaxio, non autoría, non ser foto tomada cun mobil, incumplimento das bases ou cualquera outra circunstancia que se considere oportuna. Calquera participante ou persoa socia da asociación poderá enviar unha solicitude de anulación do fallo do xurado. Convocarase unha xuntanza conxunta do xurado e a xunta directiva da asociación para estudar a solicitude ou solicitudes e tomar unha decisión ao respecto. Se se considera oportuna a reclamación darase audiencia á persoa autora da obra impugnada e, tras ela, tomarase unha decisión definitiva. Se finalmente se decidise anular o fallo anterior, retomaranse as deliberacións para outorgar de novo o premio vacante.

20º O presente concurso conta coa colaboración económica do Concello de A Coruña co que a Asociación ten asinado un convenio de colaboración. En A Coruña, a 2 de decembro de 2021. República Musical Mardi Gras

Correo de contacto para dúbidas e envíos: [email protected]



Colabora Concello da Coruña

O equipamento da República Musical Mardi Gras segue a medrar grazas a Cultura da Deputación da Coruña .Xa temos a baterí...
03/02/2026

O equipamento da República Musical Mardi Gras segue a medrar grazas a Cultura da Deputación da Coruña .
Xa temos a batería completa ao ter adquirido os platos que xa estamos a utilizar nas Rock Jam, así como cableado, un novo In Ear co que xa temos 3 e, finalmente, un novo xogo de parches da batería para renovalos en canto se precise ou rompan os anteriores. Sabes que este material está dispoñible para préstamo ás persoas socias cos pagamentos ao día.
Vémonos nos concertos!

Grazas, Artistas!! Sala Mardi Gras
30/01/2026

Grazas, Artistas!!
Sala Mardi Gras

¡¡¡Nueva Mardi Gras *Rock Jam* República Musical Mardi Gras el *jueves 29 de enero*!!!Creemos urgente e importante *que ...
18/01/2026

¡¡¡Nueva Mardi Gras *Rock Jam* República Musical Mardi Gras el *jueves 29 de enero*!!!

Creemos urgente e importante *que entre l@ssic@s y las personas que aman la música haya unión*. Creemos también que este es el momento y este es el lugar para reunirnos por el simple hecho de disfrutar de tocar, de escuchar, de dejar surgir colaboraciones, proyectos y cosas maravillosas como las que sólo pueden surgir de algo así.

Si eres músic@ y quieres subirte a *tocar inscríbete hasta el 21 de enero aquí* https://forms.gle/HngHkeuSJxi81Bor9

Si amas la música y no quieres perdértelo *reserva entradas enviando email a [email protected] indicando que eres de la República (4€. Puedes reservar para tus amistades no socias por 5€)

Documento *acceso menores artistas/público aquí* https://www.salamardigras.com/entradas/

Y *síguenos en Instagram aquí https://www.instagram.com/rockonjam/*

Nada más que decir, toca *ACTUAR* 😎⚡️✨

Obradoiro de guitarra acústica con Luis Ángel Rodríguez Tinaquero Proxecto  Colabora Concello da Coruña
20/12/2025

Obradoiro de guitarra acústica con Luis Ángel Rodríguez Tinaquero
Proxecto
Colabora Concello da Coruña

18/12/2025

Esta noite!! Rock Jam na Sala Mardi Gras
Entradas 5€ ou 4€ para soci@s da República. Inicio 21:00.
Colabora Concello da Coruña
E lembra que este sábado 20 de 12 a 14 temos Masterclass de Luis Tinaquero. Diversas técnicas da guitarra acústica.
Inscríbete en [email protected]

Última formación de 2025. O gran Luis Tinaquero quere xogar a tocar a guitarra acústicca e sacarlle o maior partido.Trae...
11/12/2025

Última formación de 2025. O gran Luis Tinaquero quere xogar a tocar a guitarra acústicca e sacarlle o maior partido.
Trae a túa guitarra e divírtete. Aquí podes apuntarte:
https://forms.gle/549hnb8NsvRMDqAV6
Gratis se és da República ou 10 euros para o resto.
Colabora: Concello da Coruña

Dirección

Planeta Tierra
A Coruña

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando A.C. República Musical Mardi Gras publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a A.C. República Musical Mardi Gras:

Compartir