02/10/2026
💜 Que fai unha educadora social?
Acompaña. Escoita. Coida. Crea oportunidades. Defende dereitos. Tende pontes. Fai comunidade.
A Educación Social está presente en moitos dos lugares e momentos nos que as persoas precisamos apoio, acompañamento e novas posibilidades.
Hoxe poñemos en valor unha profesión que traballa coas persoas e desde as persoas, que mira as realidades de fronte e que aposta por construír unha sociedade máis xusta, participativa e inclusiva.
Porque educar socialmente tamén é acompañar procesos, abrir camiños e transformar realidades. 💜
✨ Feliz Día da Educación Social!